Lion Air
Lion Air | ||
---|---|---|
IATA JT | OACI LNI | Indicativo LION INTER |
Fundación | 19 de outubro de 1999 | |
Inicio das operacións | 30 de xuño de 2000 | |
Plan de voo frecuente | Lion Passport | |
Subsidiarias | Batik Air Wings Air Lion Bizjet Malindo Air Thai Lion Air | |
Frota | 111 | |
Destinos | 126 | |
Holding | Lion Air Group | |
Eslogan da compañía | We make people fly | |
Sede | Iacarta | |
Páxina web: http://lionair.co.id/ |
PT Lion Mentari Airlines, operando como Lion Air, é unha aeroliña de baixo custo indonesia. Baseada en Iacarta, Lion Air é a aeroliña privada máis grande do país e a segunda low-cost máis grande do sueste asiático. A compañía opera rutas domésticas e internacionais, conectando distintos destinos de Indonesia con Singapur, Filipinas, Malaisia, Tailandia, Australia, India e Arabia Saudita,[1] ademais de realizar voos chárter a China, Hong Kong, Corea do Sur e Macau, con máis de 630 voos por día.[2]
Creada en 1999, Lion Air tivo un gran crecemento nos últimos anos, mercando ao redor de 100 avións e cuns 250 pedidos. A aeroliña foi criticada por unha mala xestión operativa e áreas como programación e seguridade, aínda que se tomaron medidas para mellorar ese segundo aspecto. O 16 de xuño de 2016 a Unión Europea levantou a prohibición sobre a aeroliña para voar no espazo aéreo europeo.[3]
Frota
[editar | editar a fonte]En abril de 2018 a frota de Lion Air estaba formada polos seguintes avións:[4]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas |
---|---|---|---|---|
Airbus A330-300 | 3 | — | 440 | |
Boeing 737-800 | 34 | 3 | 189 | |
Boeing 737-900ER | 66 | 3 | 213 | Os máis antigos van ser substituídos por Boeing 737 MAX. |
Boeing 737 MAX 8 | 8 | 193 | 180 | Os pedidos son tanto do MAX 8 como do 9. Cliente de lanzamento do MAX 9. |
Boeing 737 MAX 9 | — | TBA | ||
Boeing 737 MAX 10 | — | 50[5] | TBA | |
Total | 111 | 249 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Airbus-Boeing battle shifts to Indonesia". Inquirer.net (en inglés). 24/3/2013.
- ↑ "Lion Air runs charter flights from Batam to Busan, Incheon". The Jakarta Post. 1/1/2018.
- ↑ "EU Lifts IranAir, Indonesia's Lion Air from Safety Blacklist". Jakarta Globe (en inglés). 16 de xuño de 2016.
- ↑ "Lion Air Fleet Details and History". Planespotters.net (en inglés). Consultado o 11/2/2018.
- ↑ "Lion Air Group Order 50 Units Boeing 737 MAX 10". Lion Air. 31/7/2017. Arquivado dende o orixinal o 10/05/2018. Consultado o 11/05/2018.