Saltar ao contido

Jordan Bardella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJordan Bardella

(2022) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de setembro de 1995 Editar o valor em Wikidata (28 anos)
Drancy, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Líder do partido Fronte Nacional
5 de novembro de 2022 –
← Marine Le Pen
Eurodeputado
Representa: Fronte Nacional

2 de xullo de 2019 –

Circunscrición electoral: France (en) Traducir

Vicepresidente Fronte Nacional
16 de xuño de 2019 –
Voceiro Fronte Nacional
21 de setembro de 2017 – 16 de xuño de 2019 – Laurent Jacobelli →
Member of the regional council of Île-de-France (en) Traducir
13 de decembro de 2015 –

Circunscrición electoral: Sena-San Denis
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia
Italia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversité Paris-Sorbonne - xeografía Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , estudante Editar o valor em Wikidata
Partido políticoFronte Nacional (2012–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaLe Pen family (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParellaNolwenn Olivier (pt) Traducir (2019–)
Kerridwen Chatillon (en) Traducir (2017–2018) Editar o valor em Wikidata
ParentesMarine Le Pen (tía política) Editar o valor em Wikidata

Páxina webjordan-bardella.fr Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm10446148 Facebook: JordanBardella Twitter: J_Bardella Instagram: jordanbardella Youtube: UC9EIPcg_HHCWemt6JCJ5JEg TikTok: jordanbardella Editar o valor em Wikidata

Jordan Bardella, nado en Drancy (Illa de Francia), o 13 de setembro de 1995, é un político francés militante da Agrupación Nacional. Militante das mocidades da Fronte Nacional dende 2012, é Conselleiro Rexional da Illa de Francia dende 2015, eurodeputado dende 2019, é o presidente de Agrupación Nacional dende o 5 de novembro de 2022. Estreito colaborador de Marine Le Pen, encabezou as listas da Agrupación Nacional ás eleccións lexislativas de 2024 co obxectivo do ser o primeiro ministro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Naceu o 13 de setembro de 1995 en Drancy, no departamento de Sena-San Denis, é fillo único da unión dos seus pais, que se separaron cando el tiña un ano.[1] O pai era propietario de máquinas expendedoras e a nai docente de educación infantil, o seu avó materno inmigrou a Francia dende Turín na década de 1960, o seu bisavó parterno era de orixe alxerina e o seu avó por parte de pai converteuse ao islam.[2][3] Estudou o ensino medio no Liceo Xoán Bautista de La Salle, un centro privado, e comezou a carreira universitaria de Xeografía na Sorbona, aínda que non a rematou.[4][5][6]

Carreira política[editar | editar a fonte]

Con 16 anos, e moi influído pola figura de Marine Le Pen, comezou a militar nas mocidades da Fronte Nacional.[7] Protagonizou un rápido ascenso político: no 2015 foi asesor do eurodeputado da Fronte Nacional, Jean-François Jalkh, e resultou electo membro do Consello Rexional da Illa de Francia.[8][9] Paralelamente, gañou sona como referencia para os asuntos relativos ás banlieues (suburbios parisienses deprimidos): organizou as chamadas Banleieus Patriotiques, coa finalidade de difundir á Fronte Nacional entre os residentes nelas e atraer voto nos que chamaban "territorios abandonados da República".[4][10] No 2017 formou parte do equipo de campaña das presidenciais de Marine Le Pen, quen chegou á segunda volta mais derrotada por Emmanuel Macron.[11] Semanas máis tarde, Jordan Bardella procurou ser deputado na Asemblea Nacional candidatándose polo distrito 12 de Sena-San Denis. Aínda que obtivo o 15,06% dos votos emitidos, non logrou pasar á segunda volta.[12] Ese mesmo ano foi nomeado un dos voceiros do partido e, no 2018, liderou Generation Nation, as mocidades do partido.[13]

Foi o cabeza de lista de Agrupación Nacional para ás eleccións europeas de 2019, quedando en primeira posición co 23,34% dos votos.[14] Como eurodeputado integrouse no grupo de Identidade e Democracia e foi membro da comisión parlamentaria de Peticións.[15] Tamén se presentou para presidente rexional da Illa de Francia en 2021, aínda que perdeu contra a gaullista Valérie Pécresse. Se ben na primeira volta lograra o 13,12% dos sufraxios, na segunda baixou ao 10,79%.[16] Na opinión dalgúns analistas, a súa falta de formación universitaria e a escasa conexión coa realidade rexional, limitaron a súa valoración polos votantes.[17] Dende 2022 ocupa a presidencia da Agrupación Nacional logo da renuncia de Marine Le Pen a esta responsabilidade.[18]

Eleccións europeas de 2024[editar | editar a fonte]

Nas eleccións europeas do 2024 revalidou a súa primeira posición sumando o 31,37% dos votos, duplicando á candidatura en segunda posición.[19][20][21] O impacto destes resultados levaron ao presidente Emmanuel Macron a disolver á Asemblea Nacional e a convocar eleccións lexislativas para o 30 de xuño e 7 de xullo de 2024. Jordan Bardella liderou á Agrupación Nacional neses comicios, presentándose como o candidato a primeiro ministro no caso de gañar unha maioría. Na primeira volta, a Agrupación Nacional confirmou a súa condición de favorita, e gañou as eleccións lexislativas por vez primeira, colleitando o 33,34% dos votos[22] e quedando en primeira posición en 297 circunscricións das 577 e con 39 deputados electos antes da segunda volta.[23]

