Lista de personaxes artúricos
Aparencia
Nas lendas do Rei Artur aparecen moitos personaxes, entre os que se inclúen os Cabaleiros da Táboa Redonda e os membros da familia do Rei Artur. Os seus nomes adoitan diferir dunha versión a outra e dun idioma a outro. A seguinte é unha listaxe deles coas súas descricións. (Nota: O símbolo "†" indica un cabaleiro da Táboa Redonda.)
Personaxes da Materia de Bretaña | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Outros nomes | Primeira aparición | Obras nas que se inclúe | Descrición |
Accolon | Le Morte D'Arthur, c. 1470 | Amante de Morgana | ||
Aglovale† | Agloval, Sir Aglovale de Galis | A vida de Sir Aglovale de Galis, The Once and Future King | Fillo máis vello do Rei Pellinore. | |
Agravain† | Agravaine | Lancelot-Graal, Le Morte D'Arthur | Segundo fillo do Rei Lot e Morgause. Únese á rebelión de Mordred. | |
Amhar | Amr, Amir, Anir | Historia Brittonum, c. AD 820 | Geraint e Enid | Fillo do Rei Artur. |
Artur† | Artur Pendragon | Y Gododdin, século VII | Moitos | Rei de Britania. |
Aurelio Ambrosio | Ambrosio Aureliano | Gildas De Excidio et Conquestu Britanniae c. AD 540s | Historia Brittonum c. AD 820 | Irmán de Uther Pendragon, Rei de Britania antes que el. |
Bagdemagus† | Lancelot, le Chevalier de la Charrette, 1170 | Pai de Meleagant e rexedor de Gorre. | ||
Ban de Bénoïc | Lancelot-Graal, século XIII | Pai de Lancelot. | ||
Balan | Sir Balan le Savage | Ciclo da Pos-Vulgata, 1230-1240 | Pos-Vulgata, Le Morte D'Arthur | Irmán de Balin. |
Balin | Sir Balin le Savage, Cabaleiro con dúas espadas | Ciclo da Pos-Vulgata, 1230-1240 | Pos-Vulgata, Le Morte D'Arthur | Irmán de Balan, mata á Dama do Lago. |
Bedivere† | (en galés: Bedwyr)(en francés: Bédoier) Bedevere | Pa Gur yv y Porthaur , século X | Vita Cadoc, Culhwch ac Olwen, Englynion y Beddau, Trioedd Ynys Prydain, Historia Regum Britanniae, Le Morte D'Arthur e moitos outros | Devolve Excalibur á Dama do Lago. Irmán de Sir Lucan. |
Blanchefleur | Chrétien de Troyes' Perceval ou le Conte du Graal, c. 1181 | Esposa de Perceval e sobriña de Gornemant. | ||
Bors de Gaunes | (en francés: Bohort ou Boores) | Lancelot-Graal, século XIII | Irmán do Rei Ban e un aliado do Rei Artur. | |
Bors o Xove† | Fillo de Bors o Vello e pai de Helyan le Blanc. | |||
Brangaine | Brangaene, Brangwane, Brangien | Tristan poemas de Béroul e Tomé de Inglaterra, século XII | Tristan poemas de Béroul, Tomé de Inglaterra, Eilhart von Oberge, Gottfried von Strassburg, Prose Tristan, Ciclo da Pos-Vulgata, e Le Morte D'Arthur de Thomas Malory | Serva de Iseu. |
Breunor le Noir† | Breunor (La Cote Mal Taillée) | Cabaleiro que usa a armadura deformada do seu pai asasinado. É irmán de Daniel e Dinadan. | ||
Bruto de Troia | (Brut, Brute, galés: Bryttys) | Historia Brittonum, c. AD 820 | Primeiro Rei de Bretaña, un troiano. | |
