José Antonio Ferreiro González (policía)
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 O Valadouro, España |
Morte | 23 de setembro de 1978 (25/26 anos) Vitoria, España |
Causa da morte | homicidio |
Actividade | |
Ocupación | policía |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2013.) |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: José Antonio Ferreiro González.
José Antonio Ferreiro González, nado no Valadouro en 1952 e finado en Gasteiz o 23 de setembro de 1978, foi un policía galego asasinado por ETA.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]José Antonio Ferreiro era membro da Policía Armada, un extinto corpo policial español. Destinado en Gasteiz, o 23 de setembro de 1978 recibiron na súa comisaría unha chamada avisando de que había un home atado a un poste, nas aforas da cidade, cunha bomba no peito. Cando cinco policías se presentaron no sitio, preto do lugar de Argandoña, non había ninguén, pero estourou unha bomba. Como resultado da explosión, catro policías foron feridos e Ferreiro faleceu no acto.
Galardóns
[editar | editar a fonte]- Cruz da Garda Civil con distintivo vermello
- Medalla de Ouro ao mérito policial
- Unha rúa no Valadouro leva o seu nome