John Cornford
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de decembro de 1915 Cambridge, Reino Unido |
Morte | 28 de decembro de 1936 (21 anos) Lopera, España |
Educación | Stowe School (en) Trinity College King's College School (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritor, brigadista |
Carreira militar | |
Rama militar | Brigadas Internacionais |
Conflito | guerra civil española |
Familia | |
Cónxuxe | Rachel Peters |
Fillos | James Peters Cornford |
Pais | F. M. Cornford e Frances Cornford |
Irmáns | Christopher Cornford Hugh Wordsworth Cornford [Ruth] Clare Cornford Helena D. Cornford |
Rupert John Cornford, nado en Cambridge o 27 de decembro de 1915 e finado en Lopera, Xaén, o 28 de decembro de 1936, foi un escritor e comunista británico, ademais de brigadista internacional na Guerra Civil Española.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Francis Macdonald Cornford, catedrático de cultura clásica na Universidade de Cambridge e de Frances Cornford, era bisneto de Charles Darwin.
Educouse en Stowe School e o Trinity College así como na London School of Economics. Antes de graduarse uniuse ao Partido Comunista de Gran Bretaña onde se atopou con outros destacados membros do Trinity, como Guy Burgess, Donald Maclean, Kim Philby e James Klugmann, así como á historiadora Margot Heinemann, da quen foi amante e a quen dedicou varios poemas. En 1933 xa era un activo membro do Partido Comunista.
Durante a guerra civil española foi recrutado na Universidade para formar parte das Brigadas Internacionais. No entanto, integrouse primeiro nas unidades do Partido Obreiro de Unificación Marxista (POUM) na Fronte de Aragón en agosto de 1936, para regresar a Inglaterra e volver de novo a España en decembro do mesmo ano, xa como membro da XIV Brigada Internacional.[2] Morreu durante unha acción durante a batalla de Lopera, onde xa falecera o día anterior Ralph Fox, na chamada Fronte de Andalucía.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 1999 inaugurouse en Lopera (Xaén) un monumento homenaxe a Ralph Fox, Cornford e o resto de brigadistas no centro do chamado Jardín de los poetas ingleses.[3]
Obra literaria
[editar | editar a fonte]Considerado un representante do modernismo poético e o modernismo anglosaxón, os seus traballos máis coñecidos son The Last Mile to Huesca (1936) e Poems from Spain (1936).
- Understand the Weapon, Understand the Wound: Selected Writings of John Cornford (1976) editado por Jonathan Galassi
- Peter Stansky, William Abrahams, Journey to the Frontier; Two roads to the Spanish Civil War.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Hugh Thomas, La Guerra Civil Española, pág. 537.
- ↑ The Commune de Paris Battalion, 11th International Brigade
- ↑ "La batalla de Lopera en la Guía Turística Time Out". Arquivado dende o orixinal o 8 de xaneiro de 2009. Consultado o 1 de decembro de 2008.