Cabaleiro das Fadas | Tom a Lincoln parte 1, de Richard Johnson (1599) | Fillo bastardo de Tom a'Lincoln e Caelia, a Raíña das Fadas. É medio-irmán do Cabaleiro Negro. | ||
Cabaleiro Negro | Neto do Rei Artur e fillo ilexítimo de Tom a'Lincoln. Outro Cabaleiro Negro é unha figura antagonista. | |||
Cabaleiro Verde† | Bercilak, Bertilak, Bernlak, Bredbeddle | Sir Gawain e o Cabaleiro Verde, (1300) | The Greene Knight, King Arthur and King Cornwall | Un cabaleiro enfeitizado por Morgana a fin de probar a Gauvain. |
Cabaleiro Vermello | Perceval ou le Conte du Graal de Chrétien de Troyes, (1181) | Le Morte D'Arthur | Aparece en moitos relatos, normalmente como antagonista. | |
Cador† | (Latín: Cadorius) | Historia Regum Britanniae, Breuddwyd Rhonabwy | Pai de Constantino III de Bretaña, é descrito nalgúns libros como o curmán de Artur. | |
Caelia | Celia, A raíña das fadas | The Faerie Queene de Edmund Spenser (1590); Tom a Lincoln parte 1 de Richard Johnson (1599) | Amante de Tom a'Lincoln, nai do Cabaleiro das Fadas. | |
Calogrenant† | Colgrevance, Cynan | Yvain, o Cabaleiro do León de Chrétien de Troyes, 1170 | Le Morte D'Arthur | Curmán de Ywain. |
Caradoc† | (Latín: Caractacus) (Galés: Caradog Freichfras) (Francés: Carados Briefbras) | Perceval ou le Conte du Graal, Mabinogion | Rebelouse contra Artur cando se tornou rei, pero logo apoiouno. Ás veces, identifícase como dous personaxes, Caradoc, o Vello (un rei) e Caradoc, o Mozo (un cabaleiro). | |
Catigern | (galés: Cattegirn) | Historia Brittonum (século IX), xenealoxías HarleY, Historia Regum Britanniae (1134) | Fillo de Vortigern; loitou a carón do seu irmán Vortimer en contra dos saxóns. | |
Cerdic de Wessex | Crónica anglosaxoa, século IX | Primeiro rei de Wessex, un antepasado de Artur. | ||
Claudas | Perlesvaus, Lancelot-Graal, Ciclo da Pos-Vulgata, Le Morte D'Arthur | Un rei franco antagonista de Artur. Ten dous fillos, Dorin e Claudin. | ||
Claudin† | Lancelot-Graal, Le Morte D'Arthur | Fillo de Claudas, eventualmente se fai un dos 12 cabaleiros para acadar o Santo Graal. | ||
Constante fillo de Constantine | Baseado na figura histórica de Constante | Historia Regum Britanniae | Fillo de Constantino III, irmán máis vello de Uther Pendragon. | |
Constantino III | Baseado na figura histórica de Constantino | Historia Regum Britanniae | Avó de Artur, pai de Uther Pendragon, Constante e Ambrosio Aureliano. | |
Constantino III de Bretaña† | Historia Regum Britanniae de Godofredo de Monmouth (1136) | Historia Regum Britanniae, Le Morte D'Arthur | Curmán de Artur e o seu sucesor ó trono. Fillo de Cador. | |
Culhwch | Culhwch ac Olwen, século XI | Curmán de Artur nas primeiras lendas galesas. | ||
Cynric de Wessex | Crónica anglosaxoa, século IX | Segundo rei de Wessex, fillo de Cerdic de Wessex. | ||
Dagonet† | Idylls of the King de Alfred Tennyson | Bufón da corte de Artur. | ||
Daniel von Blumenthal† | Daniel von Blumenthal, 1220 | Un cabaleiro da Táboa Redonda que se atopa no inicio da lenda artúrica. | ||
