La Propaganda (Vigo)
La Propaganda | |
---|---|
Fundación | 1881 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Vigo |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Propaganda foi un semanario publicado en Vigo entre 1881 e 1885.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Revista semanal consagrada a la defensa e ilustración de la clase obrera, apareceu o 31 de xullo de 1881. Saía á rúa todos os domingos. Publicación federalista de marcado carácter obreirista fundada por Ricardo Mella. Os seus redactores foron Ángel Bernárdez Rodríguez, Federico Rodríguez Arosa e Joaquín Nogueira Alonso. Fíxose popular entre o proletariado pola súa crítica ao sistema de cotas e redencións en metálico que regulamentaban o servizo militar, e pola súa defensa da participación política da clase obreira. Foi presentado no congreso sindical de Barcelona onde se fundou a Federación de Trabajadores de la Región Española, dando un xiro do republicanismo socialista ao anarquismo. En 1883 cambiou o seu subtítulo por Semanario social. Eco de la clase trabajadora.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Propaganda, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Álvarez Blázquez, José Mª (1980). "La prensa periódica viguesa en el siglo XIX". Vigo en su historia (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 528–529. ISBN 84-7231-494-4.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. p. 233. ISBN 84-7492-489-8.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La Propaganda, Vigo, 1881-1883 en Internet Archive.
- Durán, José Antonio (2011). "Los 150 años de Ricardo Mella" La Cueva de Zaratustra (en castelán).