Kenenisa Bekele
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xuño de 1982 (42 anos) Bekoji (Derg) |
Altura | 165 cm |
Peso | 56 kg |
Actividade | |
Ocupación | fondista, atleta |
Nacionalidade deportiva | Etiopía |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | Maratón 5000 metros 10 000 metros |
Participou en | |
2012 | Xogos Olímpicos de 2012–10 000 metros |
2008 | Xogos Olímpicos de 2008 |
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, |
Medallas olímpicas | ||
Ouro | 10.000 m | Pequín 2008 |
Ouro | 5.000 m | Pequín 2008 |
Ouro | 10.000 m | Atenas 2004 |
Prata | 5.000 m | Atenas 2004 |
Kenenisa Bekele (en amhárico: ቀነኒሳ በቀለ), nado o 13 de xuño de 1982 en Bekoji (Oromia), é un atleta etíope, especialista nas carreiras de longas distancia e no cross. Actual campión olímpico e mundial de 10.000 m, é tamén o posuidor do récord do mundo nesa distancia e foi campión do mundo de cross en distancia longa (ao redor de 12 km) en seis ocasións, entre elas en 2008.
Características deportivas
[editar | editar a fonte]Kenenisa Bekele é un dos atletas máis destacados do fondo de toda a historia. A súa capacidade de resistencia levouno a participar en cinco edicións dos mundiais de cross competindo ao mesmo tempo na distancia curta e na longa (4 km e 12 km) e vencendo nas dúas. Pero é especialmente coñecido pola velocidade que acada nas voltas finais. En 2003, realizou a última volta dun 10.000 en 54"64, e ese mesmo ano corría un último 200 m en 24" (52"63 no total da última volta).
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]A súa carreira internacional comezou ao proclamarse campión do mundo de cross en categoría júnior en 2001. Ao ano seguinte, o seu primeiro como absoluto, xa se proclamou dobre campión mundial de cross na distancia longa e na curta, fazaña que repetiría nas catro edicións seguintes, de forma consecutiva. A partir de 2003 comeza a simultanear o campo a través coa pista, e proclámase campión mundial de 10.000 m, título que revalidaría en 2005 e en 2007.
En 2004 proclamouse por primeira vez campión olímpico nos Xogos de Atenas, na distancia de 10.000 m. O 20 de agosto tivo lugar a final, na que os atletas etíopes buscaban ocupar os tres postos do podio. Dado que Haile Gebrselassie tiña problemas no seu tendón de Aquiles a carreira desenvolveuse de forma lenta, pero cando Gebrselassie demostrou que non podía seguir o ritmo aumentaron a velocidade, e venceu Bekele por diante do seu compatriota Sileshi Sihine e do eritreo Zersenay Tadese, cun tempo de 27'05"10, que supuña un novo récord olímpico. O último 400 cubriuno en 53"02[1]. Oito días máis tarde, o 28 de agosto, Bekele quedaba segundo na final dos 5.000 m por detrás do marroquí Hicham El Gerrouj e por diante do kenyano Eliud Kipchoge, cun tempo de 13'14"59, a vinte décimas de segundo de El Guerrouj[2].
Despois dos Xogos entrou nunha época de crise de resultados que foi relacionada coa morte da súa parella en estrañas circunstancias. Pero en 2005 volvía gañar as dúas distancias do cross. Conseguiu encadear 27 vitorias consecutivas no campo a través, rotas en 2007, nos mundiais de cross de Mombasa (Kenya), cando obtivo a prata por detrás de Zersenay Tadese. Nos mundiais de 2008 en Edimburgo recuperou o seu cetro como campión mundial.
Récords mundiais actuais
[editar | editar a fonte]- 5.000 m en pista cuberta. 12'49"60. 20 de febreiro de 2004 (Birmingham)
- 5.000 m. 12'37"35. 31 de maio de 2004 (Hengelo, Países Baixos)
- 10.000 m. 26'17"53. 26 de agosto de 2005 en Bruxelas
- 2.000 m en pista cuberta, 4'49"99. 17 de febreiro de 2007 (Birmingham)[3]
- 2 millas en pista cuberta, 8'4"34. 16 de febreiro de 2008 (Birmingham)
Predecesor: Mohammed Mourhit |
Campión do mundo de cross longa distancia 2002-2006 |
Sucesor: Zersenay Tadese |
Predecesor: Zersenay Tadese |
Campión do mundo de cross longa distancia 2008 |
Sucesor: - |
Predecesor: Enock Koech |
Campión do mundo de cross curta distancia 2002-2006 |
Sucesor: distancia suprimida |
Predecesor: Charles Kamathi |
Campión do mundo de atletismo 2003-2007 |
Sucesor: - |
Datos persoais
[editar | editar a fonte]É o irmán máis vello do tamén atleta Tariku Bekele.
O 4 de xaneiro de 2005, a atleta Alem Techale, prometida de Bekele, falece supetamente durante uns adestramentos, cando estaba en compañía del. Aínda que se lle practicou autopsia, non se deron a coñecer datos sobre a causa do infarto. O 18 de novembro de 2007, Bekele casou coa actriz etíope Danawit Gebregziabher nun hotel de Addis Abeba.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vídeo da proba Youtube
- ↑ Vídeo da proba Youtube
- ↑ Cita requirida.
- Atletas olímpicos de Etiopía
- Fondistas
- Medallistas olímpicos en atletismo
- Nados en Etiopía
- Nados en 1982
- Medallistas olímpicos de ouro por Etiopía
- Medallistas olímpicos de prata por Etiopía
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 2004
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 2008
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 2012
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008