Juananco
Nome orixinal | Juan Morás Veiguela | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 24 de xuño de 1928 San Roque de Fóra, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 14 de marzo de 1989 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Galicia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Juan Morás Veiguela, coñecido como Juananco, nado na Coruña o 24 de xuño de 1928 e finado o 14 de marzo de 1989, foi un pescador e futbolista galego. Xogaba de centrocampista e destacou no Xuvenil e no Deportivo da Coruña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no barrio coruñés de San Roque de Fóra,[1] e comezou a xogar ao fútbol no Deportivo Ciudad e no Sin Querer. Neste último foi descuberto por Rodrigo, que o levou con el ao Fabril e logo ao Xuvenil. Xogou varios anos no Xuvenil, exercendo como capitán,[2] e na tempada 1953/54 conseguiu un histórico ascenso á Segunda División.[3]
En 1954 pasou a formar parte plenamente do primeiro equipo do Deportivo da Coruña, aínda que xa tiña xogado dous partidos de liga con este en 1950. Foi o único xogador do equipo en disputar todos os encontros da tempada 1954/55 na Primeira División, con Eduardo Toba no banco, e compartindo centro do campo con xogadores como Cuenca, Gárate ou Lechuga. Na xornada 21 marcou o seu único gol coa camiseta do Deportivo, batendo ao gardameta do Atlético de Madrid, Adolfo Riquelme, en Riazor (1-0). Disputou dúas tempadas máis na máxima categoría e outras dúas en Segunda, aínda que na última delas non dispuxo de minutos, e sumou un total de 101 partidos co equipo. En febreiro de 1959, ante a falta de minutos, regresou ao Xuvenil en calidade de cedido.[4]
Tralo remate da tempada deixou o Deportivo e marchou a Asturias, onde fichou polo CP La Felguera, onde xogou unha campaña e media.[5]
A continuación regresou á Coruña, onde militou en varios clubs modestos como o Sporting Coruñés, o Orillamar o Orzán ou o Torre, ademais de continuar coa súa profesión, pescador.[6][7]
Naufraxio do La Isla
[editar | editar a fonte]En outubro de 1970 tivo unha destacada participación nas labores de rescate tralo naufraxio do buque pesqueiro La Isla, que se afundiu fronte á Torre de Hércules cando regresaba do Gran Sol.[8] Juananco dirixíase ao seu barco pesqueiro, o Segunda Isabelita, para saír a faenar xunto ao seu irmán Luis, Benito Canzobre, Gonzalo Pardo e Santiago Varela, todos eles veciños de San Pedro de Visma: souberon entón do naufraxio do La Isla e decidiron saír na busca dos posibles náufragos. Foron os primeiros en chegar ao perigoso lugar, moi preto das rochas, e conseguiron salvar ao único supervivente (Ramón Seoane) e rescatar o primeiro dos catorce cadáveres que deixou o sinistro.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Juananco, un hombre de fútbol y de mar". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de setembro de 1994. p. 95.
- ↑ "El Juvenil vence al Club Ferrol (4-3) y se adjudica el primer "Trofeo Compostela"". La Noche (en castelán) (10390). 18 de xuño de 1954. p. 5. Consultado o 8 de xullo de 2021.
- ↑ "Al perder la Ponferradina en Marín, el Juvenil puede considerarse ya en la Segunda División". El Pueblo Gallego (en castelán) (10059). 4 de maio de 1954. p. 7. Consultado o 8 de xullo de 2021.
- ↑ "Antonio y Juananco, cedidos al Juvenil, que a su vez deja a Botana y Morado al margen del equipo". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de febreiro de 1959. p. 4.
- ↑ "Juananco fichó por el Felguera". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de novembro de 1959. p. 5.
- ↑ "Sporting Coruñés y Orillamar nos ofrecieron un gran partido". La Noche (en castelán) (13191). 10 de marzo de 1964. p. 5. Consultado o 8 de xullo de 2021.
- ↑ "El Español, primer equipo que batió la meta orzanista". La Noche (en castelán) (13825). 1 de marzo de 1966. p. 5. Consultado o 8 de xullo de 2021.
- ↑ Mouzo, Emiliano (4 de outubro de 2015). "El naufragio que movió conciencias". La Voz de Galicia. Consultado o 8 de xullo de 2021.
- ↑ "Perecieron 14 tripulantes del pesquero coruñés “La Isla”, en las inmediaciones de la Torre de Hércules". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de outubro de 1970. p. 8.