Saltar ao contido

Illa Juan de Nova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Juan de Nova»)
Modelo:Xeografía políticaIlla Juan de Nova
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 17°03′16″S 42°43′30″L / -17.054444444444, 42.725
Territorio reivindicado porMadagascar e Francia Editar o valor en Wikidata
EstadoFrancia
Territorio dependenteTerras Austrais e Antárticas Francesas
GrupoIllas dispersas do Océano Índico Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación15 Editar o valor en Wikidata (3,13 hab./km²)
Xeografía
Superficie4,8 km² Editar o valor en Wikidata
Medición1,6 (ancho) × 6 (lonxitude) km
Bañado porCanle de Mozambique Editar o valor en Wikidata
Altitude10 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Juan de Nova é unha pequena illa, de 4,4 km²,(sobre 6 km de longo e 1,6 de ancho) pertencente a Reunión que leva o nome do navegante galego Joan de Novoa, onde este pasou o inverno de 1505 tras ser repelido o seu barco por unha treboada no Cabo de Boa Esperanza.

Sitúase na canle de Mozambique, entre Madagascar e Mozambique, e é unha posesión francesa dende 1897. Na segunda guerra mundial foi abandonada e recibiu a visita de submarinos alemáns. A partir de 1968 comezaron a explotarse os depósitos de guano (fosfatos).

Na actualidade é unha reserva natural que está deshabitada, e nela só existe un pequeno aeródromo (cunha pista de 1,2 km) e unha base meteorolóxica do exército francés cunha pequena gornición de 14 homes. É administrada polo administrador superior das Terras Austrais e Antárticas Francesas (TAAF) e a República de Madagascar reclama a súa soberanía.