Kon Ichikawa
Kon Ichikawa (en xaponés: 市川 崑, Ichikawa Kon), nado en Ise, Mie, o 20 de novembro de 1915 e finado en Toquio o 13 de febreiro de 2008, foi un director de cinema xaponés. A súa obra abrangue un amplo rango de estilos, dende filmes antibélicos a documentais.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Ichikawa naceu en Ise, na prefectura de Mie, como Giichi Ichikawa (市 川 儀 一).[1] O seu pai morreu cando tiña catro anos e a tenda de quimonos da familia crebou, polo que foi vivir coa súa irmá.[1] Un tío deulle o nome de "Kon" que pensaba que os caracteres do kanji 崑 significaban boa sorte, porque as dúas metades do carácter chinés teñen o mesmo aspecto cando se divide pola metade verticalmente.[1] De neno encantáballe debuxar e a súa ambición era converterse en artista.[1] Tamén lle gustaba o cinema e era fan do "chambara" ou cinema de samurais.[1] Na adolescencia quedou fascinado polas "Silly Symphonies" de Walt Disney e decidiu converterse en animador.[1] Asistiu a unha escola técnica en Osaka e ao graduarse, en 1933, atopou un traballo no departamento de animación dun estudio de cinema local, J.O Studio. Décadas despois, díxolle ao escritor estadounidense sobre cinema Xaponés Donald Richie: "Sigo sendo debuxante e creo que a maior influencia nos meus filmes (ademais de Chaplin, especialmente The Gold Rush) é probablemente Disney".[2]
Trasladouse ao departamento de longametraxes como axudante de dirección cando a compañía pechou o seu departamento de animación,[1] traballando baixo directores como Yutaka Abe e Nobuo Aoyagi.
A principios dos anos corenta, J.O Studio fusionouse con P.C.L. e Toho Film Distribution para formar a Toho Film Company. Ichikawa mudouse a Toquio. O seu primeiro filme foi unha curta de monicreques, Musume Dojoji (1946),[3] que foi confiscada polas autoridades de ocupación dos Estados Unidos co pretexto de que era demasiado "feudal", aínda que algunhas fontes suxiren que o guión non fora aprobado polas autoridades ocupantes. Perdido durante moitos anos, consérvase na Cinémathèque Française.
Foi en Toho onde coñeceu a Natto Wada, nada como Yumiko Mogi en Himeji en 1920. Wada era tradutora en Toho. Acordaron casar algún tempo despois de que Ichikawa completase o seu primeiro filme como director. Ambos viñan de matrimonios fracasados. Ela licenciouse en literatura inglesa pola Tokyo Woman's Christian University. Casou con Kon Ichikawa o 10 de abril de 1948 e morreu o 18 de febreiro de 1983 dun cancro de mama.[4]
1950-1965
[editar | editar a fonte]Foi despois do matrimonio de Ichikawa con Wada cando os dous comezaron a colaborar, primeiro en Ningen moyo e Hateshinaki jonetsu en 1949. O período 1950–1965 denomínase a miúdo como o período Natto Wada de Ichikawa. É o período que contén a maioría das obras máis respectadas de Ichikawa, como a Tōkyō Orinpikku, polo que foi galardoado co Diploma Olímpico ao Mérito,[5] así como o Premio das Nacións Unidas BAFTA e o Premio Robert Flaherty (agora coñecido como premio BAFTA ao mellor documental).[6] Tamén durante este período Wada escribiu 34 guións, a maioría dos cales foron adaptacións.
Obtivo o recoñecemento occidental durante a década de 1950 e 1960 con dous filmes contra a guerra, Biruma no tategoto e Nobi, e a formidable peza de época Yukinojo henge sobre un actor de kabuki.