Politicamente é moi próximo a Marine Le Pen, considerado por algúns como un "monicreque" dela.[24][25] É parella dunha sobriña de Marine Le Pen, o que levou a certas acusacións de nepotismo.[26]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jordan Bardella: the 28-year-old 'captain' of France's far-right party". France 24 (en inglés). 2024-06-09. Consultado o 2024-07-02. 
  2. "Après l’Algérie, le Maroc : nouvelles révélations sur les liens de Jordan Bardella avec le Maghreb - Jeune Afrique.com". JeuneAfrique.com (en francés). Consultado o 2024-07-02. 
  3. "Jordan Bardella : biographie et actualités - Challenges". www.challenges.fr. Consultado o 2024-07-02. 
  4. 4,0 4,1 "Le FN affiche sa volonté de (re)conquérir les banlieues". Le Monde.fr (en francés). 2016-09-03. Consultado o 2024-07-02. 
  5. "Jordan Bardella, l'enfant gâté du lepénisme". La Croix (en francés). 2024-06-30. ISSN 0242-6056. Consultado o 2024-07-02. 
  6. Marsi, Federica. "Who is Jordan Bardella, the fresh-faced darling of the French far right?". Al Jazeera (en inglés). Consultado o 2024-07-02. 
  7. "Régionales: Jordan Bardella, jeune candidat FN, mène campagne en Seine-Saint-Denis". Le Point (en francés). 2015-12-02. Consultado o 2024-07-02. 
  8. Fargues, Laurent (2019-04-18). "Le passé secret d’assistant parlementaire de Jordan Bardella". Challenges (en francés). Consultado o 2024-07-02. 
  9. "Découvrez les 17 élus du 93 au conseil régional". leparisien.fr (en francés). 2015-12-14. Consultado o 2024-07-02. 
  10. "Européennes : comment Jordan Bardella joue la carte des banlieues… pour faire peur". lejdd.fr (en francés). 2019-05-14. Consultado o 2024-07-02. 
  11. "Les "jeunes loups" de Marine Le Pen". Les Echos Start (en francés). 2017-05-05. Consultado o 2024-07-02. 
  12. "Résultats des élections législatives 2017". Arquivo: Ministerio do Interior, Lexislativas 2017 (en francés). Consultado o 2024-07-02. 
  13. "Jordan Bardella nommé porte-parole du FN". leparisien.fr (en francés). 2017-09-21. Consultado o 2024-07-02. 
  14. "Résultats des élections européennes 2019". Ministère de l'Interieur et des outre-mer. 
  15. "Dans quelle(s) commission(s) parlementaire(s) siègent les eurodéputés français ?". Touteleurope.eu (en francés). 2019-07-20. Consultado o 2024-07-02. 
  16. "Régionales 2021 : les résultats en Île-de-France". www.iledefrance.fr (en francés). Consultado o 2024-07-02. 
  17. "Jordan Bardella, héritier Le Pen par intérim - Le Temps" (en francés). 2021-07-04. ISSN 1423-3967. Consultado o 2024-07-02. 
  18. "French far-right set to pick Bardella, 27, as Le Pen successor". France 24 (en inglés). 2022-11-05. Consultado o 2024-07-02. 
  19. "2024 European election results: France". European Parliament: European Elections 2024 (en inglés). Consultado o 2024-07-02. 
  20. "Francia. Resultados por partido político nacional - 2024-2029". results.elections.europa.eu (en castelán). 10 de xuño de 2024. Consultado o 2 de xullo de 2024. 
  21. "Jordan Bardella, el nuevo rostro de la extrema derecha europea". euronews (en castelán). 2024-06-28. Consultado o 2024-07-02. 
  22. Redacción (1 de xullo de 2024). "Resultados de las elecciones en Francia 2024 | Le Pen pide un amplio respaldo en la segunda vuelta para poder gobernar sin ataduras". elpais.com (en castelán). Consultado o 2 de xullo de 2024. 
  23. "CARTES. Résultats des législatives 2024 : visualisez dans quelles circonscriptions le Nouveau Front populaire, Ensemble, le RN et LR sont qualifiés pour le second tour". Franceinfo (en francés). 2024-07-01. Consultado o 2024-07-02. 
  24. "Européennes : Jordan Bardella, tête de liste du Rassemblement national aux airs de faire-valoir". lejdd.fr (en francés). 2019-01-12. Consultado o 2024-07-02. 
  25. Berteloot, Tristan. "Jordan Bardella, poupée de Front pour les européennes". Libération (en francés). Consultado o 2024-07-02. 
  26. "Jordan Bardella en couple avec l'une des petites-filles de Jean-Marie Le Pen". parismatch.com (en francés). 2020-10-16. Consultado o 2024-07-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]