Lonicera japonica
Lonicera japonica | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
Lonicera japonica é unha especie botánica pertencente á familia das Caprifoliáceas.
En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha planta rubideira apta para subir máis de 10 m de altura en árbores, con follas opostas, simples, ovais de 3–8 cm de lonxitude e 2–3 cm de ancho. As flores son dobre-lenguadas, abren brancas e pechan amarelas, e dulcemente fragantes. O froito é unha drupa globosa azul escura de 5–8 mm de diámetro contendo numerosas sementes.
Hábitat
[editar | editar a fonte]É nativa do leste de Asia: Xapón, Corea, norte e leste de China, Taiwán; e é unha importante especie invasora en América do Norte.
Cultivo e usos
[editar | editar a fonte]A súa flor é de alto valor medicinal na medicina tradicional chinesa, onde se denomina "rěndōngténg" (忍冬藤) ou "jīnyínhuā" (literalmente, ‘flor prata dourada’). Segundo esta medicina tradicional, ten propiedades antibacteriales e antiinflamatorias, e é usada (en combinación con Forsythia suspensa) para disipar calor, e remover toxinas, incluíndo carbúnculo, febre, gripe, úlceras. En Corea, é denominada geumeunhwa. As follas secas tamén se empregan na medicina tradicional chinesa.
Investigadores da Universidade de Nankín identificaron en laboratorio un compoñente activo da Lonicera japonica, denominado MIR2911, que actúa directamente contra o influenzavirus A da gripe, bloqueando a súa replicación. Utilizando ratos, os científicos descubriron que tras administrarlles esta molécula no torrente sanguíneo e tecido pulmonar bloqueáronse dous dos xenes que o virus da gripe A necesita para replicarse. Comprobaron esta acción nas cepas da gripe porcina H1N1 e da gripe aviaria H5N1 e tipo H7N9. MIR2911 é altamente estable na decocción e ao administrarse como bebida conduciu a unha elevación significativa do seu nivel no sangue periférico e pulmón dos ratos.[2]
Problemática
[editar | editar a fonte]Lonicera japonica é unha invasiva exótica, ou maleza, na Arxentina, Brasil, México, Nova Zelandia, e moitos dos estados dos Estados Unidos, Hawai, as illas do Pacífico e as caribeñas. Está clasificada como unha maleza tóxica nalgúns estados dos Estados Unidos de América, como Illinois e Virxinia. Causou graves danos a bosques do leste dos EE. UU, ao formar vastas colonias de pisos forestais que desprazan de feito todas as plantas nativas, e ao rubir a árbores e arbustos, debilitándoos e chegando a matalos. Sospéitase, en medios científicos e conservacionistas, que emiten sustancias alelopáticas ao chan, inhibindo o crecemento doutras plantas.
A pesar de todo, nos invernadoiros estadounidenses aínda se segue vendendo esta especie, con frecuencia como o cultivar 'Hall's Prolific'. É moi efectiva en cubrir rapidamente o chan, e ten flores olorosas, pero o dano que causa (en climas aptos) é superior ás súas calidades positivas. No leste dos Estados Unidos de América hai outras invasivas exóticas, como Pueraria lobata e Rosa multiflora, que compiten coa Lonicera japonica facendo dano.
Pode ser controlada cortando ou queimando as plantas a nivel das raíces, e repetindo ás dúas semanas de intervalo para que se esgoten as súas reservas radiculares. Tamén se usou glifosato.
En España
[editar | editar a fonte]En España cultívase profusamente, ás veces de modo reiterado e abusivo, para formar sebes e cubrir muros e valos en case todas as provincias. A miúdo asilvéstrase, naturalizándose en ambientes riparios, orlas forestais, matogueiras aclaradas e lugares alterados, sobre todo no norte de Cataluña e no País Vasco, e en menor medida no resto da península, as Baleares e as Canarias.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Lonicera japonica foi descrita por Carl Peter Thunberg e publicada en Bot. Mater. Gerb. Bot. Inst. Komarova Akad. Nauk S.S.S.R. 17: 450. 1955[3]
- O termo Lonicera foi acuñado por Linné en 1753, adaptando ao latín o apelido Lonitzer, para honrar ao botánico alemán Adam Lonitzer (1528-1586), que exerceu como médico en Frankfurt.[4]
- Caprifolium chinense S.Watson ex Loudon
- Caprifolium japonicum (Thunb.) Dum.Cours.
- Caprifolium roseum Lam.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fichas identificativas de Especies exóticas invasoras
- ↑ Zhen Zhou; Xihan Li; Jinxiong Liu; Lei Dong; Qun Chen;, Jialing Liu; Huihui Kong; Qianyi Zhang; Xian Qi; Dongxia Hou; Lin Zhang; Guoquan Zhang; Yuchen Liu; Yujing Zhang; Jing Li; Jin Wang; Xi Chen; Hua Wang; Junfeng Zhang; Hualan Chen; Ke Zen and Chen-Yu Zhang (7 de outubro de 2014). "Honeysuckle-encoded atypical microRNA2911 directly targets influenza A viruses". Nature (en inglés).
- ↑ "Lonicera japonica". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 9 de agosto de 2012.
- ↑ Lonicera japonica en Flora de Canarias
- ↑ Lonicera japonica en Flora de Canarias
- ↑ Lonicera japonica en PlantList