Dinadan† | Prose Tristan, 1230 | Prose Tristan, Le Morte D'Arthur | Fillo de Sir Brunor. | |
Dindrane | (italiano: Agrestizia)(galés: Danbrann) Tamén chamado Dindraine ou Heliabel dependendo das fontes) | Irmá (ás veces media-irmá) de Perceval, desempeña un papel importante en moitas historias do Santo Graal. | ||
Dona do Lago | Nimue, Viviane, Niniane, Nyneve etc. | Non está claro; unha fada da auga é mencionada por vez primeira como a nai adoptiva de Lancelot no libro Lancelot ou le Chevalier de la charrette de Chrétien de Troyes, (1170). | Moitos | Hai varios personaxes relacionados coa chamada Dona do Lago. Entre as súas obras inclúense dar a Artur a súa espada Excalibur, criar a Lancelot e as súas curmás como fillos adoptivos, enfeitizar a Merlín e levar ó rei moribundo a Avalon. |
Ector† | Hector, Antor, Ectorius | Lancelot-Graal, século XIII | The Once and Future King, Le Morte D'Arthur | Padrasto de Artur, a quen educa por orde de Merlín. Tamén é pai de Sir Kay. |
Edern ap Nudd | Edern, fillo de Nudd, Yder, Yver, Isdernus, Cabaleiro de Sparrowhawk | Culhwch ac Olwen, 1100 | Érec et Énide de Chrétien de Troyes (como Yder), Y Tair Rhamant, Breuddwyd Rhonabwy | Irmán de Gwyn ap Nudd, rival de Erec/Geraint. Orixinalmente un personaxe hostil, máis tarde un membro do séquito de Artur. |
Elaine de Astolat | Elaine a Branca, Elaine a Xusta, A dama de Shalott | Le Morte D'Arthur, 1470 | The Lady of Shalott | Filla de Bernard de Astolat. É unha figura clásica do amor non correspondido. |
Elaine de Bénoïc | Muller do Ban de Bénoïc, nai de Lancelot e irmá de Evaine. | |||
Elaine de Corbenic | Amite, Helaine ou Helizabel; "The Grail Maiden" | Perceval ou le Conte du Graal de Chrétien de Troyes, 1181 | The Once and Future King, Perceval le Gallois (1978) | Filla do Rei Pescador, nai de Galaaz por Lancelot. |
Elaine de Garlot | Filla de Gorlois e Igraine, irmá de Morgana e Morgause e medio-irmá do Rei Artur. Tamén é a muller do Rei Nentres. | |||
Elaine de Listenoise | Le Morte D'Arthur | Filla do Rei Pellinore e amante de Sir Miles. | ||
Elaine a Inigualable | Sobriña do Lord de Fens e muller de Persides. | |||
Eliwlod | Trioedd Ynys Prydein | Sobriño de Arthur, fillo de Madoc ap Uthyr e neto de Uther Pendragon. | ||
Elyan o Branco† | (francés: Helyan le Blanc) | Fillo de Bors e Claire e neto do Rei Brandegoris. Axuda a Lancelot a rescatar a Xenevra e exíliase xunto a el. | ||
Enide | Enid ou Enida | Érec et Énide de Chrétien de Troyes, 1170 | Idylls of the King, Y Tair Rhamant | Muller de Erec. |
Erec† | Personaxe non claro; primeiramente aparece en Érec et Énide de Chrétien de Troyes, 1170 | Ver Y Tair Rhamant | Cabaleiro da Táboa Redonda e fillo do Rei Lacand. | |
Esclabor† | Pai de Palamedes, Safir e Segwarides. | |||
Esclados | Yvain, o Cabaleiro do León de Chrétien de Troyes , 1170s | Defendeu unha fonte máxica na Fraga de Broceliande. Casado con Laudine. | ||
