Mar de Siberia Oriental
Tipo | mar | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Océano Ártico | ||||
Localización | |||||
País da cunca | Rusia | ||||
División administrativa | Rusia | ||||
| |||||
Características | |||||
Profundidade | 155 m | ||||
Superficie | 987.000 km² | ||||
O mar de Siberia Oriental ou mar Siberiano do Leste (ruso: Восто́чно-Сиби́рское мо́ре) é un mar marxinal do océano Ártico. Está situado entre o cabo Ártico, no norte; a costa continental de Siberia, no sur; o arquipélago das illas de Nova Siberia, no oeste; e a illa de Wrangel no leste. Está localizado entre o mar de Laptev, ao oeste -co que comunica polo estreito de Sannikov e o estreito de Laptev- e o mar de Chukchi, ao leste.
A superficie aproximada deste mar é duns 913.000 km², estando a maior parte do ano cuberta por xeo. O 70% da súa área ten unha profundidade menor de 50 m, e a súa profundidade máxima é de soamente 155 m. A costa é principalmente plana no oeste (ata a desembocadura do río Kolyma), e montañosa no leste. A temperatura media (aire) está entre 0 °C e 2 °C (4 °C no sur) no verán, alcanzando os -30 °C no inverno.
O seu principal porto é Pevek. Baña as costas da República de Sakha e de Chukotka.
Non hai illas no medio do mar de Siberia Oriental, e hai moi poucas illas e grupos de illas nas súas augas costeiras, como Illa Ayon e o arquipélago das Illas Medvezhi.
Debido á súa localización tan ao norte este mar está a maior parte do tempo cuberto de xeo. As costas orientais teñen algúns terreos elevados e outeiros, pero as costas occidentais son, na súa maioría de pouca altitude e están cubertas de tundra, pantanos e multitude de pequenos lagos.
Entre os ríos que desembocan no mar de Siberia Oriental destacan o Indigirka (1.726 km), o Alazeya (1.590 km), o Ujandina, o Kolyma (2.513 km), o Rauchua (323 km), o Chaun, o Paljavaam (416 km) e o Pegtymel (354 km).
Historia
[editar | editar a fonte]O mar foi navegado polos rusos, que se trasladaban dunha desembocadura a outra nas súas kochs a principios do século XVII. En 1648 Semyon Dezhnev e Fedot Alekseev percorreron a costa desde o río Kolyma ata o río Anadyr e o estreito de Bering. Exploracións sistemáticas e levantamentos cartográficos e batimétricos do mar e as súas costas foron recollidas por unha serie de expedicións en 1735-42, 1820-24, 1822, 1909, 1911-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |