José Caballero Rubio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de marzo de 1909 Hinojosa del Duque, España |
Morte | outubro de 1936 (27 anos) O Confurco, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Partido político | Unión Republicana |
José Caballero Rubio, nado en Hinojosa del Duque (Córdoba) o 22 de marzo de 1909[1] e finado no Confurco (Xinzo, Ponteareas) en outubro de 1936, foi un mestre e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi mestre interino en Peñarroya-Pueblonuevo (1927), El Viso (1928) e Sileras (1929). En 1930 aprobou as oposicións. Foi destinado na escola de Triñáns (Abanqueiro). Secretario da agrupación boirense de Unión Republicana foi nomeado concelleiro en Boiro e elixido tenente de alcalde logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído e, posteriormente, detido co tamén mestre Rodrigo Álvarez Gantes. Trasladado ao cárcere de Santiago de Compostela, foi sacado da cadea unha noite de outubro de 1936 e asasinado. O seu cadáver apareceu no Confurco (Xinzo, Ponteareas).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 62.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Díaz Fernández, Xerardo (1982). Os que non morreron. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-126-0.
- Rodríguez Gallardo, Antón (2022). A Segunda República en Boiro (1931-1936) (PDF). Deputación da Coruña. ISBN 978-84-9812-394-4.