Evaine | Muller de Bors de Gaunes, nai de Bors o Xove e Lionel. Tamén é tía de Lancelot. | |||
Feirefiz† | Parzival de Wolfram von Eschenbach, século XIII | Medio-irmán de Perceval e sobriño do Rei Artur. | ||
Gaheris† | Le Morte D'Arthur | Fillo do Rei Lot, irmán de Gauvain, Agravain e Gareth. Tamén é medio-irmán de Mordred. | ||
Galaaz† | Lancelot-Graal, século XIII | Lancelot-Graal, Ciclo da Pos-Vulgata e Le Morte d'Arthur de Thomas Malory | Fillo bastardo de Lancelot e Elaine de Corbenic. | |
Galehault† | Galehalt, Galehaut | Lancelot-Graal, século XIII | Antigo inimigo de Artur que se fai amigo íntimo de Lancelot. | |
Galeschin† | Galeshin | Lancelot-Graal, século XIII | Fillo de Elaine de Garlot e do Rei Nentres. Tamén é sobriño de Artur. | |
Gareth† | Beaumains | Le Morte D'Arthur, Idylls of the King | Fillo do Rei Lot e Morgause. Amante de Lyonesse. | |
Gauvain† | (Latin: Walwanus, galés: Gwalchmai, irlandés: Balbhuaidh) | Culhwch ac Olwen, século XI | Conte du Graal, Lancelot-Graal, Tristán en prosa,Sir Gawain e o Cabaleiro Verde de Chretien de Troyes e Le Morte D'Arthur de Thomas Malory | Outro fillo do Rei Lot e Morgause, pai de Gingalain. |
Geraint† | Geraint e Enid | Amante de Enide. | ||
Gingalain† | Guinglain, Gingalin, Gliglois, Wigalois etc., tamén Le Bel Inconnu | Le Bel Inconnu | Fillo de Gauvain. | |
Glatisant a Besta | Beste Glatisant (A Besta que roxe) | Perlesvaus, c. 1210 | Perceval ou le Conte du Graal de Chrétien de Troyes, Ciclo da Pos-Vulgata Suite du Merlin, Tristán en prosa e Le Morte D'Arthur. | Unha estraña besta que se adoita asociar con Pellinore e Palamedes. |
Gorlois | (Galés antigo: Gwrlais) | Historia Regum Britanniae de Geoffrey de Monmouth | Primeiro marido de Igraine antes de que esta case con Uther Pendragon.Pai de Morgause e Morgana. | |
Gornemant | Érec et Énide de Chrétien de Troyes (1170) | Perceval ou le Conte du Graal de Chrétien de Troyes | Mentor de Perceval. | |
Griflet† | Girflet, Jaufre | Jaufré | O fillo de Do (ou Don), curmán de Lucan e Bedivere. | |
Gringolet | (galés: gwyn calet) | Érec et Énide de Chrétien de Troyes (1170) | Sir Gawain e o Cabaleiro Verde | Cabalo de Gauvain. |
Gwenhwyfach | Gwenhwyvach | Culhwch ac Olwen, século XI | Trioedd Ynys Prydein | Medio-irmá de Xenevra. |
Gwyn ap Nudd | Aparece por vez primeira en Culhwch ac Olwen, (1100). O personaxe é máis vello | Irmán de Edern ap Nudd, rival Gwythyr ap Greidawl e amante de Creiddylad. | ||
Héctor de Maris† | Ector de Maris | Quest du Saint Graal | Medio-irmán de Lancelot, fillo do Rei Ban de Bénoïc. Sir Bors e Sir Lionel son os seus curmáns. | |
Hengest | Hengist | Historia ecclesiastica gentis Anglorum de Beda (721) | Historia Regum Britanniae | Rei anglosaxón asasinado por Uther Pendragon. É irmán de Horsa. |
Hueil mab Caw | Huail | Culhwch ac Olwen, c 1110 | Vita Gildas, Trioedd Ynys Prydain | Un xefe e saqueador picto asasinado por Artur. Irmán de Gildas. |
