Saltar ao contido

Limexílidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Limexílidos
Rango fósil: Aptiano-Recente

Lymexylon navale
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Cucujiformia
Superfamilia: Lymexyloidea
Familia: Lymexylidae
Fleming, 1821
Adulto de Lymexylon navale

Os limexílidos (Lymexylidae), pronunciado /ks/ (de xylon, 'madeira'), historicamente escrito con frecuencia Lymexylonidae, son unha familia de escarvaellos polifagos perforadores da madeira. Lymexylidae é o único membro da superfamilia Lymexyloidea.

Hábitat e comportamento

[editar | editar a fonte]
Exemplo dunha árbore infestada

Lymexylon, Elateroides e Melittomma son pragas das árbores forestais como os castiñeiros, chopos e carballos e poden encontrarse por todo o mundo. Algunhas especies son parasitas, causando a descomposición en árbores vivas e danos en estruturas de madeira como as de casas e barcos. As actividades de perforación da madeira ocorren esencialmente na fase de larva, as cales poden danar tanto as madeiras duras coma as brandas. As larvas de Lymexylidae perforan madeira viva e en descomposición (por exemplo castiñeiros, Populus e carballos) onde come os fungos Endomyces hylecoeti.[1]

Relacións simbióticas cos fungos

[editar | editar a fonte]

As larvas Lymexylidae teñen unha asociación simbiótica con certos tipos de fungos. Os fungos crecen en ambientes protexidos onde son coidados polas larvas, como en buracos escavados na madeira e, en recompensa, as larvas aliméntanse dos fungos.[2]

Elateroides dermestoides pon ovos en buracos que perforan outros escaravellos da madeira ou nun tronco caído

Neste grupo a simbiose realízase co fungo de tipo lévedo Endomyces hylecoeti. Cada ovo que pon a femia está cuberto con esporas do fungo procedentes dunha bolsa que teñen preto do seu ovopositor. As larvas eclosionan e seguidamente recollen algunhas das esporas ao permaneceren preto das cascas dos ovos durante un certo período de tempo, antes de facer máis túneles na madeira. Os fungos crecen nas paredes dos túneles creados polas larvas. As larvas despois comen o fungo, en lugar da madeira. Como os fungos precisan un fluxo de aire para crecer, as larvas aseguran que os túneles non están entupidos nin teñen residuos.[3]

Especies e xéneros

[editar | editar a fonte]

Lymexylidae contén os seguintes xéneros:[4]

Hai unhas 60 especies nestes xéneros, tres exemplos son:

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

Morfoloxía do adulto:

  • Lonxitude de 5–40 mm; alongado ou delgado, de lados paralelos, con finas setas; con pescozo claro ou sen pescozo; con algo de cintura.
  • Cabeza curta, caracteristicamente estretada detrás dos grandes ollos que sobresaen formando un lixeiro pescozo; superficie punteada (con pequenos buratos), con ou sen pozo epicranial.
  • Antenas curtas de 11 segmentos, filiformes/serradas e a miúdo sexualmente dimórfica.
  • Palpos maxilares de 4 segmentos, simples na maioría das femias e cun segmento apical modificado nun complexo órgano flabelado ou plumoso en machos, o palpórgano.
  • Tarsos coa fórmula 5-5-5, con patas delgadas, moderadamente longos.
  • Coxas das patas traseiras que se estenden lateralmente ata encontrarse cos élitros (en Lymexylon), ou non marcadamente estendidos lateralmente (en Elateroides).
  • Cada un dos élitros vaise estreitando cara aos seus ápices nalgunhas especies e noutras non se van estreitando individualmente; bastante curtos, deixando expostos varios terxitos terminais abdominais (1-3); todos articulados e móbiles.
  • Ás con venación bastante completa, cela radial curta ou ausente.

Morfoloxía inmatura:

  • De cor amarela abrancazada, alongados, delgados, cilíndricos con patas curtas pero ben desenvolvidas.
  • Prognatos, ollos simples de tipo stemma ausentes ou presentes e poden ter manchas oculares.
  • Nas larvas vellas atópanse modificacións abdominais.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

A superfamilia Lymexyloidea está actualmente situada na infraorde ou serie Cucujoidea. A filoxenia interna do grupo non se comprende claramente. Os datos morfolóxicos sitúan a familia dentro de Tenebrionoidea, mentres que os datos moleculares indican que habería que situala como taxon irmán de Tenebrionoidea, e sería polifilética.

  1. Caroline S. Chaboo (2015). Beetles (Coleoptera) of Peru: A Survey of the Families. Lymexylidae Fleming, 1821. Journal of the Kansas Entomological Society 88. pp. 258–259. doi:10.2317/kent-88-02-258-259.1. 
  2. Casari, Sônia A.; Teixeira, Édson Possidônio (2011). "Larva of Atractocerus brasiliensis (Lepeletier & Audinet-Serville, 1825) (Lymexylidae, Atractocerinae)". Papéis Avulsos de Zoologia (São Paulo) 51 (12): 197–205. ISSN 0031-1049. doi:10.1590/S0031-10492011001200001. 
  3. Ross Piper (2007). Extraordinary Animals: An Encyclopedia of Curious and Unusual Animals. Greenwood Press. 
  4. Lymexylidae Species List at Joel Hallan's Biology Catalog. Texas A&M University. Consultado do 17 de maio de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Arnett, Ross H., et al., eds. American Beetles: Polyphaga: Scarabaeoidea through Curculionoidea. Vol. 2. CRC Press, 2002: 261-262. EBSCO printed on Sept. 21,2013.
  • Casari, S.A. and Albertoni, F.F., (2013). First Instar Larva of Atractocerus brasiliensis (Lepeletier & Audinet-Serville, 1825) (Lymexylidae, Atractocerinae). Volume 53(27): 359‑372.
  • Kundrata, R., Bocakova, M., & Bocak, L. (2014). The comprehensive phylogeny of the superfamily Elateroidea (Coleoptera: Elateriformia). Molecular Phylogenetics and Evolution, 76, 162-171.
  • Triplehorn, Charles A., Norman F. Johnson, and Donald J. Borror. Borror and DeLong's Introduction to the Study of Insects. Belmont, CA: Thompson Brooks/Cole, 2005.
  • Wheeler, Q. D. (1986). Revision of the genera of Lymexylidae (Coleoptera: Cucujiformia). Bulletin of the American Museum of Natural History, 183:113-210.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]