Entre as súas moitas adaptacións literarias atopánse Kagi de Jun'ichirō Tanizaki, Kokoro e Wagahai wa neko de aru de Natsume Sōseki, e Enjo, de Yukio Mishima, en que un sacerdote queima o seu templo para salvalo da contaminación espiritual. Kagi participou no Festival de Cannes de 1960 e gañou o premio do xurado con L'Avventura de Antonioni.[7]
Dende 1965
[editar | editar a fonte]Despois de Tōkyō Orinpikku, Wada retirouse como guionista, o que marcou un cambio significativo nos filmes de Ichikawa a partir dese momento. En canto á súa xubilación, dixo: "Non lle gusta a nova gramática cinematográfica, o método de presentación do material; di que xa non hai corazón, que a xente xa non se toma en serio o amor humano".[8]
O seu último filme, Inugami-ke no ichizoku (2006), un remake do seu propio filme de 1976, entrou no 29.º Festival Internacional de Cine de Moscova.[9]
Tamén en 2006, Ichikawa foi obxecto dun documental de longa duración, Ichikawa Kon Monogatari, dirixido por Shunji Iwai.
Ichikawa morreu de pneumonía o 13 de febreiro de 2008 nun hospital de Tokio. Tiña 92 anos.[10]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Yowamushi Chinsengumi (1935) - curtametraxe
- Musume Dôjôji (1946) - curtametraxe
- Toho senichi-ya (1947)
- Aijin (1951)
- Ashi ni sawatta onna (1951)
- Pusan (1953)
- Seishun kaidan (1955)
- Kokoro (1955)
- Biruma no tategoto (1956) - versión en branco e negro
- Shokei no heya (1956)
- Nihonbashi (1956)
- Tôhoku no zunmu-tachi (1957)
- Ana (1957)
- Enjo (1958)
- Kagi (1959)
- Nobi (1959)
- Jokyō (1960) - con Kōzaburō Yoshimura e Yasuzo Masumura
- Bonchi (1960)
- Otōto (1960)
- Kuroi jûnin no onna (1961)
- Hakai (1962)
- Watashi wa nisai (1962)
- Yukinojō Henge (1963)
- Taiheiyō Hitori-botchi (1963)
- Money Talks (1963)
- Tōkyō Orinpikku (1965) - documental
- Genji monogatari (1966)
- Toppo Jijio no botan sensō (1967)
- Ai futatabi (1971)
- Kogarashi Monjirō (1972) - telefilme
- Visions of Eight (1973) - documental, filme antolóxico
- Matatabi (1973)
- Wagahai wa neko de aru (1975)
- Inugami-ke no ichizoku (1976)
- Gokumon-to (1977)
- Hi no Tori (1978)
- Joôbachi (1978)
- Byoinzaka no Kubikukuri no Ie (1979)
- Koto (1980)
- Kofuku (1981)
- Sasame-yuki (1983)
- Ohan (1984)
- Biruma no tategoto (1985) - remake en cor
- Koneko Monogatari (1986) - director asociado
- Taketori monogatari (1987)
- Eiga joyû (1987)
- Kaetekita Kogarashi Monjirō (1993)
- Shijûshichinin no shikaku (1994)
- Yatsu haka-mura (1996)
- Shinsengumi (2000)
- Dora-heita (2000)
- Kah-chan(2001)
- Yume jûya (2006)
- Inugami-ke no ichizoku (2006)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Ichikawa Kon Film Book (en xaponés). Nihon Eiga Senmon Channeru. marzo de 2012.
- ↑ Richie, Donald. "The Several Sides of Kon Ichikawa". in Quandt (2001), p. 53.
- ↑ IMDb
- ↑ Quandt, James, ed. (2001). Kon Ichikawa. Toronto: Cinematheque Ontario. p. 35. ISBN 0-9682969-3-9.
- ↑ Findling, John E.; Pelle, Kimberly D. (2004). Encyclopedia of the Modern Olympic Movement. Westport: Greenwood Press. p. 172.
- ↑ "Film in 1966 | BAFTA Awards". awards.bafta.org. Consultado o 24 de marzo de 2020.
- ↑ "KAGI". Festival de Cannes (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2020.
- ↑ Quandt (2001), p. 40.
- ↑ "29th Moscow International Film Festival (2007)". MIFF. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2013. Consultado o 2013-05-31.
- ↑ Compiled from Kyodo Associated Press (febreiro de 2008). "Director Ichikawa, 92, dies". The Japan Times. Consultado o 2008-07-09.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kon Ichikawa |