Hoel† | (Galés:Howel, Hywel) | Breuddwyd Rhonabwy, Geraint e Enid | Fillo do Rei Budic de Bretaña e pai Tudwal. | |
Horsa | Historia ecclesiastica gentis Anglorum de Beda (721) | Crónica anglosaxoa | Irmán de Hengest. | |
Igraine | (Latin: Igerna)([[Lingua galesa|Galés:Eigyr) (francés: Igerne) Ás veces tamén aparece como Ygrayne ou Arnive. | Historia Regum Britanniae de Geoffrey of Monmouth (1136) | Vulgata Merlin | Nai do Rei Artur King Arthur a través dunha relación con Uther Pendragon. Nai de Morgause e Morgana co seu primeiro marido Gorlois. |
Iseu de Irlanda | Isolde, Yseult, Isode, Isoude, Isotta | Tristan and Iseult | Muller do rei Marco de Cornualla e amante adúltera de Tristán. | |
Iseu, raíña | Isolde, Yseult, Isode, Isoude, Isotta | Tristan and Iseult | Nai de Iseu de Irlanda. | |
Iseu a das Mans Brancas | Isolde, Yseult, Isode, Isoude, Isotta | Tristan and Iseult | Filla de Hoel, irmá de Kahedin e muller de Tristán. | |
Josephus de Arimatea | Josephe, Josephes | Lancelot-Graal, Tristán en prosa e Le Morte D'Arthur | Fillo de Xosé de Arimatea. | |
Kay† | (Galés: Cai, Latín: Caius) | Pa Gur yv y porthaur?, século X | Moitos | Fillo de Sir Héctor. |
Kahedin | Kahadin, Kahedrin, Kehenis, Kehidius; possibly the Welsh character Kae Hir | Roman de Tristan | Tristán en prosa e Le Morte D'Arthur | Irmán de Iseu, fillo do Rei Hoel. Tamén tivo un romance con Brangaine. |
Lamorak† | Tristán en prosa, (1235) | Lancelot-Graal | Fillo do Rei Pellinore, irmán de Tor, Aglovale, Perceval e Dindrane. Amante de Morgause. | |
Lancelot† | Lancelot du Lac, Lancelot do Lago, Launcelot | Érec et Énide de Chrétien de Troyes, (1170) | Lancelot ou le Chevalier de la charrette de Chrétien de Troyes, Lancelot-Graal e moitos outros | Fillo de Ban de Bénoïc e Elaine. Moi coñecido pola súa relación coa raíña Xenevra e por ser un dos Cabaleiros da Táboa Redonda máis destacados. |
Lanval† | Landevale, Launfal, Lambewell | Lanval de Marie de France, século XII | Sir Landevale, Sir Launfal, Sir Lambewell | Un cabaleiro da corte do Rei Artur que se namora dunha fada. |
Laudine | Dona da fonte | Yvain, o Cabaleiro do León de Chrétien de Troyes, (1170) | Y Tair Rhamant, Iwein | Muller de Sir Ywain. |
Leodegrance† | Leondegrance | Pai de Xenevra, rei de Cameliard no que hoxe é o suroeste de Inglaterra. | ||
Lionel† | Lancelot-Graal, século XIII | Fillo de Bors de Gaunes e irmán de Bors o Xove. | ||
Lohengrin | Loherangrin, Lorengel | Parzival de Wolfram von Eschenbach, século XIII | Parzival, Lohengrin (romance xermánico), Lorengel, Lohengrin de Richard Wagner | Un cabaleiro do Santo Graal e fillo de Perceval. |
Loholt | Llacheu, existen personaxes similares nas fontes galesas. | Trioedd Ynys Prydein (como Llacheu) | Perlesvaus, Lancelot-Graal (como Loholt) | Fillo ilexítimo de Artur. |
