Konstantinos Demertzis
Konstantinos Demertzis (en grego: Κωνσταντίνος Δεμερτζής) foi un político grego nado en 1876 en Atenas. Foi primeiro ministro de Grecia de novembro de 1935 a abril de 1936.
Comezos
[editar | editar a fonte]Demertzis estudou dereito e exerceu como profesor de leis.[1]
Goberno
[editar | editar a fonte]Sucedeu ao xeneral Georgios Kondilis, quen esmagara o intento de golpe de estado republicano dos venicelistas en 1935 e participara máis tarde no golpe de estado monárquico de outubro de 1935; en novembro de 1935.[1] O rei despediu a Kondylis cando este se opuxo á amnistía aos republicanos.[2]
Desde marzo de 1936 tivo como ministro de Defensa e viceprimeiro ministro o militar e político Ioannis Metaxas, quen máis tarde formaría unha ditadura real en agosto de 1936.[1]
Demertzis morreu durante o seu mandato, dun Infarto agudo de miocardio, o 13 de abril de 1936.[3] Sucedeulle inmediatamente Metaxas á fronte do goberno, co beneplácito real.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Vatikiotis (1998), p. 150
- ↑ Vatikiotis (1998), p. 143
- ↑ 3,0 3,1 Vatikiotis (1998), p. 151
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vatikiotis, P. J. (1998). Popular autocracy in Greece, 1936-41: a political biography of general Ioannis Metaxas (en inglés). Frank Cass. p. 223. ISBN 9780714644455.