Juan Naya Pérez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de febreiro de 1914 A Coruña, España |
Morte | 1 de febreiro de 1993 (78 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, historiador |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Natalia Castiñeiras Regueira |
Juan Naya Pérez, nado na Coruña o 23 de febreiro de 1914 e finado na mesma cidade o 1 de febreiro de 1993, foi un xornalista e historiador galego. Entre os seus innumerábeis nomeamentos ostentaba o de Cronista oficial da cidade da Coruña, o de arquiveiro-bibliotecario da Real Academia Galega, e o de académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes, da que tamén foi secretario xeral.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi un home autodidacta que non posuía ningún título académico, mais dunha gran cultura adquirida na lectura dos libros e xornais, e dos traballos dos que se poden considerar os seus mestres: Ángel del Castillo o seu predecesor como cronista oficial da Coruña, Félix Estrada Catoyra, Manuel Murguía, Francisco Tettamancy e sobre todo, César Vaamonde Lores a quen sucedeu como Arquiveiro-Bibliotecario da Real Academia Galega, e foi quen o instruíu desde moi novo en paleografía, epigrafía, heráldica e numismática, pasando de discípulo a colaborador.
A súa carreira xornalística transcorreu en La Voz de Galicia onde levaba a sección de "Hai 50 anos" e outra sobre a vida local de título "Peneirando", cun estilo irónico moi persoal ao narrar as anécdotas locais.
Obras
[editar | editar a fonte]Amais dos seus artigos xornalísticos, algunhas das súas publicacións foron:
- Murguía y su obra poética (A Coruña, 1950).[1]
- Inéditos de Rosalía (Vigo, 1953).[2]
- Una obra desconocida del arquitecto Domingo Lois Monteagudo: el palacio del marqués de Viance, en Bóveda (A Coruña, 1957).[3]
- Antología y poemas de Rosalía de Castro (Porto, 1958).[4]
- El traje (Vigo 1964).[5]
- Noticia histórica de las Galerías coruñesas y relación de arquitectos de la Coruña desde que se creó el cargo hasta el presente (A Coruña, 1965)
- Relación de los alcaldes propietarios de la Coruña desde 1840 hasta el presente (A Coruña 1975).[6]
- Testimonios de una orientación artística cartas cruzadas entre Ovidio Murguía y su padre (A Coruña, 1968).[7]
- Dos misivas de Valle-Inclán a Murguía (A Coruña: Moret, 1970).[8]
- Los Poetas gallegos y Curros Enríquez (A Coruña, 1969-1970).[9]
- Recordando al maestro. La arquitectura civil de La Coruña (1970).[4]
- Calles y plazas coruñesas (A Coruña, 1970[10] e 1975, dous tomos).
- El final de una estirpe: Rosalía de Castro y Manuel Murguía (A Coruña, 1974).[11]
- Historia de la ciudad representada en las tallas del Salón Capitular del Palacio Municipal (A Coruña, 1976).[12]
- Resumen de la Historia de la Coruña (1981).[13]
- Estudios acerca de la familia Murguía-Castro (A Coruña, 1998).
Outros nomeamentos
[editar | editar a fonte]Era membro, amais das nomeadas e entre outras, das seguintes institucións: Instituto Xosé Cornide de Estudos Coruñeses, Academia da Historia de San Fernando, Asociación Internacional para o Progreso da Cultura (Roma), Padroado do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, Padroado Rosalía de Castro, Sociedade Martíns Sarmento de Guimarães (Portugal); director da Casa Museo de Emilia Pardo Bazán, Asociación Cultural Ibero Americana da Coruña.
Notas
- ↑ "Catálogo". Real Academia Galega. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2021. Consultado o 23 de febreiro de 2021.
- ↑ "Inéditos de Rosalía". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021.
- ↑ Naya Pérez, Juan (1957). "Una obra desconocida del arquitecto Domingo Lois Monteagudo: el palacio del marqués de Viance, en Bóveda". Boletín da Real Academia Galega (321-326): 165–173. ISSN 1576-8767.
- ↑ 4,0 4,1 "Juan Naya Pérez". galegos.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021.
- ↑ "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021.
- ↑ "Relación de los alcaldes propietarios de la Coruña desde 1840 hasta el presente". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021.
- ↑ "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021.
- ↑ "Catálogo". Real Academia Galega. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2021. Consultado o 23 de febreiro de 2021.
- ↑ "Catálogo". Real Academia Galega. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2021. Consultado o 23 de febreiro de 2021.
- ↑ "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021.
- ↑ "Catálogo". Real Academia Galega. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2021. Consultado o 23 de febreiro de 2021.
- ↑ "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021.
- ↑ "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 469.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 293. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en galegos.info
- Fernández, Carlos: "Juan Naya Pérez", sección "Personaxes coruñeses", La Voz de Galicia, 27/9/2000.
Predecesor: César Vaamonde Lores |
Arquiveiro/Bibliotecario da RAG 1946-1993 |
Sucesor: Antonio Gil Merino |
Predecesor: Ángel del Castillo |
Cronista Oficial da Coruña 1961-1993 |
Sucesor: María de la O Suárez Rodríguez |
- Historiadores de Galicia
- Xornalistas da Coruña
- Arquiveiros/Bibliotecarios da Real Academia Galega
- Numismáticos de Galicia
- Cronistas oficiais da Coruña
- Nados na Coruña
- Nados en 1914
- Finados en 1993
- Enciclopedistas de Galicia
- Membros correspondentes da Real Academia Galega
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Escritores de Galicia en lingua galega