Lot | Loth | Historia Regum Britanniae de Geoffrey de Monmouth's, (1136) | Le Morte D'Arthur | Rei de Lothian, pai de Gauvain, Agravain, Gaheris e Gareth. |
Lucan† | Sir Lucan o mordomo | Le Morte D'Arthur | Servo do Rei Artur, irmán de Bedivere e curmán de Griflet. | |
Lucio Tiberio | Lucius Tiberius, Lucius Hiberius | Historia Regum Britanniae de Geoffrey de Monmouth, (1136) | Alliterative Morte Arthure, Le Morte D'Arthur | É un emperador romano ficticio e antagonista de Artur. |
Lunete | (Galés:Luned) (Francés: Lunete, Lunet) | Yvain, o Cabaleiro do León de Chrétien de Troyes, (1170) | Serva e conselleira de Laudine. | |
Lynette | Le Morte D'Arthur de Thomas Malory, (1470) | Idylls of the King de Alfred Tennyson | Busca axuda de Artur para rescatar á súa irmá Lyonesse; Artur envía a Gareth a quen ela reprende ata que proba o seu valor. | |
Lyonesse | Le Morte D'Arthur de Thomas Malory, (1470) | Idylls of the King de Alfred Tennyson | Irmá atrapada de Lynette. É rescatada por Gareth, con quen se casa posteriormente. | |
Mabon ap Modron | Culhwch ac Olwen, século XI | Trioedd Ynys Prydein | Fillo de Modron, secuestrado ó nacer e rescatado por Culhwch. | |
Madoc | Madawg | Llyfr Taliesin | Englynion y Beddau | Fillo de Uther Pendragon, irmán de Artur e pai de Eliwlod. |
Maleagant† | Malagant, Meleagant quizais Melwas | Non está claro, un personaxe similar chamado "Melwas" aparece no século XII EN Vida de Gildas | Lancelot-Graal, Ciclo da Pos-Vulgata, Le Morte D'Arthur de Thomas Malory. | Secuestrador de Xenevra. |
Manawydan | Ás veces Manawyddan | The Mabinogion (primeira aparición), Pa Gur yv y Porthaur (século X) | Culhwch ac Olwen (1100) | Orixinalmente un Deus británico; apareceu como un cabaleiro do Rei Artur en Culhwch ac Olwen. |
Marco de Cornualla | (Latín: Marcus Cunomorus)(Córnico: Margh) (Galés:March) | Posiblemente baseado nunha figura histórica do século VI | Ciclo da Pos-Vulgata, Tristán en prosa, Le Morte D'Arthur, Palamedes | Tío de Tristán e marido de Iseu |
Meirchion | Tristán e Iseu | Pai do rei Marco | ||
Melehan | Historia Regum Britanniae de Geoffrey of Monmouth, (1136) | Fillo máis vello de Mordred. | ||
Meliodas | Meliadus | Tristán en prosa | Le Morte D'Arthur | Pai de Tristán |
Menw | Culhwch ac Olwen (1100) | Trioedd Ynys Prydein | Feiticeiro membro do séquito de Artur. | |
Merlín | (Galés: Myrddin), Myrddin Emrys, Merlin Ambrosius | É nomeado por vez primerira en Historia Regum Britanniae de Geoffrey de Monmouth, (1136), mais deriva nos primeiros contos galeses. | Moitos | Meigo e guía do Artur. |
Modron | Nomeada como a nai Mabon ap Modron en Culhwch ac Olwen e nos Trioedd Ynys Prydein | Trioedd Ynys Prydein | Nai de Mabon ap Modron. Noutros contos aparece como a nai de Owain mab Urien (Ywain) e Morvydd con Urien como pai. | |
Mordred† | Modred (Galés:Medrawd, Latín: Medraut) | Annales Cambriae, (970) | Moitos | Segundo algunhas fontes, é o fillo ilexítimo que tivo Artur con Morgause. Mata e é matado por Artur. |
