Leite Celta
Leite Celta | |
---|---|
Leite Celta, Andrade, Pontedeume | |
Tipo | Sociedade Limitada Unipersoal |
Fundación | 1989 |
Matriz | Lactogal Produtos Alimentares, S.A |
Localización | A Regueira (Andrade), s/n Pontedeume 15614 A Coruña |
Persoas clave | J. Marchal (presidente) |
Industria | Leiteira |
Produtos | Leite envasado Batidos Leite con zumes |
Beneficio | 240 912 961 € (en 2016)[1] |
Número de empregados | 289 (en 2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Leite Celta é unha empresa de orixe galega de envasamento de leite, lácteos bebibles e derivados (leite con zumes) con sede en Andrade, Pontedeume, e fábricas en Lugo, Ávila e Cantabria. Leite Celta foi fundada en 1989. Situouse dende un principio como unha empresa do sector pero con sinais de identidade propios. As empresas do sector de envasamento de leite estaban a empregar a nova tecnoloxía da empresa Tetra (o Tetra Brik), vendendo leite UHT. Leite Celta entrou no sector da man doutra empresa competidora de Tetra. Esta empresa achegou unha novidade que lle permitiu a Leite Celta diferenciarse no mercado; o envase de brik de 2 litros. Durante anos foi a única empresa que ofertou este formato, máis económico de fabricar. A empresa cambiou de donos varias veces estes anos e diversificou a súa produción a derivados lácteos, leite con zumes ou leite sen lactosa.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1989, Dean Foods mercou Leite Celta por 84 millóns de euros.[2]
En 2006, a portuguesa Lactogal comprou a empresa estadounidense Dean Foods Leite Celta e as súas fábricas en España e Portugal por 50 millóns de euros.[3][4]
En 2007, Leite Celta levou aos tribunais europeos a empresa francesa Celia por similitude de marca en leite e outros alimentos.[5]
En 2008, catro mil gandeiros ocuparon a fábrica de Leite Celta en Pontedeume en protesta polos baixos prezos do leite.[6]
En 2011, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou a licenza de obra concedida en 2006 polo Concello de Pontedeume a Leite Celta e ordenou a demolición da planta de coxeración construída en chan rústico.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Leche Celta Sl
- ↑ Leche Celta garantiza que su sede social se mantendrá en Pontedeume Arquivado 12/03/2016, en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 5 de abril de 2004 (en castelán).
- ↑ La portuguesa Lactogal compra Leche Celta, El País, 10 de agosto de 2006 (en castelán).
- ↑ La huida del rodaballo deja tocada a Galicia, El Mundo, 2007 (en castelán).
- ↑ Leche Celta reclama a un tribunal europeo que impida el uso de la marca francesa Celia, La Voz de Galicia, 12 de maio de 2007 (en castelán).
- ↑ 4.000 ganaderos asaltan la fábrica de Leche Celta en Pontedeume, El País, 14 de marzo de 2008 (en castelán).
- ↑ O Superior ordena demoler a planta de cogeneración [sic] de Leite Celta antes de xullo, La Opinión, 27 de maio de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web da empresa Arquivado 16 de abril de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)