Saltar ao contido

Luis García Mosquera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuis García Mosquera

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de maio de 1946 Editar o valor en Wikidata
Viveiro, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xaneiro de 2024 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor en Wikidata - 1977 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Deportivo da Coruña

Luis García Mosquera, nado en Viveiro o 13 de maio de 1946 e finado o 12 de xaneiro de 2024, foi un futbolista galego, que xogaba de defensa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Viveiro e aos 14 anos trasladouse á rúa Vizcaya da Coruña. Alí ingresou no Liceo de Monelos, onde xogou primeiro como xuvenil e logo dous anos na categoría de modestos. En novembro de 1964, Vizoso levouno para o Fabril,[1] no que xogou durante catro campañas ata que no verán de 1968 pasou ao Deportivo da Coruña.[2]

Na tempada 1968–69 debutou co Deportivo en Primeira División, na primeira xornada de liga contra o CD Málaga a domicilio que rematou con derrota deportivista (3–1). Nesa campaña participou en 27 partidos, formando parte da defensa habitual no esquema de Cheché Martín, acompañado por José Domínguez, José Manuel Sertucha e Antonio Benlloch.

Xogou un total de oito tempadas no Deportivo, disputando máis de 200 partidos e vivindo tres descensos e dous ascensos. En 1976 fichou polo Getafe Deportivo de Segunda División, no que militou durante unha tempada antes de retirarse e volver á Coruña.[3]

  1. "Mal partido en Riazor con victoria del Fabril sobre el Europa por 4-1". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de novembro de 1964. p. 4. 
  2. "Luis pasó al Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xullo de 1968. p. 8. 
  3. "Luis". La Voz de Galicia (en castelán). de xuño de 1994. p. 95. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]