Saltar ao contido

Membrana nictitante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Membrana nictitante dun polo.

A membrana nictitante ou terceira pálpebra, é unha estrutura propia de certos animais.

Trátase dunha fina lámina, unha dobra da conxuntiva, que se encontra en moitos animais e que actúa como unha pálpebra accesoria que ten por obxecto protexer e limpar o globo ocular por debaixo das pálpebras principais.

Localízase por regra xeral nunha posición medio-ventral. É retráctil e pódese estender no sentido horizontal e cubrir a córnea, non bloqueando enteiramente a visión, xa que é translúcida nalgúns animais.

Nas aves, a membrana nictitante pecha por un só lado, e é case transparente. As pálpebras propiamente ditas non se pechan durante o pestanexo, pero o fan para durmir.

Normalmente non é visíbel nun animal san, pero pode cubrir medio ollo se o animal está enfermo (virus, diarrea, febre, vermes).

Ademais das aves, tamén posúen membranas nictitantes os réptiles, os anfibios e certos peixes, especialmente os tiburóns).[1]

Nos mamíferos ten unha forma en T. No ser humano materialízase na prega semilunar da conxuntiva, unha protuberancia de cor rosa no canto interno medial dos ollos.

Pestanexo dunha avefría enmascarada (Vanellus miles).

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Nictitante vén do latín nictĭtans, -antis, participio presente activo do verbo nictitāre, frecuentativo de nictāre, "pestanexar", "chiscar o ollo".[2]

  1. Membrana nioctitante en IctioTerm. Glosario de términos biológicos Arquivado 21 de setembro de 2015 en Wayback Machine. (en castelán) Consultada o 12/11/2012.
  2. "nictitante Dicionario da [[RAE]].". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2015. Consultado o 12 de novembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]