Julio Gurriarán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de abril de 1919 O Barco de Valdeorras, España |
Morte | 27 de marzo de 2012 (92 anos) O Barco de Valdeorras, España |
Alcalde do Barco de Valdeorras | |
1991 – 1999 ← Eulogio Gavela García – Alfredo Laudelino García Rodríguez → | |
Procurador en Cortes | |
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961 Lexislatura: VI lexislatura das Cortes franquistas | |
Alcalde do Barco de Valdeorras | |
1953 – 1979 ← Gustavo Gómez Rodríguez – Eulogio Gavela García → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Julio Gurriarán Canalejas, nado no Barco de Valdeorras o 17 de abril de 1919 e finado no mesmo concello o 27 de marzo de 2012,[1] foi un médico e político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi xefe local do SEU, un dos fundadores do Club Peña Trevinca - Montañeiros de Galicia (1944), alcalde do Barco de Valdeorras (1953–1979), deputado provincial e procurador en Cortes en representación dos concellos da provincia de Ourense (1958-1961). Foi presidente do Consello de Administración do Instituto Nacional de Previsión.
Na democracia foi elixido senador pola provincia de Ourense por Alianza Popular na segunda lexislatura (1982-1986). En 1987 encabezou a candidatura de Alianza Popular no Barco e foi a forza máis votada, se ben non logrou a alcaldía tras un pacto tripartito que fixo alcalde ó candidato do CDS Eulogio Gavela García. En 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e logrou a maioría absoluta, polo que volveu ser alcalde do Barco. En 1995 perdeu a maioría absoluta, continuando como alcalde despois de que os grupos de esquerdas non chegasen a un acordo. Gobernou en minoría ata que en xuño de 1996 alcanzou un pacto de goberno cos concelleiros da Plataforma de Independentes de España. Porén, en xullo de 1997 expulsou ós independentes do goberno e asumiu o resto do mandato en minoría. Non se presentou á reelección en 1999 e abandonou política.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]No Barco de Valdeorras o CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas leva o seu nome.[2]
Predecesor: Gustavo Gómez Rodríguez |
Alcalde do Barco de Valdeorras 1953 - 1979 |
Sucesor: Eulogio Gavela García |
Predecesor: Eulogio Gavela García |
Alcalde do Barco de Valdeorras 1991 - 1999 |
Sucesor: Alfredo García Rodríguez |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, Ourense, 28-3-2012, p. 2.
- ↑ Consellería de Educación
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García Yáñez, Félix (2005). O Barco e a terra de Valdeorras durante a II República e o Franquismo (1931-1971). Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-96403-13-0.