Manuel Blanco Garea
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de abril de 1945 (79 anos) A Brea, España |
Actividade | |
Ocupación | ciclista |
Deporte | ciclismo de competición |
Manuel Blanco Garea, nado na Brea (Matalobos, A Estrada) o 4 de abril de 1945, foi un ciclista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Con 18 anos gañou en Padrón o Campionato Galego de Fondo en estrada de afeccionados. Froito desta vitoria foi seleccionado para disputar o Campionato de España da mesma modalidade en Barcelona, cidade na que quedou a vivir co obxectivo de converterse en ciclista profesional. En Cataluña gañou máis de 150 carreiras, incluído o Campionato de Cataluña, no que triunfou varias veces, a Volta Ciclista ao Ampurdán e, entre outras moitas máis vitorias, o Trofeo Deputación de Barcelona. Para estimular a participación de corredores recoñecidos no campo amador os organizadores desta proba estipularon nos seus estatutos que o ciclista que a gañase tres veces en cinco anos conseguiría un trofeo de prata, galardón que recaeu en M. Blanco Garea. Outra actuación memorable do ciclista foi no Tour do Rosillon do ano 1971, onde o escalador estradense gañou unha etapa que rematou no porto de Envalira.
Pasou ao profesionalismo, correndo en 1972 e 1973 cos equipos Werner e Monteverde. Gañou unha etapa da Volta ao País Vasco en 1972 na que quedou en segunda posición Domingo Perurena. Ese mesmo ano quedou 14º na Volta a España. En 1973 gañou unha das etapas andinas da Vuelta a Colombia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cabeza Quiles, Fernando (2022). "Vida, obra e fazañas de Manuel Blanco Garea, o único ciclista estradense que correu dúas voltas a España e que durmiu baixo as estrelas" (PDF). A Estrada. Miscelánea Histórica e Cultural (25): 57–93.