Saltar ao contido

José Jurado Romero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Jurado Romero
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Tui, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de febreiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Tui
1951 – 1957
← Rosendo Bugarín Domínguez Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, médico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoFalange Española Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiSabino Jurado Editar o valor en Wikidata
IrmánsSabino Jurado Romero Editar o valor en Wikidata

José Jurado Romero, nado en Tui e finado no mesmo concello o 28 de febreiro de 1971, foi un médico e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Sabino Jurado. Médico casado na Guarda. Membro da Falange da Guarda, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado concelleiro-síndico da Guarda na corporación presidida por Francisco Moreno Álvarez, pero foi cesado fulminantemente polo Gobernador civil, en vista dos informes sobre os seus excesos na represión contra os republicanos guardeses. Foi nomeado alcalde de Tui o 11 de setembro de 1951. En marzo de 1952 foi elixido deputado provincial.[1] Permaneceu na alcaldía de Tui até o 10 de xullo de 1957. Finou en Tui o 28 de febreiro de 1971.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María de los Ángeles Alonso Martínez e foi pai de José María e María de los Ángeles Jurado Alonso.

  1. El Pueblo Gallego, 27-3-1952, p, 2.
  2. El Pueblo Gallego, 2-3-1971, p. 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Añoveros Trías de Bes, Xabier; Martínez Gamallo, Loli (2007). Deputación, ed. Los alcaldes de Tui del siglo XX. Historia de la ciudad a través de los plenos municipales. Pontevedra. ISBN 978-84-612-2481-4. 
Predecesor:
Rosendo Bugarín Domínguez
 
Alcalde de Tui
 
1951 - 1957
Sucesor:
Gonzalo Álvarez Besada