Ma vie en rose
Ma vie en rose | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ma vie en rose |
Director | Alain Berliner |
Produtor | Carole Scotta |
Guión | Alain Berliner Chris Vander Stappen |
Intérpretes |
|
Música | Dominique Dalcan Zazie |
Fotografía | Yves Cape |
Montaxe | Sandrine Deegen |
Estudio | Canal+ Eurimages CNC TF1 Films Production |
Distribuidora | Haut et Court (Francia) Sony Pictures Classics (USA) |
Estrea | 28 de maio de 1997 |
Duración | 89 minutos[1] |
Orixe | Francia Bélxica Reino Unido |
Xénero | Drama |
Orzamento | $3 200 000 |
Recadación | $7 100 000 |
Na rede | |
Ma vie en rose é un filme de 1997 dirixido por Alain Berliner. Conta a historia de Ludovic, que é visto pola súa familia e comunidade como un neno, pero que se sente e actúa como unha nena. O filme amosa os problemas da familia de Lodovic para aceptar a súa identidade de xénero. O filme foi escollido como candidato belga ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 70ª edición dos premios, pero finalmente non foi nomeado.[2][3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Cando a familia Fabre se muda á casa dos seus soños con veciños marabillosos, todo parece perfecto agás por unha cousa: o máis novo dos seus fillos, Ludovic, aínda que se lle asignou o xénero masculino ao nacer, sente que é unha nena e quere vivir como tal.
O problema comeza cando Ludovic se fai amigo de Jérôme, fillo do xefe do seu pai e veciño da rúa, e expresa o desexo de casar con el cando sexa unha muller. Nunha visita a casa de Jérôme, Ludovic entre no cuarto da irmá e pon un dos seus vestidos sen saber que a irmá morre. A nai de Jérôme veo todo e ela e os demais veciños están horrorizados. A comunidade ponse na contra de Ludovic e por extensión do resto da familia Fabre.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Georges Du Fresne como Ludovic "Ludo" Fabre
- Michèle Laroque como Hanna Fabre
- Jean-Philippe Écoffey como Pierre Fabre
- Hélène Vincent as Élisabeth
- Daniel Hanssens como Albert
- Laurence Bibot como Lisette
- Jean-François Gallotte como Jeannot
- Julien Rivière como Jérôme
- Gregory Diallo como Thom Fabre
- Erik Cazals De Fabel como Jean Fabre
- Cristine Barget como Zoé Fabre
- Delphine Cadet como Pam
- Raphaelle Santini como Christine "Chris" Delvigne
- Marine Jolivet como Fabienne Delvigne
- Anne Coesens como mestra
- Vincent Grass como director
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ British Board of Film Classification, ed. (18 de xullo de 1997). "MA VIE EN ROSE (12)". Consultado o 18 de novembro de 2012.
- ↑ Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
- ↑ "44 Countries Hoping for Oscar Nominations". Academy of Motion Picture Arts and Sciences. 24 de novembro de 1997. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 1998. Consultado o 13 de outubro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Bélxica propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 70ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ma vie en rose na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)