José Gómez Naveira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1906 Carral, España |
Morte | novembro de 1965 (58/59 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, fiscal |
José Gómez Naveira, nado en Carral en 1906 e finado en Pontevedra en novembro de 1965,[1] foi un fiscal galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aprobou as oposicións ao corpo de fiscais con 22 anos e non puido exercer até cumprir a idade regulamentaria tres anos despois. Foi fiscal en Tenerife, Xaén e A Coruña. Na Coruña foi denunciando e marchou en comisión de servizo a Albacete.
O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colleuno na Coruña pois acompañaba a súa muller que quería que o seu fillo nacese alí. O 3 de agosto de 1936 foi suspendido de emprego e soldo. Pasou a guerra pechado na súa casa. Foi multado e o seu patrimonio foi espoliado. Non puido volver exercer até 1959, cando puido regresar á carreira, na Audiencia Provincial de Pontevedra.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Concepción López.[2]
Homenaxes
[editar | editar a fonte]En 2004 déuselle o seu nome a unha rúa da Coruña.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 13-11-1965, p. 8.
- ↑ María Concepción López (3 de maio de 2003). "«José fue fusilado en vida»". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ "El fiscal Gómez Naveira tendrá desde el martes una calle en la zona de la Torre". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xuño de 2004.