Julio Bello Sierra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1898 Carucedo, España |
Morte | 31 de outubro de 1936 (37/38 anos) Montefurado, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | traballador ferroviario |
Julio Bello Sierra, nado en Carucedo, provincia de León, en 1898 e finado en Montefurado o 31 de outubro de 1936, foi un obreiro ferroviario español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dende novo traballou na Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España (Ferrocarriles del Norte). En 1935 foi destinado ao posto situado no quilómetro 320/529 da liña Palencia-A Coruña, próxima a Montefurado. Sen filiación política ou sindical coñecida, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 tres falanxistas de Carracedelo e Toural dos Vaos presentáronse na súa casa o 31 de outubro para detelo e interrogalo. Saíu do seu domicilio detido e foi asasinado aos poucos metros. O seu cadáver foi lanzado ao río Sil. O 20 de novembro de 1936 o seu corpo apareceu augas abaixo, na aldea das Covas, onde se denunciou a aparición do corpo e foi identificado e soterrado.
En agosto de 2016 a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) localizou e exhumou os seus restos.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Isabel Arias Arias e foi pai de catro fillos.