MKV
Matroska é un formato colector estándar aberto, un arquivo informático que pode conter un número ilimitado de vídeo, son, imaxe ou pistas de subtítulos dentro dun só arquivo.[1] A súa intención é a de servir como un formato universal para o almacenamento de contidos audiovisuais comúns, como películas ou programas de televisión. Matroska é similar, en concepto, a outros colectores, como AVI, MP4 ou ASF, pero é totalmente aberto. A maioría das súas implementaciones consisten en software libre. Os arquivos de tipo Matroska son .MKV para vídeo (con subtítulos e son), .MKA para arquivos soamente de son, .MKS só para subtítulos e .MK3D para vídeo estereoscopico.
O 7 de xaneiro de 2009[2] anunciouse que a compañía Divx ofrecerá apoio ao formato Matroska no seu novo produto audiovisual Divx 7.[3][4]
A denominación Matroska está inspirada no concepto de boneca rusa ou matrioska, que son as bonecas tradicionais rusas baleira por dentro que no seu interior albergan máis bonecas.
Historia
[editar | editar a fonte]O proxecto foi anunciado o 7 de decembro de 2002, como unha bifurcación do Colector de Formato Audiovisual (MCF, nas súas siglas en inglés), despois dos desacordos entre o desenvolvedor principal Lasse Karkkainen e o que sería, inmediatamente despois, fundador de Matroska, Steve Lhomme, sobre o uso do Meta Linguaxe Binaria Extensible (EBML polas súas siglas en inglés) en lugar doutro formato binario. Este período coincidiu cunha longa pausa na programación do MCF polo seu desenvolvedor principal, o que provocou que a maior parte da comunidade migrara rapidamente a este novo proxecto.
Metas e obxectivos
[editar | editar a fonte]Os desenvolvedores do proxecto Matroska cren que o uso de EBML achégalles unha serie de vantaxes, incluíndo unha maior posibilidade de ampliar o formato no futuro, probablemente décadas, conforme as novidades fáganse presente e/ou os obxectivos do proxecto tamén.
O formato foi deseñado desde cero para ser estendido e duradeiro (a diferenza de formatos como AVI). O equipo de Matroska falou abertamente en Doom9 e hydrogenaudio.org sobre algúns dos seus obxectivos a longo prazo,[5][6] incluíndo:
- A creación dun moderno, flexible e ampliable colector audiovisual.
- O desenvolvemento dun apoio sólido de transmisión.
- O desenvolvemento dun sistema de menús similares aos do DVD baseado en EBML.
- O desenvolvemento dun conxunto de ferramentas para a creación e edición de arquivos Matroska.
- Traballar con fabricantes de hardware para incluír apoio Matroska en dispositivos audiovisuais.
- Apoiar a adopción e aplicación das bibliotecas en Matroska Haikú (OpenBeOS) Mediakit e GStreamer Multimedia Framework para Linux, equivalente a Microsoft (TM) DirectShow (R) para Windows (TM)
- Desenvolver e pór en marcha unha serie de filtros DirectShow para a reprodución e creación de ficheiros Matroska no sistema operativo Windows (TM)
- Establecer Matroska como a alternativa de código aberto aos colectores existentes como AVI, ASF, MOV, RM, MP4, MPG (Nisto é comparable a Ogg)
Características
[editar | editar a fonte]As capacidades do colector Matroska son:
- Unha ou varias pistas de vídeo, alternativas, ou programadas para reproducir unha despois doutra (permite unir vídeos sen perder calidade).
- Unha ou varias pistas de son alternativas.
- Posibilidade de Son e Vídeo en VFR (Framerate Variable).
- Varios subtítulos, incluíndo SSA/ASS con funcións avanzadas, e recentemente PGS.
- Varios capítulos nun mesmo ficheiro.
- Posibilidade de menús no futuro.
- Streaming ou vídeo visualizado en tempo real mentres se descarga.
- Procura (seeking) mellorada respecto do avi (ao cambiar de posición o vídeo non se desincroniza nin conxela) e ao ASF (wmv).
- Mellor tolerancia a erros respecto de AVI ou MP4.
- Posúe menor overhead).
- Facilidade para engadir extensións futuras, grazas a EBML.
- Posibilidade de engadir arquivos de calquera tipo.
- Posibilidade de encaixar unha imaxe no colector como mostra do contido.
- Soporte para tags.
Reprodutores
[editar | editar a fonte]A listaxe seguinte corresponde a unha serie de programas, ou software, que presentan soporte nativo Matroska.
- ALShow
- Avidemux
- BS.Player
- Chameleo
- The Core Media Player
- DivX
- The Core Pocket Media Player
- foobar2000 (v0.9.6)
- GOM Player (Fai que o son se escoite lento, con códec opcional reproduce perfecto)
- Reprodutores baseados en Gstreamer - (Tótem etc.)
- HandBrake
- jetAudio
- Kaffeine
- The KMPlayer
- Media Player Classic
- Media Player Classic - Home Cinema
- MediaPortal[7]
- Mezzmo Media Player
- Mirillis Splash Prol
- MPlayer
- MythTV
- Perian Plugin de Quicktime para Mac VOS X[8]
- SubEdit-Player
- Xilisoft
- Target Longlife Media Player
- Tótem Movie Player
- VirtualDubMod
- VLC media player
- VSO Software
- Vuze Media Player
- Winamp
- xine
- Zoom Player
- plexapp
- XBMC
- Boxee
- iVerio Software
Licenza
[editar | editar a fonte]Matroska é un proxecto de estándares abertos. Isto significa que se pode utilizar libremente e que as especificacións técnicas, que describen o fluxo de bits, están dispoñibles e son accesibles para calquera persoa, incluíndo aquelas empresas que lles gustaría ofrecer apoio Matroska nos seus produtos.
O código fonte das bibliotecas desenvolvidas polo Equipo de Desenvolvemento de Matroska está licenciado baixo licenza GNU LGPL.[9][10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Especificacións de Arquivo Matroska, Matroska.org.
- ↑ Divx anuncia apoio a formato Matroska Arquivado 15 de maio de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ DivX anuncia o lanzamento de nova xeración de software, H.264 baseado en DivX 7. Arquivado 26 de marzo de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ [https://web.archive.org/web/20090116053057/http://investors.divx.com/releasedetail.cfm?ReleaseID=357904#track Arquivado 16 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. Programa de Certificación DivX Plus, ofrecerá apoio xeneralizado á nova tecnoloxía DivX H.264
para dispositivos electrónicos de alta definición (en inglés) - ↑ Matroska teñen as seguintes metas[Ligazón morta], Matroska.info.
- ↑ Matroska is designed with the future in mind Arquivado 01 de maio de 2012 en Wayback Machine., Matroska.org.
- ↑ Características de MediaPortal (01/01/2007)
- ↑ Perian details
- ↑ Licenza dobre para Matroska Arquivado 16 de outubro de 2008 en Wayback Machine., knowledgerush.com (en inglés).
- ↑ Licenza Pública Xeral Reducida de GNU (LGPL), GNU.org (en inglés).