Justice
Orixe | París, Francia |
---|---|
Período | 2003 - presente |
Xénero(s) | electroclash, french house, nu-disco |
Selo(s) discográfico(s) | Because, Ed Banger, Elektra |
Membros | Gaspard Augé Xavier de Rosnay |
Na rede | |
justice.church | |
Justice (escrito como Jus†ice) é un dúo francés de música electrónica formado por Gaspard Augé e Xavier de Rosnay. É un dos grupos máis exitosos de Ed Banger Records, e están representados polo propio director do selo, Pedro Winter. Justice é coñecido por incorporar unha forte influencia do rock e do indie na súa música e na súa estética.
Seu álbum de estrea, †, foi publicado en xuño do 2007 coa aclamación da crítica. O disco foi nomeado ao Grammy ao mellor álbum de electrónica/dance. Foi número 16 na lista dos 50 mellores álbums do ano para Pitchfork Media e número 18 na dos 25 mellores discos de 2007 para a revista Blender. Foi nomeado tamén ao Shortlist Prize dese ano. A súa remestura do tema de MGMT "Electric Feel" gañou o Grammy á mellor remestura non clásical en 2009.
En setembro do 2009 anunciouse que Justice pasaría a formar parte de Elektra Records. O grupo comezou a traballar no seu segundo álbum a mediados do 2010. O primeiro sinxelo, "Civilization", editouse o 28 de marzo de 2011 e o disco, Audio, Video, Disco, publicaríase o 24 de outubro dese ano.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
† | 2007 | Ed Banger, Because, Vice |
Audio, Video, Disco | 2011 | Ed Banger, Because, Elektra |
Woman | 2016 | Ed Banger, Because |
Hyperdrama | 2024 | Ed Banger, Because |