Morgana | Morgaine, Morgain, Morgan Le Fay, Bellicent | Non está claro; é nomeada por vez priemeira como Morgan Vita Merlini de Geoffrey de Monmouth, (1150). | Moitos | Feiticeira, medio-irmá e ás veces antagonista de Artur. |
Morgause | Anna | Historia Regum Britanniae de Geoffrey de Monmouth, (1136) | Media-irmá de Artur, muller do Rei Lot, nai de Gauvain, Agravain, Gaheris, Gareth e Mordred. | |
Morgan Tud | Geraint ac Enid | Xefe médico da corte de Artur. | ||
Morholt† | Marhalt, Morold, Marhaus | Poemas de Tristán por Béroul e Tomé de Bretaña, (século XII) | Poemas de Tristán por Béroul e Tomé de Bretaña, Eilhart von Oberge, Gottfried von Strassburg, Tristán en prosa, Ciclo da Pos-Vulgata, Le Morte D'Arthur de Thomas Malory. | Cabaleiro irlandés, rival de Tristán, tío de Iseu. |
Morien† | Moriaen | Romance neerlandés Morien, (século XIII). | Medio-mourisco. Fillo de Aglovale | |
Morfudd | Morfydd, Morvydd | Trioedd Ynys Prydein, Culhwch ac Olwen | Irmá xemelga de Owain mab Urien. | |
Nimue | véxase Dona do Lago | |||
Oberón | Auberon, Rei das Sombras e das Fadas | Rei das Fadas e ás veces identificado como o fillo de Morgana. | ||
Olwen | Culhwch ac Olwen, (século XII) | Filla de Ysbaddaden, amante de Culhwch. | ||
Orgeluse | Arrogante doncela de Logres | Perceval ou le Conte du Graal de Chrétien de Troyes, (1181) | Muller de Gauvain. | |
Owain mab Urien† | (véxase Ywain) | Figura histórica | Y Tair Rhamant | Fillo de Urien. |
Palamedes† | Palamede, Palomides | Tristán en prosa, (1230), Le Morte D'Arthur de Thomas Malory. | The Once and Future King de T.H. White | Cabaleiro sarraceno da Táboa Redonda. |
Parcenet | The Story of King Arthur and His Knights | Unha empregada da corte da raíña Ettarre que axuda Pelleas. | ||
Pellam | Rei Pellam de Listeneise, Pellehan | véxase Rei Pescador. | ||
Pelleas† | Pellias | Ciclo da Pos-Vulgata, (1230) | Le Morte D'Arthur de Thomas Malory e Idylls of the King de Alfred Tennyson | Un cabaleiro da Táboa Redonda namorado de Ettarre e posteriormente amante de Nimue. |
Pelles | véxase Rei Pescador. | |||
Pellinore† | Lancelot-Graal, Ciclo da Pos-Vulgata, Le Morte D'Arthur de Thomas Malory e The Once and Future King de Thomas Malory. | Rei de Listenoise e amigo de Artur. | ||
Perceval† | (Galés: Peredur) Perceval, Parzifal | Como Perceval aparece en Érec et Énide de Chrétien de Troyes, (1170) | Perceval ou le Conte du Graal, Lancelot-Graal e moitos outros | Buscador do Santo Graal e fillo do Rei Pellinore nalgúns relatos. |
Rei Pescador | O Rei Ferido, Pelles, Pelias | Perceval ou le Conte du Graal de Chrétien de Troyes, (1181) | Lancelot-Graal (1220), Tritán en prosa, (1230) | Gardián do Santo Graal. |
Rience | Ritho, Ryence, Ryons e Rion | Historia Regum Britanniae de Geoffrey de Monmouth, (1136) | Lancelot-Graal, Ciclo da Pos-Vulgata e Le Morte D'Arthur | Rei vencido polo Rei Artur. |
