Julia Robinson
Julia Hall Bowman Robinson, nada en St. Louis o 8 de decembro de 1919 e finada en Oakland o 30 de xullo de 1985, foi unha matemática estadounidense coñecida polo seu traballo en problemas de decisión e nos problemas de Hilbert.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Robinson naceu en St. Louis, Missouri, filla de Ralph Bowers Bowman e Helen (Hall) Bowman.[1] A súa irmá máis vella era Constance Reid, unha biógrafa que divulgou as matemáticas, e a súa irmá máis nova era Billie Comstock.[1] A familia mudouse para Arizona e despois para San Diego onde as nenas creceron. Cando tiña nove anos, diagnosticáronlle escarlatina, á que seguiu unha febre reumática.[2]
Julia estudou na San Diego High School, onde lle deron un coeficiente intelectual de 98, dous puntos por debaixo da media.[2] Non obstante, foi a única estudante feminina do instituto que tomou clases de matemáticas e física avanzadas.[1]
Entrou na San Diego State University en 1936 con dezaseis anos,[1] mais insatisfeita polo currículo de matemáticas pasou á Universidade de California en Berkeley en 1939 para o seu último ano. Antes do cambio de universidade, o seu pai suicidouse en 1937 por motivos económicos.[1] Recibiu cinco cursos de matemáticas en Berkeley,[3] un deles sobre teoría de números impartido por Raphael M. Robinson. Recibiu o seu BA en 1940,[1] e o ano seguinte casou con Raphael.[1]
A Robinson non se lle permitiu dar clases do departamento de matemáticas de Berkeley por unha regra que evitaba que membros da mesma familia traballasen xuntos no mesmo departamento, e ela casara con Raphael M. Robinson.[1] No seu lugar, quedou no departamento de estadística a pesar de querer dar clases de cálculo. Aínda que Raphael se retirou en 1973, non foi ata 1976 en que ofreceron a Robinson un posto a tempo completo como profesora, despois de que o departamento escoitase a súa candidatura á National Academy of Sciences.[4]
Contribucións á matemática
[editar | editar a fonte]Tese de doutoramento
[editar | editar a fonte]Robinson obtivo o doutoramento en 1948, sendo orientada por Alfred Tarski, e a súa disertación tratou sobre “A Decidibilidade e os Problemas de Decisión na Aritmética".[5] Nela, Julia mostrou que a teoría dos números racionais era indecidíbel, mostrando que a teoría elemental dos números podería ser definida en termos dos racionais; a teoría dos números elemental xa se sabía que era indecidíbel (Primeiro Teorema da Incompletude de Gödel).
O décimo problema de Hilbert
[editar | editar a fonte]O décimo problema de Hilbert pide un algoritmo para determinar as raíces enteiras dunha ecuación polinómica. Unha serie de resultados desenvolvidos entre 1940 e 1970 por Robinson, Martin Davis, Hilary Putnam e Yuri Matiyasevich resolveu este problema de forma negativa, é dicir, demostraron que non pode existir ningún algoritmo así.[6] [5]
Outros traballos
[editar | editar a fonte]Os traballos de Robinson só se desviaron dos problemas de decisión dúas veces. A primeira foi o seu primeiro traballo, publicado en 1948, que tivo como base a análise secuencial na estatística.
A finais da década de 1940, Robinson pasou unha tempada na RAND Corporation en Santa Monica investigando sobre a teoría de xogos. O seu informe de 1949 "On the Hamiltonian game (a traveling salesman problem),"[7] é a primeira publicación que empregou a expresión "o problema do viaxante".[8]
Posteriormente publicou un artigo titulado "An Iterative Method of Solving a Game" en 1951.[1] Nel probou que a dinámica de xogos ficticios converxe ao equilibrio mixto de Nash nunha estratexia para dous xogadores en xogos de suma cero. Este traballo valeulle un premio de 200 doláres no RAND, mais non o recibiu porque traballaba no RAND na época.[9]
Traballo político
[editar | editar a fonte]Robinson viuse atraída pola política en 1952, coa campaña presidencial de Adlai Stevenson. Stevenson era primo de seu marido, mais foron as súas ideas as que a atraeron e non a conexión coa familia. En 1950, Robinson estivo activa en actividades locais do Partido Demócrata, e fixo menos matemática.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]O corazón de Julia Robinson foi prexudicado pola febre reumática que tivo cando era nena, e como adulta, sufriu problemas de saúde e falta de aire. Casou co tamén profesor de Berkeley Raphael Robinson en 1941. En 1961, someteuse a unha operación para quitar o tecido cicatricial da súa válvula mitral. A operación foi un éxito e volveuse máis activa fisicamente e pasou a montar en bicicleta para se exercitar.
