José Vázquez Rozas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1898 A Coruña, España |
Morte | 11 de novembro de 1936 (37/38 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Persifal |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , sindicalista |
Lingua | Lingua castelá |
José Vázquez Rozas, coñecido como Persifal, nado na Coruña en 1898 e finado na mesma cidade o 11 de novembro de 1936, foi un político e sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Barbeiro. Militante da CNT, era vogal do Centro de Estudios Sociales Germinal e membro do Liceo de Artesáns. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado na Coruña por rebelión militar. Condenado a pena de morte, foi executado na Coruña.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- José Vázquez Rozas na base de datos do proxecto Nomes e voces.