Manderlay
Manderlay | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Lars von Trier |
Produtor | Vibeke Windeløv |
Guión | Lars von Trier |
Intérpretes | Bryce Dallas Howard, Isaach De Bankolé, Danny Glover, Willem Dafoe, Jeremy Davies, Lauren Bacall, Chloë Sevigny, Jean-Marc Barr, Udo Kier, Michaël Abiteboul |
Música | Joachim Holbek |
Fotografía | Anthony Dod Mantle |
Montaxe | Bodil Kjærhauge e Molly Marlene Stensgård |
Distribuidora | Distributionsselskabet (Dinamarca) |
Estrea | 2005 |
Duración | 132 minutos |
Orixe | Dinamarca |
Xénero | Drama |
Orzamento | $14 200 000 |
Recadación | $674.918 |
Na rede | |
Manderlay é a segunda película da triloxía USA - Land of Opportunities, do director danés Lars von Trier. Nela trátase de profundar sobre as raíces do racismo.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A acción arranca poucos días despois do final de Dogville. Grace (desta vez interpretada por Bryce Dallas Howard en vez de por Nicole Kidman), viaxa a Alabama, no sur dos Estados Unidos, onde atopa unha plantación de algodón, Manderlay, onde aínda rexe a escravitude. Grace consegue liberar os escravos, e decide quedar para estabelecer unha comunidade democrática con moi malos resultados.
Logo de comprobar as condicións de traballo na plantación, abandona o seu pai, gángster, para tomar o control da mesma, abolindo a situación escravista e "castigando" aos antigos opresores. Antes de morrer, a ama da plantación entrégalle un libro, o libro da Ama, no que se explican as normas que os escravos deben cumprir.
Cerca do final da película explícase que esa comunidade seguía vivindo neses termos por propia vontade, e que ese mesmo libro fora redactado polos membros da plantación, libres e escravos.
Tras decatarse, Grace é obrigada, polos propios escravos de Manderlay, a tomar o control volvendo a oprimilos, tralo que decidindo escapar.
Análise
[editar | editar a fonte]Ao igual que a súa predecesora Dogville, esta rodada sen apenas decorado, usando sinxelamente aqueles obxectos imprescindibles para o argumento e substituíndo paredes e portas por marcas no chan similares ás de xiz nunha lousa.
Críticas
[editar | editar a fonte]A fita foi criticada principalmente polo feito de que na gravación asasinouse a un asno. Se ben a escena foi finalmente eliminada debido ás críticas, von Trier seguiu defendendo que importa máis a liberdade de expresión das persoas que a vida ou morte dun animal, algo que desgustou a moita xente.
Curiosamente, o movemento Dogma 95, do que é fundador, di nun dos seus mandamentos que non se pode incluír mortos (se ben esta película non está enmarcada dentro de dito movemento).