Leo McCarey
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Thomas Leo McCarey 3 de outubro de 1898 Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Morte | 5 de xullo de 1969 (70 anos) Santa Monica, Estados Unidos de América |
Causa da morte | Enfisema pulmonar |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Holy Cross |
Educación | Universidade do Sur de California USC Gould School of Law (en) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, realizador, produtor de cinema, guionista, produtor |
Partido político | Partido Republicano |
Membro de | |
Premios | |
| |
|
Thomas Leo McCarey, nado nos Ánxeles (California) o 3 de outubro de 1898 e finado a poucos quilómetros de alí, en Santa Monica o 5 de xullo de 1969, foi un director de cinema, guionista e produtor estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira no cinema como axudante do director Tod Browning nos anos vinte. Durante toda a década escribiu multitude de guións e dirixiu algunhas curtametraxes. Nos anos seguintes xa dirixiu filmes longos, con algunhas das maiores estrelas do momento, como os Irmáns Marx, Mae West ou Harold Lloyd. Gañou en dúas ocasións o oscar ao mellor director, por The Awful Truth e Going My Way.
Obra
[editar | editar a fonte]McCarey dirixiu ao longo da súa carreira unhas duascentas películas, entre elas:
- Duck Soup (1933)
- Ruggles of Red Gap (1935)
- The Milky Way (1936)
- The Awful Truth (1937)
- Love Affair (1939)
- Going My Way (1944)
- The Bells of St. Mary’s (1945)
- Un inolvidable amor (1957)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Leo McCarey na IMDb (en inglés).