Saltar ao contido

Lhotse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaLhotse
(bo) ལྷོ་རྩེ
(ne) ल्होत्से
(zh-hant) 洛子峰
(zh-hans) 洛子峰 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Parte deHimalaia Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaParque nacional de Sagarmatha Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
División administrativaSagarmatha, Nepal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 27°57′42″N 86°56′00″L / 27.9617, 86.9333
CordilleiraMahalangur Himal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude8.516 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica610 m Editar o valor en Wikidata
Illamento topográfico2,66 km Editar o valor en Wikidata
Clasificación dos cumesOitomil Editar o valor en Wikidata
Historia
Cronoloxía
18 de maio de 1956 primeira ascensión, ⇒ Ernst Reiss, Fritz Luchsinger Editar o valor en Wikidata

O Lhotse, (en nepalés: ल्होत्से, en tibetano: ལྷོ་རྩེ) con 8516 metros (8501 na medición antiga) é a cuarta montaña máis alta da Terra. Sitúase na cadea do Himalaia, na fronteira entre Nepal e o Tíbet, moi preto do Everest. Esta proximidade ao Everest ten feito que fose ignorada por moitos montañeiros. O macizo conta con varias cimas secundarias que superan os oito mil metros, así: o Lhotse do medio (sito ao leste) con 8414 m e o Lhotse Shar, con 8383 m.

O Lhotse é o cume E-1 dos servizos cartográficos da India, xa que segundo se di, era unha montaña que carecía dun nome local, ora en tibetano, ora fose en nepalés. Durante o mes de agosto de 1921, nun recoñecemento no Everest, a cargo de Howard Bury, ao non atopar unha designación local, púxolle de nome: Lhotse, que en tibetano quere dicir pico sur, en referencia a que a cima se sitúa ao sur do Everest.

Ascensión

[editar | editar a fonte]

En 1956 a expedición suíza dirixida por Albert Eggler e formada por Wolfgang Diel, Hans Grimm, Hansrudolf Von Gunten, Eduard Leuthold, Fritz Luchsinher, Jürg Marmet, Fritz Müller, Ernest Reiss, Adolf Reist e Ernst Schmied, ademais de 22 sherpas, ás ordes de Pasang Dawa Lama achegáronse para tentar conquistar o cume do Lhotse. O 18 de maio Fritz Luchsinger e Ernst Reiss lograron o obxectivo.