Maarten Houttuyn
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1720 Hoorn, Países Baixos |
Morte | 2 de maio de 1798 (77/78 anos) Ámsterdam, Países Baixos |
Educación | Universidade de Leiden |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | botánico, zoólogo, médico, entomólogo |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Houtt. |
Abreviatura do autor en zooloxía | Houttuyn |
Maarten (Martin ou Martinus) Houttuyn, nado en 1720 en Hoorn (hoxe na provicia de Holanda Setentrional, Países Baixos), e finado en 1798, foi un médico e naturalista neerlandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado no seo dunha comunidade menonita, Houttuyn estudou medicina en Leyden, onde exerceu algúns anos despois de defender a súa tese de doutoramento, en 1749.[1]
En 1753 instálase en Ámsterdam, onde fundou unha editorial. Entre 1761 e 1785 publicou a súa monumental obra Natuurlyke Historie of uitvoerige Beschrÿving der Dieren, Planten en Mineraalen, volgens het Samenstel van der Heer Linnaeus en 37 volumes que totalizan 8600 páxinas de texto e 296 ilustracións (gravadas en coiro). Frecuentemente considerada como unha simple tradución das obras de Carl von Linné, a Natuurlyke Historie constitúe unha obra orixinal. Nela figuran gran número de gabinetes de curiosidades (ou cuartos de marabillas), onde describe varias coleccións dos seus compatriotas.[1]
Contra 1786 decidiu vender as súas coleccións e elaborou un catálogo anotado, publicado en dúas partes, para as vendas que se celebraron en 1787 (coleccións de animais) e en 1789 (coleccións de plantas)[1]
Obras principais
[editar | editar a fonte]- Natuurlyke Historie of uitvoerige Beschrÿving der Dieren, Planten en Mineraalen, volgens het Samenstel van der Heer Linnaeus. 37 vol., Amsterdam, 1761–1785.
- Deel 1, Stuk 1–18: Dieren. 1761–1773, 143 ill.
- Deel 2, Stuk 1–14: Planten. 1773–1783, 105 ill.
- Deel 3, Stuk 1–5: Mineralen. 1780–1785, 48 ill.
- Sepp, J. C. [& Houttuyn, M.], «Houtkunde, behelzende de afbeeldingen van meest alle bekende, in- en uitlandsche houten die tot den huis- en scheepsbouw, tot schrynwerk, werktuigen en gereedschappen, tot verwstoffen en in de geneeskunde, worden gebruikt... », 2 vols, Amsterdam, 1791-1795, 106 láminas en cor (Ler en liña (pdf)). Consultada o 18 de decembro de 2016.
Abreviaturas
[editar | editar a fonte]- A abreviatura Houtt. emprégase para indicar a Maartin Houttuyn como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
- A abreviatura Houttuyn emprégase para recoñecer a Maarten Houttuyn como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Epónimo
[editar | editar a fonte]Carl Peter Thunberg nomeou na súa honra o xénero Houttuynia (Saururaceae).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Boeseman & de Ligny 2004, p. 81
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- M. Boeseman (1997). Collectors and Fish Collections of the Rijksmuseum van Natuurlijke Historie in Leiden, Netherlands (1820-1980), Collection building in ichthyology and herpetology (PIETSCH T.W.ANDERSON W.D. dir.), Special publication, number 3, American Society of Ichthyologists and Herpetologists : 81-100. ISBN 0-935868-91-7.
- D. O. Wijnands, «The letters of Maarten Houttuyn to Carl Peter Thunberg (1780-1790)», Proceedings of the Koninklijke Nederlandse Akademie van Wetenschappen. Series C, Biological and Medical Sciences, vol. 93, 1990, p. 77-95.
- M. Boeseman & W. de Ligny (2004): "Martinus Houttuyn (1720-1798) and his contributions to the natural sciences, with emphasis on zoology". Zoologische Verhandelingen Leiden 349; 1-222. Ler en liña (pdf). Consultada o 18 de decembro de 2016.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- F. A. Stafleu (1971): "Houttuyn, Maarten (Martin) (1720-1798)" en Linnaeus and the Linnaeans (en inglés). Consultada o 18 de decembro de 2016.