Marin Mersenne
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de setembro de 1588 Oizé (Reino de Francia) |
Morte | 1 de setembro de 1648 (59 anos) París (Reino de Francia) |
Causa da morte | abcesso pulmonar (pt) |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade de París (1609–1611) Q2983845 (–1604) collège Henri-IV de La Flèche (en) (1604–1609) |
Q89547790 | Definición dos "números primos de Mersenne". Suxestión acerca da razón principal dun semitón. |
Actividade | |
Campo de traballo | Teoría de números |
Ocupación | filósofo, teórico da música, físico, musicólogo, teólogo, matemático, astrónomo |
Influencias | |
Orde relixiosa | Orde dos Mínimos |
Obra | |
Obras destacables
| |
Doutorando | Frans van Schooten (pt) , Gilles de Roberval e Blaise Pascal |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Мерсенн Марен) Dicionario Musical Riemann (1901–1904) |
Marin Mersenne, nado en Oizé (Países do Loira) o 8 de setembro de 1588 e finado en París o 1 de setembro de 1648, foi un sacerdote, matemático e filósofo francés, coñecido tamén pola forma latinizada Marinus Mersenius e mesmo como Le Père Mersenne. Estudou diversos campos da teoloxía, das matemáticas e da teoría musical.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia de labregos no departamento francés de Maine e Loira[2], foi educado en Le Mans e na universidade xesuíta de La Flèche, onde coñeceu a René Descartes e cultivou a súa amizade con el. Malia afirmarse en ocasións que foi xesuíta, o certo é que nunca chegou a ingresar na Compañía de Xesús. O 17 de xullo de 1611 fíxose membro da Orde dos Mínimos e dedicouse ao estudo da teoloxía e do hebreo. Despois deste período recibiu a orde sacerdotal en París en 1613.[3]
Logo da súa consagración estivo un tempo ensinando filosofía e teoloxía en Nevers, pero en 1620 regresou a París, onde entrou no convento de L'Annonciade e, en compañía de personaxes como Descartes, Étienne Pascal, Gilles de Roberval e Nicholas-Claude Fabri de Peiresc, estudou matemáticas e música. Tivo unha nutrida correspondencia con diversos eruditos de Francia, Italia, Inglaterra e os Países Baixos, tales como Pierre de Fermat, Galileo Galilei, Giovanni Doni e Christiaan Huygens. Desde 1620 ata 1623 dedicouse exclusivamente a escribir sobre filosofía e teoloxía e a facer as súas primeiras publicacións, nas que refuta as ideas de Giordano Bruno.
Entre as súas viaxes cómpre salientar as que realizou a Italia en tres ocasións, en 1640, 1641 e 1645.
Morreu en París en 1648 a piques de facer os 70 anos, logo dunha serie de complicacións derivadas dunha intervención cirúrxica. No seu testamento vital, pediu que o seu corpo fose sometido a autopsia como derradeiro servizo ao interese da ciencia.
Achegas ao coñecemento
[editar | editar a fonte]Hoxe lémbrase a Mersenne principalmente grazas aos números que levan o seu nome: os números primos de Mersenne. Mersenne introduciunos no seu Cogitata physico-mathematica de 1641, onde conxecturou acerca dalgunhas propiedades sobre eles, algunhas das cales só se puideron comprobar ou refutar xa no século XX.[4]
Tamén traduciu e comentou as obras de Euclides, Arquímedes e outros matemáticos gregos.
A súa contribución máis sobranceira ao avance do coñecemento realizouna a través dunha extensa correspondencia (en latín) con matemáticos e outros científicos de diversos países. Nun tempo no que as revistas científicas aínda non apareceran, Mersenne foi o máis parecido ao centro dunha rede de intercambio de información científica.
Con todo, Marin Mersenne non foi principalmente matemático[5]. En realidade empezou escribindo sobre teoloxía e filosofía, pero tamén foi un gran tratadista sobre teoría musical e sobre outros temas diversos.
As súas obras filosóficas caracterízanse por unha grande erudición e pola ortodoxia teolóxica máis estrita. O seu maior servizo á filosofía foi o seu entusiasta defensa de Descartes, de quen foi conselleiro e amigo en París e a quen visitou no seu exilio nos Países Baixos.[6]
Máis tarde, deixou o pensamento especulativo e dedicouse á investigación científica, especialmente en temas como as matemáticas, a física e a astronomía. Entre as obras relacionadas con este período a máis coñecida é a tradución de L'Harmonie universelle (1636), na que se trata a teoría musical e os instrumentos musicais.[7] Unha das súas maiores contribucións a este campo foi a suxestión acerca de cal era a razón principal dun semitón. A descrición de Mersenne da determinación da primeira frecuencia absoluta dun ton audible (84 Hz) implica que, para entón, xa demostrara que a razón da frecuencia absoluta de dúas cordas vibrantes, que dan un ton musical e a súa oitava, é 1:2, e que a harmonía percibida (consonancia) de tales notas podía explicarse se a razón das frecuencias da oscilación do aire tamén era 1:2, o que ofrecía consistencia á hipótese da equivalencia entre as frecuencias da fonte e o movemento do aire.
Obras
[editar | editar a fonte]- Quaestiones celeberrimae in Genesim (1623)
- Observationes et emendationes ad Francisci Georgii Veneti Problemata: in hoc opere cabala evertitur, editio vulgata (1623)
- L'usage de la raison (1623)
- L'impiété des déistes, athées et libertins de ce temps (1624)
- L'a vérité des sciences contre les sceptiques ou pyrrhoniens: dédié à Monsieur, frère du roy par F. Marin Mersenne de l'ordre des Minimes (1625)
- Synopsis mathematica (1626)
- Traité de l'harmonie universelle (1627)
- Questions morales, théologiques et mathématiques (1634)
- Les mécaniques de Galilée (1634)
- Traité de l'orgue (1635)
- Harmonie universelle (1636-37; 1ª parte e 2ª parte)
- Les nouvelles pensées de Galilée (1839; tradución e comentarios dos Discours concernant deux sciences nouvelles de Galileo de 1638)
- Universae geometriae mixtaeque mathematicae synopsis (1644)
- Cogitata physico mathematica (1644)
- Novarum observationum physico-mathématicarum (1647)
- L'optique et la catoptique (1651)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martin Mersenne. Departamento de Álxebra da Universidade de Granada.
- ↑ Hauréau, Barthélemy. Historire littéraire du Loire. 1822. Páxina 321.
- ↑ Marin Mersenne. En Biografías y vidas. La enciclopedia biográfica en línea.
- ↑ Mersenne Primes: History, Theorems and Lists. En The Prime Pages. University of Tennessee at Martin.
- ↑ André Warusfel, "Deux textes mathématiques Arquivado 20 de decembro de 2016 en Wayback Machine.", En Les Études philosophiques.Número 12. Xaneiro de 1994. Páxinas 41 a 51.
- ↑ René Descartes. Tres cartas a Marin Mersenne (primavera de 1630). Ediciones Encuentro. Madrid, 2011.
- ↑ "Machabey, A. Mersenne. Harmonie universelle, contenant la théorie et la pratique de la musique". En Revue d'histoire des sciences et de leurs applications. Volume 17. Número 2. 1964. Páxinas 162 a 174.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Correspondance du P. Marin Mersenne, religieux minime: publiée et annotée par Cornelis de Waard; avec la collaboration de Armand Beaulieu. Centre National de la Recherche Scientifique. París, 1932-1988. 18 volumes.Armand Beaulieu, Le groupe de
- "Mersenne" en M. Bucciantini, M. Torrini (eds.), Geometria e atomismo nella scuola galileiana. Florencia, 1992. Páxinas 17 a 34.
- Beaulieu, Armand. Mersenne, le Grand Minime. Fondation Nicolas-Claude Fabri de Peiresc. 1995.
- Dear, Peter Robert. Mersenne and the Learning of the Schools. Ithaca, Cornell University Press, 1988.
- Maury, Jean-Pierre. À l'origine de la recherche scientifique: Marsenne. Vuibert, 2003. ISBN 978-2-7117-5291-7
- Moreau, Roger. Naissance de l'esprit scientifique: hommage à Marin Mersenne, 1585-1648, París. Anagrammes, Perros Guirec, 2012. ISBN 978-2847190892
- Gehring, F. "Mersennus, Marin (lle Père Mersenne)". En Grove's Dictionary of Music and Musicians (ed. J.A. Fuller Maitland). 1922.
- Gómez, Carlos. "Marin Mersenne versus Giordano Bruno: la crítica mersianna al concepto de anima mundi y la condena de la magia". Deimon, Revista de Filosofía, nº 14. 1997. Páxinas 93 e seguintes.