Marco Ferreri
Marco Ferreri, nado en Milán o 11 de maio de 1928 e finado en París o 9 de maio de 1997 foi un director de cinema, guionista e actor italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ferreri entrou no mundo do cinema a través da realización de curtametraxes publicitarias. Máis tarde dedicouse á produción e chegou a España como representante comercial dos obxectivos Totalscope, versión italiana dos CinemaScope estadounidenses. En España coñeceu a Rafael Azcona, co que colaborou en El pisito (1959) e El cochecito (1960), dúas comedias marcadas por un feroz sarcasmo antiburgués.
De volta a Italia, Ferreri seguiu a súa carreira con L'ape regina (1962), sátira anticatólica que foi censurada mesmo no título, modificado debido á crítica que facía sobre a institución do matrimonio.
En La donna scimmia, de 1963, falou sobre as relacións entre os sexos dominadas pola explotación do máis débil. O final tamén foi censurado, desta vez pola decisión do produtor Carlo Ponti. Máis adiante realizou o episodio Il professore dentro do filme colectivo Controsesso en 1964 e o conto antimachista L’harem (1967). Porén, a que seconsidera a súa obra mestra é Dillinger è morto (1969), un ensaio sobre a soidade do home contemporáneo na sociedade capitalista.
Rodou despois a triste alegoría sobre o futuro Il seme dell'uomo (1970), conto kafkiano anticlerical, e L'udienza (1971). Máis tarde, realizou unha curiosa e case surrealista relectura da derrota do xeneral Custer en Little Big Horn chamada Non toccare la donna bianca (1975).
Cando acadou de novo o cume foi grazas á adaptación do conto de François Rabelais La grande abbuffata (1973), que anticipou a furia iconoclasta de Salò o le 120 giornate di Sodoma de Pier Paolo Pasolini. Desde entón pódense citar obras como L'ultima donna (1976) e La casa del sorriso (1988).
Filmografía como director
[editar | editar a fonte]- El pisito (1958)
- Los chicos (1959)
- El cochecito (1960)
- Le italiane e l'amore (1961) (capítulo "L'infedeltà coniugale")
- La donna scimmia (1963).
- Una storia moderna: l’ape regina (1963)
- Controsesso (1964)
- L'uomo dei cinque palloni (1965)
- Oggi, domani, dopodomani (1965) (capítulo "L'uomo dei 5 palloni")
- Corrida! (1966)
- L'harem (1967)
- Il seme dell'uomo (1969).
- Dillinger è morto (1969).
- L'udienza (1971)
- Perché pagare per essere felici (1971)
- Liza (1972)
- La grande abbuffata (1973).
- Non toccare la donna bianca (1974).
- L'ultima donna (1976).
- Ciao maschio (1978)
- Chiedo asilo (1979)
- Storie di ordinaria follia (1981)
- Historia de Piera (1983)
- O futuro é muller (1984)
- I Love You (1986)
- La casa del sorriso (1988)
- Come sono buoni i bianchi (1988)
- Le banquet (1989) (Televisión)
- La carne (1991)
- Diario di un vizio (1993)
- Nitrato d'argento (1997)
Filmografía parcial como actor
[editar | editar a fonte]- El pisito (1959)
- Casanova '70 (1965)
- Il fischio al naso (1967)
- Porcile (1969)
- Le Vent d'est (1970)
- Ciao Gulliver (1970)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marco Ferreri |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Marco Ferreri na IMDb (en inglés).
- Texto Arquivado 05 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
- Españoles en Italia e italianos en España
- Texto Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
- Texto Arquivado 01 de xullo de 2015 en Wayback Machine. no Score Magacine (en castelán)