En 1984, diagnosticáronlle leucemia. Someteuse a tratamento e entrou en remisión durante algúns meses, mais despois a doenza reapareceu e morreu en Oakland, California, o 30 de xullo de 1985.[1][9]
Honras
[editar | editar a fonte]- Membro da United States National Academy of Sciences electa en 1975 (primeira muller electa).
- Membro da MacArthur Fellowship en 1983.
- Presidenta da American Mathematical Society entre 1983 e 1984 (primeira muller no cargo).
- O Julia Robinson Mathematics Festival patrocinado polo Mathematical Sciences Research Institute, dende 2007, creouse na súa homenaxe.[10]
George Csicsery produciu e dirixiu un documental dunha hora de duración sobre Robinson chamado Julia Robinson and Hilbert's Tenth Problem, que estreou no Joint Mathematics Meeting do 7 de xaneiro de 2008, en San Diego. Notices of the American Mathematical Society e College Mathematics Journal publicou unha crítica do filme[11] e unha entrevista co director.[12] O College Mathematics Journal tamén publicou unha recensión.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Feferman, Solomon (1994). "Julia Bowman Robinson, 1919–1985" (PDF). Biographical Memoirs 63. Washington, DC: National Academy of Sciences. pp. 1–28. ISBN 978-0-309-04976-4. Consultado o 18 de xuño de 2008.
- ↑ 2,0 2,1 Reid, Constance (1986). The Autobiography of Julia Robinson (PDF). The College Mathematics Journal. pp. 3–21. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de decembro de 2018. Consultado o 22 de novembro de 2018.
- ↑ Nap.ede
- ↑ Reid, Constance (1996). Being Julia Robinson's Sister. Providence, RI: Notices of the American Mathematical Society. pp. 1486–1492.
- ↑ 5,0 5,1 "My Collaboration with JULIA ROBINSON". logic.pdmi.ras.ru. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2019. Consultado o 2018-08-28.
- ↑ Robinson, Julia; Davis, Martin; Putnam, Hilary (1961). The Decision Problem for Exponential Diophantine Equations. Princeton University: Annals of Mathematics.
- ↑ Robinson, Julia (5 de decembro de 1949). "On the Hamiltonian game (a traveling salesman problem)" (PDF) (en inglés) (RM-303). Santa Monica: The Rand Corporation. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2020. Consultado o 2 de maio de 2020.
- ↑ Alexander Schrijver's 2005 paper "On the history of combinatorial optimization (till 1960). Handbook of Discrete Optimization (K. Aardal, G.L. Nemhauser, R. Weismantel, eds.), Elsevier, Amsterdam, 2005, pp. 1–68.PS,PDF
- ↑ 9,0 9,1 Reid, Constance (1996). Julia: A life in mathematics. Washington, DC: Mathematical Association of America. ISBN 0-88385-520-8.
- ↑ "Julia Robinson Mathematics Festival". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2010. Consultado o 28 de agosto de 2010.
- ↑ Wood, Carol (maio de 2008). "Film Review: Julia Robinson and Hilbert's Tenth Problem" (PDF). Notices of the American Mathematical Society (Providence, RI: American Mathematical Society) 55 (5): 573–575. ISSN 0002-9920. Consultado o 2008-06-06.
- ↑ Casselman, Bill (maio de 2008). "Interview with George Csicsery" (PDF). Notices of the American Mathematical Society (Providence, RI: American Mathematical Society) 55 (5): 576–578. ISSN 0002-9920. Consultado o 2008-06-06.
- ↑ Murray, Margaret A. M. (setembro de 2009). "A Film of One's Own". College Mathematics Journal (Washington, DC: Mathematical Association of America) 40 (4): 306–310. ISSN 0746-8342.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Matijasevich, Yuri (1992). "My collaboration with Julia Robinson". The Mathematical Intelligencer 14 (4): 38–45. ISSN 0343-6993. MR 1188142. doi:10.1007/BF03024472. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2020. Consultado o 28 de xuño de 2020.
- Lamb, Evelyn (22 de novembro de 2019). "How Julia Robinson helped define the limits of mathematical knowledge". ScienceNews.org. Consultado o 24 de novembro de 2019.