Saltar ao contido

Manuel Roel Longueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Roel Longueira
Biografía
Nacemento4 de xaneiro de 1898 Editar o valor en Wikidata
Guísamo, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de febreiro de 1968 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Betanzos, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, xornalista Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1398896 BUSC: roel-longueira-manuel-1898-1968

Manuel Roel Longueira, nado en Guísamo (Bergondo) o 4 de xaneiro de 1898 e finado en Betanzos o 20 de febreiro de 1968, foi un destacado galeguista de comezos do século XX.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia ben posicionada economicamente, relacionado coa reputada imprenta Roel. Foi o máis novo de oito irmáns. Non cursou estudos universitarios. En 1916 integrouse nas incipientes Irmandades da Fala da Coruña. Desta época datan algúns textos seus, poucos, publicados en A Nosa Terra. Casou en 1926 con Bernardina Martín Torres, coa que mudou a Betanzos ese mesmo ano. Traballou de axente comercial e como correspondente para El Pueblo Gallego, empresa viguesa pertencente a Portela Valladares.

Durante a II República española simpatizou co Partido Galeguista. En 1936 exiliouse na Arxentina, temoroso da represión franquista, ficándolle a familia en Galiza.

Xa en Buenos Aires desempeñou un importante labor de activismo galeguista, foi presidente da Agrupación de Artistas Gallegos, director da revista Lar e colaborador noutras publicacións e programas de radio. Escribiu múltiples contos e pezas teatrais. Tivo relación directa con persoeiros da categoría de Luis Seoane, Rafael Dieste ou o propio Castelao.

En 1950 volveu a Galiza, onde morreu en 1968.

  • Contos e poemas de Manuel Roel, edición e estudo crítico de Concepción Delgado Corral, Mª Teresa Amado Rodríguez e Alfredo Erias Martínez. Concello de Betanzos, 1998.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]