Saltar ao contido

Lingua o'odham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O'odham
O'odham
Outros nomes:Pima, pápago
Falado en: Estados Unidos de América Estados Unidos
México
Rexións: Arizona, Sonora
Total de falantes: 9 600 nos Estados Unidos (2000); 161 en México (2010)[1]
Posición: Non entre as 100 maiores
Familia: Linguas uto-aztecas
 Uto-aztecas meridionais
  Linguas tepimanas
   O'odham
Status oficial
Lingua oficial de: En México ten recoñecemento como lingua nacional.[2]
Códigos de lingua
ISO 639-1: non ten
ISO 639-2: non ten
ISO 639-3: ood
Mapa
Status

O o'odham está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[3]

O o'odham (como se lle chama comunmente a dous pobos indíxenas cuxos dialectos son practicamente idénticos: os pápagos e os pimas) é unha lingua uto-azteca falada por indíxenas do estado de Arizona, nos Estados Unidos, e Sonora, en México. Posúe uns doce mil falantes en territorio estadounidense e unhas cantas centenas no territorio mexicano, onde está considerada unha lingua en perigo de extinción. Segundo o Censo do 2000 dos Estados Unidos e outras enquisas lingüísticas, o o'odham é a sexta lingua indíxena con maior número de falantes, despois do navajo, o dakota, o iupik, o cherokee e o apache occidental.

O'odham ñiok (escrito tamén O'odham ñeok) é a designación nativa desta lingua, onde ñiok é a palabra que designa lingua ou fala, mentres que o'odham é o autónimo co que se chaman a si mesmos.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Segundo o Ethnologue a clasificación do ohodham é:

Status oficial

[editar | editar a fonte]

Esta lingua, canda todas as linguas indíxenas de México e o español foron recoñecidas como "linguas nacionais" debido á Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas promulgada e publicada no ano 2003.[2]

Fonoloxía

[editar | editar a fonte]

O pima ten cinco vogais, distinguindo ademais entre vogais longas e breves.[4]

Anterior Central Posterior
Pechada i ɨ u
Media o
Aberta a

Consoantes

[editar | editar a fonte]

O inventario de consoantes do o'odham inclúe:[4]

Labial Alveolar postalv.
palatal
Velar Glotal
oclusiva xorda p t k ʔ
oclusiva sonora b d ʒ g
africada
fricativa v s ʃ h
líquida l
nasal m n ɲ
semiconsoante w j
  1. INALI (2010). INALI, ed. "Lenguas indígenas en México y hablantes (de 5 años y más) al 2010" (en castelán). México. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 23 de outubro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 Honorable Congreso de la Unión (13 de marzo de 2003). "Ley General de Derechos Lingüísticos de los Pueblos Indígenas" (PDF). Diario Oficial de la Federación (en castelán) (México). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xuño de 2008. Consultado o 23 de outubro de 2014. 
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  4. 4,0 4,1 Saxon, Dean (1982). "Papago" (PDF). En Langacker, Ronald W. Studies in Uto-Aztecan Grammar. Publications in Linguistics; 56 (en inglés). 3. Uto-Aztecan Grammatical Sketches. Summer Institute of Linguistics e University of Texas at Arlington. pp. 93–266. ISBN 0-88312-072-0. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 6 de xuño de 2011. Consultado o 11 de xullo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]