Michał Kwiatkowski
Biografía | ||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1990 (34 anos) Chełmża, Polonia (pt) | |||||||||||||||||||||||||
Altura | 176 cm | |||||||||||||||||||||||||
Peso | 65 kg | |||||||||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | ciclista | |||||||||||||||||||||||||
Deporte | ciclismo en ruta Ciclismo en pista | |||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||||||||||||
1 de xullo de 2023 | Tour de France de 2023 (pt) (49º)../... 25+ | |||||||||||||||||||||||||
Familia | ||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Łukasz Kwiatkowski | |||||||||||||||||||||||||
Premios | ||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||
Michał Kwiatkowski, nado en Dzialyn o 2 de xuño de 1990, é un ciclista profesional polonés. Actualmente corre para o equipo ProTeam Sky.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 2010 deu o paso ao profesionalismo ao debutar co equipo español Caja Rural. En 2011 fichou polo equipo Team RadioShack e, tras a fusión deste co Leopard-Trek, pasa ao Omega Pharma-QuickStep. O ano 2013 supuxo a súa explosión como ciclista no pelotón internacional, ano no que recibiu o alcume de Tigre do Báltico.
2014: explosión e campionato mundial
[editar | editar a fonte]Comeza a tempada 2014 vencendo nun dos catro trofeos da Challenge Ciclista a Mallorca. Despois consegue a Volta ao Algarve, por diante de corredores como Alberto Contador e Rui Costa, así como dúas etapas, a primeira nun ataque a falta de seis quilómetros de meta, e a segunda nunha exhibición contra o reloxo onde lograría quedar por diante de Adriano Malori e do seu compañeiro de equipo e gran especialista, Tony Martin.[1][2]
A continuación obtería a súa primeira vitoria en Italia ao derrotar ao eslovaco Peter Sagan na Strade Bianche, con quen escapou do pelotón a falta de 20 quilómetros. Na última pendente e a falta de 400 metros a meta Kwiatkowski atacou a Sagan e chegou á meta en solitario,con 19 segundos de renda sobre o seu compañeiro de escapada. Na Volta ao País Vasco rematou segundo na clasificación xeral por detrás de Alberto Contador. Nas Clásicas das Ardenas foi terceiro, tanto na Lieja-Bastoña-Lieja como na Frecha Valoa. Tamén acadaría o quinto lugar na Amstel Gold Race.[3][4]
En xuño proclamouse campión de Polonia contra o reloxo, estreando o maillot que o acreditaba como tal nun dos seus principais obxectivos: o Tour de Francia. Nesta carreira o seu obxectivo era rematar entre os dez primeiros da clasificación xeral, mais non o lograría, quedando vixésimo oitavo e coa sensación de que as carreiras de tres semanas non eran o seu forte.
Ao final da tempada 2014 gañou o Campionato do Mundo en Ruta en Ponferrada (España), logrando así o maillot arco-iris con tan só 24 anos. Obtívoo tras un ataque nos quilómetros finais e cun gran ritmo na última subida, o que lle permitiu aínda maiores diferenzas. Desta maneira chegaba á meta a tan só un segundo dun grupo perseguidor formado por Simon Gerrans e Alejandro Valverde, segundo e terceiro respectivamente, entre outros e a sete segundos do pelotón. Isto supuxo un fito para o seu país, converténdose no primeiro polaco en gañar un campionato do mundo en ruta elite.[5]
2015
[editar | editar a fonte]En abril consegue a Amstel Gold Race despois de ser quinto en 2014 e cuarto en 2013, gañando nun sprint ao español Alejandro Valverde e ao australiano Michael Matthews. Desta maneira é o primeiro polaco en gañar esta carreira e, ademais, vestido de arco da vella.[6]
No mes de setembro o equipo británico Team Sky anuncia a fichaxe de Kwiatkowski para o 2016[7].
Palmarés
[editar | editar a fonte]2009
- 1 etapa do Tour de Eslovaquia
2012
2013
2014
- 1 trofeo da Challenge Ciclista a Mallorca (Trofeo Serra de Tramuntana)
- Volta ao Algarve, máis 2 etapas
- Strade Bianche
- 1 etapa do Tour de Romandía
- Campionato de Polonia Contra o reloxo
- 1 etapa da Volta a Gran Bretaña
- Campionato Mundial en Ruta
2015
- 1 etapa da París-Niza
- Amstel Gold Race
2016
- E3 Harelbeke
Resultados en grandes voltas e campionatos do mundo
[editar | editar a fonte]Durante a súa carreira deportiva acadou os seguintes postos nas Grandes Voltas e nos campionatos do mundo:
Carreira | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 |
---|---|---|---|---|---|---|
Giro de Italia | - | - | 51º | - | - | - |
Tour de Francia | - | - | - | 11º | 28º | Ab. |
Vuelta a España | - | - | - | - | - | - |
Mundial en Ruta | - | 11º | - | Ab. | 1º | 8º |
-: non participa
Ab.: abandono
Equipos
[editar | editar a fonte]- Caixa Rural (2010)
- Team RadioShack (2011)
- Omega Pharma/Etixx (2012)
- Omega Pharma-QuickStep (2012-2014)
- Etixx-Quick Step (2015)
- Team Sky (2016-)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ biciclismo.com, ed. (22 de febreiro de 2014). "Kwiatkowski resiste a Contador: “Fue una verdadera batalla hasta el final”". Consultado o 12 de outubro de 2014.
- ↑ biciclismo.com, ed. (23 de febreiro de 2014). "Kwiatkowski se confirma en Algarve: “Va a ser una buena primavera”". Consultado o 12 de outubro de 2014.
- ↑ biciclismo.com, ed. (8 de marzo de 2014). "Strade Bianche: Kwiatkowski derrota a Sagan en Siena (Crónica y Clasificación COMPLETA)". Consultado o 12 de outubro de 2014.
- ↑ biciclismo.com, ed. (28 de abril de 2014). "Kwiatkowski, la sensación de las Ardenas: “Siento que podré ganar en el futuro”". Consultado o 12 de outubro de 2014.
- ↑ Kwiatkowski, oro a los 24: “Me he encontrado fantástico” biciciclismo.com
- ↑ Kwiatkowski da otro paso “muy grande” biciciclismo.com
- ↑ Michał Kwiatkowski es nuevo corredor del Team Sky biciciclismo.com