Mathieu van der Poel
Mathieu van der Poel, nado en Kapellen,Bélxica o 19 de xaneiro de 1995, é un ciclista profesional holandés que compite nas modalidades de ciclocrós, bicicleta de montaña e ruta militando nas filas do Corendon-Alpecin.
Biografía
[editar | editar a fonte]Aínda que foi nado en Bélxica, Mathieu provén dunha familia de ciclistas profesionais. O seu irmán máis vello, David, é compañeiro de equipo de Mathieu xa que tamén foi unha promesa no ciclocrós, de feito, logrou o campionato holandés sub-23 en 2013. O seu pai Adri van der Poel foi un gran ciclista que conseguiu importantes vitorias. Logrou o campionato mundial de ciclocrós en 1996 e seis campionatos nacionais dos Países Baixos. Pero ademais tamén correu na ruta, onde logrou dúas vitorias de etapa no Tour de Francia e tamén varias vitorias en clásicas. E por se non fose pouco, seu avó materno foi Raymond Poulidor, o famoso ciclista francés coñecido como "o eterno segundón" que rematou segundo en tres Tours de Francia e gañou a Volta a España 1964.
En 2024 foi bronce no Mundial en estrada.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ciclocrós
[editar | editar a fonte]No ciclocrós, ten tres títulos mundiais (2015, 2019 e 2020), unha prata (2016) e un bronce (2018). Cinco campionatos holandeses (2015-2020).
Dentro das categorías inferiores, Mathieu arrasou, sobre todo en xúniors, xa quen logrou 2 campionato mundiais xúnior e 2 europeos xúnior de ciclocrós.
Dentro do ciclocrós mantén unha importante rivalidade co belga Woult van Aert que ele arrebatou contra pronostico os títulos mundiais de 2017 e 2018. Esa mesma rivalidade pasou posteriormente ás carreiras en estrada[2].
Estrada
[editar | editar a fonte]Na disciplina de ruta a pesar de ser un ciclista prometedor dende que foi campión do mundo júnior no 2013 acadou resultados discretos ata o ano 2017 comezou a ter un calendario específico en estrada. Destaca en probas clásicas.
En 2017 conseguiu a vitoria na clasificación xeral en Boucles de la Mayenne, mais dúas etapas, ademais de gañar unha etapa na Volta a Bélxica e outras vitorias menores.
2018 vai a ser o ano da súa confirmación acadando a campionato nacional de Holanda e repetindo primeiro posto nos Boucles de la Mayenne. Cae tamén o seu favor o Tour de Limburgo e dúas tiradas da Artic Race de Noruega. Nos campionatos de Europa vai rematar so por detrás do italiano Matteo Trentin.
En 2019 lucindo ás cores de campión nacional vai ser o ano da súa explosión converténdose nun dos ciclistas mais admirados polo público grazas á vitorias como a da Amstel Gold Race onde entrando no último quilómetro da proba nun grupo atrasado da cabeza de carreira e lanzando un esprint desde mol lonxe conseguiu cruzar a linamos de meta o primeiro. Sumaría vitorias en Brabantse Pijl e Dwars door Vlaanderen ademais da primeira posición en etapas da Artic Race, Tour de Anatolia, Circuit de la Sarthe e tres mais no Tour of Britain onde acadaría tamén a clasificación xeral[3].
No Campionato do mundo de Yorkshire de 2019[4], que se realizou nunhas condicións meteorolóxicas durísimas e no que Van de Poel era un dos máximos favoritos, protagonizou un dos momentos estelares cando estando a dez quilómetros de meta nun grupo de cinco corredores que incluía a Gianni Moscon e Matteo Trentin de Italia, Stefan Küng de Suíza e Mads Pedersen quedou absolutamente sen folgos e cortouse do grupo perdendo todas as súas posibilidades.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Ciclocrós
[editar | editar a fonte]
2011-12
2012-13
2013-14
|
2014-15
2015-16
2016-17
|
*:competición en curso
Ruta
[editar | editar a fonte]
2011 2012
2013
|
2014
2015 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ González, Marco (2024-09-29). "Pogacar, campeón del mundo en Zúrich con un ataque a 100 km de meta". Diario AS (en castelán). Consultado o 2024-09-29.
- ↑ Looy, Nicolas Van (2020-05-02). "Van Aert: “Van der Poel y yo no somos amigos”". Ciclo21 (en castelán). Consultado o 2020-05-07.
- ↑ "Mathieu van der Poel | Wins". www.procyclingstats.com. Consultado o 2020-05-07.
- ↑ Tejedor, Roberto (2019-09-29). "Mundial Yorkshire: Pedersen, la sorpresa danesa". Ciclo21 (en castelán). Consultado o 2020-05-07.