Keiichiro Toyama
Nome orixinal | (ja) 外山圭一郎 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de xaneiro de 1970 (54 anos) Miyakonojō, Xapón |
Educación | Tokyo Zokei University (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Videoxogo |
Ocupación | produtor de videoxogos, guionista, enxeñeiro, deseñador de xogos |
Empregador | Bokeh Game Studio (pt) (2020–) Japan Studio (pt) (1999–2020) Konami (1994–1999) |
Keiichirō Toyama (外山 圭一郎 Toyama Keiichirō?), nado en Miyakonojō en 1970, é un director e deseñador de videoxogos xaponés, coñecido por ser o creador de franquías de videoxogos como Silent Hill, Siren e Gravity Rush.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Toyama naceu en 1970 na prefectura de Miyazaki, e estudou arte na Universidade de Toquio Zokei.[2] Despois de graduarse uniuse a Konami en 1994 como artista gráfico.[3][4] Foi deseñador gráfico e deseñador de personaxes da versión Sega CD de Snatcher e International Track & Field, e despois diso creou a serie Silent Hill.[5] O xogo tivo éxito e produciu varias secuelas, mais Toyama deixou Team Silent en 1999 despois de que o primeiro xogo fose lanzado para unirse a Japan Studio e traballar na serie Siren.[3][6] Dirixiu os videoxogos Siren (2003) e a súa secuela Forbidden Siren 2 (2006).[7] En 2008, Toyama lanzou Siren: Blood Curse, unha reimaxinación do xogo Siren orixinal. Toyama entón traballou no xogo de PlayStation Vita Gravity Rush, lanzado en 2012.[8] A súa secuela, Gravity Rush 2, foi lanzada o 19 de xaneiro de 2017 no Xapón.
Toyama deixou Sony Japan Studio en setembro de 2020. Fundou Bokeh Game Studio xunto a Kazunobu Sato e Junya Okura, ambos os cales traballaron na serie Siren, o 13 de agosto de 2020.[4][9][10] Cando se lle preguntou sobre o que provocou a mudanza, Toyama afirmou que se inspirou no seu compañeiro deseñador Fumito Ueda, que relatou gran parte das súas experiencias coa fundación de genDESIGN con Toyama.[11] Toyama anunciou que ten pensado volver ao xénero de terror cun xogo inspirado nos directores de cinema Wong Kar-wai e Fruit Chan.[6] O xogo, Slitterhead, foi revelado formalmente durante The Game Awards 2021.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Perron, Bernard; Barker, Clive (7 de outubro de 2009). Horror video games: essays on the fusion of fear and play. McFarland. pp. 15–. ISBN 978-0-7864-4197-6. OCLC 419264171.
- ↑ "外山ディレクターも空に落ちる!? 『GRAVITY DAZE』本日発売! おすすめポイントを直撃インタビュー!『2』の最新情報も!【特集第4回】". PlayStation.Blog (en xaponés). 10 de decembro de 2015. Consultado o 13 de outubro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Gifford, Kevin (13 de outubro de 2013). "Silent Hill creator discusses how he joined the game biz and why AAA horror is 'difficult' to fund". Polygon.
- ↑ 4,0 4,1 STENBUCK, KITE (3 de decembro de 2020). "Keiichiro Toyama Left SIE and Founded Bokeh Game Studio". Siliconera (en inglés). Consultado o 31 de maio de 2021.
- ↑ Barder, Ollie (3 de setembro de 2016). "Keiichiro Toyama Talks About His Work On 'Gravity Rush' And 'Siren'". Forbes (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 McWhertor, Michael (25 de marzo de 2021). "Silent Hill creator teases new horror game project". Polygon (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2021.
- ↑ Reed, Kristan (23 de marzo de 2006). "Forbidden Siren 2: Keiichiro Toyama on Sony's latest horror title". Eurogamer (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2021.
- ↑ Leo, Jon (7 de xuño de 2011). "E3 2011: Gravity Daze Hands-On Preview". GameSpot (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2021.
- ↑ Pineda, Rafael Antonio (2 de decembro de 2020). "Silent Hill, Gravity Rush's Keiichirō Toyama Leaves SIE, Founds New Studio". Anime News Network.
- ↑ decembro de 2020, Jordan Gerblick 03 (3 de decembro de 2020). "Silent Hill creator Keiichiro Toyama leaves Sony to form new studio". gamesradar (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2021.
- ↑ Robson, Daniel (23 de decembro de 2020). "Silent Hill and Gravity Rush Creator's New Project Will Be a Horror Action-Adventure Game, Aiming for 2023". IGN. Consultado o 1 de xuño de 2021.
- ↑ Romano, Sal (10 de decembro de 2021). "Bokeh Game Studios announces Slitterhead". Gematsu. Gematsu. Consultado o 10 de decembro de 2021.