Michael Ogio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xullo de 1942 North Bougainville District, Papúa Nova Guinea (en) |
Morte | 18 de febreiro de 2017 (74 anos) Port Moresby, Papúa Nova Guinea |
Governador-geral da Papua Nova Guiné (pt) | |
25 de febreiro de 2011 – 18 de febreiro de 2017 | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | People's Democratic Movement (en) |
Premios | |
Michael Ogio, nado o 7 de xullo de 1942 e finado en Port Moresby, o 18 de febreiro de 2017, foi un político papúa, Gobernador xeral de Papúa Nova Guinea desde o 20 de decembro de 2010 até o seu falecemento.[1][2] Foi líder do partido político Movemento Democrático Popular.
Chegou ao posto de gobernador xeral en 2010 tras a dimisión de Jeffrey Nape. Foi nomeado gobernador xeral de pleno dereito o 14 de xaneiro de 2011 cando superou a Pato Kakeraya nunha votación no parlamento papúa de 65 votos a favor e 23 en contra.[3] O 25 de febreiro foi investido no cargo oficialmente.[4] O 26 de abril de 2011 a raíña Isabel II concedeulle a honra de cabaleiro do Imperio Británico.[5]
Durante a crise constitucional que viviu Papúa Nova Guinea entre 2011 e 2012, foi suspendido do seu cargo polo Parlamento do 14 de decembro ao 19 de decembro ao recoñecer como primeiro ministro a Michael Somare no canto de Peter O'Neill, que ía en contra do que votara o parlamento, mais ía en cumprimento dunha orde do tribunal supremo, pois a votación da elección de O'Neill para primeiro ministro fora declarada ilegal polo mencionado tribunal supremo. Ía ser substituído, de forma automática, por Jeffrey Nape como gobernador interino, que era o presidente do parlamento, mais Isabel II non referendou a decisión e o Parlamento tivo que levantar a suspensión.[6]
Ogio faleceu o 18 de febreiro de 2017 en Port Moresby mentres aínda era gobernador con 74 anos. Theo Zurenoc substituíuno como gobernador xeral interino de Papúa Nova Guinea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Papua New Guinea" (en inglés). Rulers.org. Consultado o 7 de agosto de 2013.
- ↑ "PNG's Governor General Sir Michael Ogio dies" (en inglés). Papua New Guinea Today. 18 de febreiro de 2017. Consultado o 20 de febreiro de 2017.
- ↑ "January 2011" (en inglés). Rulers.org. Consultado o 7 de agosto de 2013.
- ↑ "PNG's new governor general sworn in" (en inglés). Herald Sun. 25 de febreiro de 2011. Consultado o 7 de agosto de 2013.
- ↑ "Notice: 1355835 (Issue: 59776)" (en inglés). The London Gazette. 6 de maio de 2011. Arquivado dende o orixinal o 9 de marzo de 2014. Consultado o 7 de agosto de 2013.
- ↑ "End of PNG’s GG suspension weakens Somare bid for power" (en inglés). RNZI. 19 de decembro de 2011. Consultado o 6 de agosto de 2013.