Safir† | Le Morte D'Arthur, Tristán en prosa | Fillo de Esclabor, irmán de Segwarides e Palamedes | ||
Sagramore† | Sagramor | Lancelot-Graal, Ciclo da Pos-Vulgata, Le Morte D'Arthur e Tristán en prosa. | Cabaleiro ubicuo da Táboa Redonda. Orixes e historias diversas se aplican para el. | |
Segwarides† | Le Morte D'Arthur, Tristán en prosa | Fillo de Esclabor, irmán de Safir e Palamedes | ||
Taliesin | Figura histórica | Trioedd Ynys Prydein, Story of Taliesin, Idylls of the King de Alfred Tennyson. | Bardo do Rei Artur. O mellor poeta galés coñecido. | |
Tom a'Lincoln† | O cabaleiro da Rosa Vermella | Aparece en Tom a Lincoln parte 1 de Richard Johnson, (1599); posiblemento tamén en Farewell to Folly de Robert Greene, (1591). | Fillo do Rei Artur con Angelica. | |
Tom Thumb | The Discoverie of Witchcraft de Reginald Scot | The History of Tom Thumb, Tom Thumb de Henry Fielding e The Tragedy of Tragedies. | Unha pequena creación de Merlín. Posteriormente chega a ser o anano da corte do Rei Artur e cabaleiro honorario. | |
Tor† | Le Morte D'Arthur | Fillo do Rei Ars e adoptado por Pellinore. | ||
Tristán† | (Latín/Britónico: Drustanus; Galés: Drystan; Portugués: Tristão; Castelán: Tristán. Tamén se coñece como Tristran, Tristram etc.) | Roman de Tristan de Beroul | Roman de Tristan, Folies Tristans, Chevrefeuil, Eilhart von Oberge, Gottfried von Strassburg, Tristán en prosa, Ciclo da Pos-Vulgata e Le Morte D'Arthur. | Amante de Iseu. |
Urien† | Uriens | Figura histórica | Trioedd Ynys Prydein | Pai Ywain (Owain mab Urien), marido de Morgana. |
Uther Pendragon | (Francés: Uter Pendragon; Galés: Wthyr Bendragon, Uthr Bendragon, Uthyr Pendraeg) | Pa Gur yv y Porthaur?, (século X) | Historia Regum Britanniae de Geoffrey de Monmouth, (1136) e Trioedd Ynys Prydein | Pai de Artur. |
Vortigern | (Latín: Urtigernus), Guorthigirn, Vortiger, Vortigen, Gwrtheyrn | Probablemente sexa unha figura histórica. A súa primeira mención dáse en Historia ecclesiastica gentis Anglorum de Beda, (721). | Rei de Bretaña cuxas decisións axudarón á invasión anglosaxoa de Inglaterra. | |
Vortimer | Historia Brittonum, (820) | Fillo de Vortigern. | ||
Ysbaddaden | Culhwch ac Olwen, (século XI). | Un xigante e antagonista no relato Culhwch ac Olwen. | ||
Xenevra | (galés: Gwenhwyfar), (latín: Guanhumara) | Culhwch ac Olwen, século XI | Moitos | Esposa do Artur, famosa polo seu romance con Lancelot. |
Xosé de Arimatea | Personaxe bíblico. A súa primeira conexión co Rei Artur foi no libro Joseph d'Arimathie de Robert de Boron (século XII). | Primeiro posuidor do Santo Graal segundo as lendas artúricas. | ||
Ywain† | (Galés: Owain mab Urien) Yvain, Ewain ou Uwain | Baseado na figura histórica de Owain mab Urien | Historia Brittonum, Yvain, o Cabaleiro do León | Fillo de Urien e irmán de Morfudd. |
Ywain o Bastardo† | Ywain o Aventureiro | Fillo ilexítimo de Urien coa muller do senescal do rei. Morreaccidentalmente a mans de Gauvain. |