Luz Castro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Luz Castro Pena 1972 Ferrol, Galiza |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingüística computacional |
Ocupación | Enxeñeira informática e profesora |
Empregador | Universidade da Coruña Imaxin Software |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables |
María Luz Castro Pena,[1] nada no ano 1972 en Ferrol[2], é unha enxeñeira informática socia fundadora da empresa galega Imaxin Software e profesora na Universidade da Coruña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É enxeñeira informática pola Universidade da Coruña e durante a súa etapa universitaria fundou a Plataforma polo Galego na Informática[3]. Ao rematar a carreira creou cos seus socios Diego Vázquez Rey, Antonio Fernández Cabezas e José Ramom Pichel Campos a empresa Imaxin Software en 1997[4], onde dirixe a área de desenvolvemento de xogos educativos e produtos multimedia[5].
Entre os anos 2002 e 2004 foi vicepresidenta primeira da Mesa pola Normalización Lingüística[6][7]. Dende o ano 2008 tamén é profesora interina na Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña[3], onde imparte clases en materias do Grao en Comunicación Audiovisual[8] así como noutros títulos como o Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos ou o Máster Universitario en Deseño, Desenrolo e Comercialización de Videoxogos, este último na súa cidade natal, Ferrol. Entre 2008 e 2010 foi vicepresidenta da asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet)[5], e dende 2012 é representante da asociación na Rede de Mulleres en Informática (MUIN)[9].
Ademais, é membro do comité de dirección do Cluster TIC de Galicia[1][10][11], así como participante da Startup Galicia[12] e da LaconNetwork.[13] É cofundadora da Asociación galega de videoxogos e contidos interactivos Videoxogo.gal, sendo ademais a súa presidenta dende decembro de 2021.[14] Forma parte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo.[15] É socia da spin-off PhotoILike creada por investigadores/as da Universidade da Coruña no canto da busca das mellores imaxes a través de Intelixencia Artificial.
No 28 de abril do 2022 participou na iniciativa #FaiClic da CRTVG (onde colabora dende anos atrás). Esta iniciativa foi lanzada no Día Internacional das Nenas nas TIC para fomentar as carreiras tecnolóxicas entre as nenas galegas.
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 2009 - Premio Eganet. Premio ao mellor ambiente de traballo para a súa empresa Imaxin Software.
- 2012 - I Premio Ada Byron. Outorgado o 23 de novembro polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)[16][17].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 clusterticgalicia.com (ed.). "Entrevista a Luz Castro". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2016.
- ↑ lastop100.com (ed.). "Luz Castro". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 Women Techmakers (ed.). "Luz Castro Pena". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2016.
- ↑ profesionsdixitais.org (ed.). "XORNADA Faite Profesional Dixital dos Contidos Dixitais. Luz Castro" (PDF). Consultado o 31 de marzo de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 Sarasqueta, Fernando. codigocero.com, ed. "A enxeñeira galega Luz Castro, recoñecida polo CPEIG". Consultado o 31 de marzo de 2016.
- ↑ culturagalega.gal (ed.). "A candidatura renovadora fíxose coa presidencia da Mesa pola Normalización". Consultado o 31 de marzo de 2016.
- ↑ "Vamos fornecer materiais de informática en galego". La Voz de Galicia. 25 de xuño de 2002. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2016.
- ↑ "Ficha de María Luz Castro Pena". pdi.udc.es. Consultado o 2022-12-13.
- ↑ "Organigrama. Eganet". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2016.
- ↑ clusterticgalicia.com (ed.). "Organización. Cluster TIC Galicia". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2016.
- ↑ cpeig.org (ed.). "O CPEIG forma parte do Comité Estratéxico do Clúster TIC Galicia". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2016.
- ↑ startup.gal (ed.). "Quen somos?". Consultado o 31 de marzo de 2016.
- ↑ Fernández, Marcus. codigocero.com, ed. "A semana que vén a LaconNetwork celebra os seus 6 anos de actividade". Consultado o 31 de marzo de 2016.
- ↑ "Luz Castro: “Xa hai protagonistas de videoxogos que van máis alá da damisela en perigo”". www.elsaltodiario.com. Consultado o 28 de febreiro de 2019.
- ↑ Diario, Nós. "O Comité de Sabias fúndase no acceso igualitario ao eido dixital". Nós Diario. Consultado o 2021-03-21.
- ↑ "O CPEIG recoñece á enxeñeira informática Luz Castro co premio Ada Byron". El Correo Gallego. 18 de outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 31 de marzo de 2016.
- ↑ "A enxeñeira Luz Castro gaña o premio Ada Byron". La Voz de Galicia. 18 de outubro de 2012. Consultado o 31 de marzo de 2016.