Saltar ao contido

Johan Soarez de Pávia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohan Soarez de Pávia
Nome orixinal(pt) João Soares de Paiva Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1140 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Portugal Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoCantiga Editar o valor en Wikidata

Johan Soárez de Pavia (ou Paiva)[1], foi un trobador posibelmente catalán[Cómpre referencia] que viviu entre os séculos XII e XIII. É o primeiro poeta galego-portugués coñecido[Cómpre referencia], pois naceu pouco despois da batalla de Ourique, acontecida en 1139.

Sábese que escribiu cantigas de amor hoxe perdidas. Só se conserva unha composición deste autor, que resulta ser o texto máis antigo dos conservados na lírica medieval galaico-portuguesa. Trátase da cantiga Ora faz ost´o senhor de Navarra, un sirventés satírico de tipo político no que abundan as referencias históricas e sociais á rexión navarro-aragonesa e que ten influencias da épica francesa. Pertence ao xénero das cantigas de escarnio e maldicir. Segundo os estudosos medievalistas Carlos Alvar e Vicenç Beltran, esta cantiga debeuse compoñer ao redor do ano 1200.[2]

  1. O seu nome aparece nos escritos medievais como Johã soarez de pauha, Johã Soares de Paiva, Johan Soarez de panha, Joham Soares de Pavha e Joan Soares de Pávha.
  2. Alvar, Carlos; Beltrán, Vicente (1989). Antología de la poesía gallego-portuguesa. Alhambra. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]