Saltar ao contido

Joaquín Cortizo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cortizo
Información persoal
Nome Joaquín Cortizo Rosendo
Nacemento 4 de outubro de 1932
Lugar de nacemento Ribadavia
Falecemento 4 de xaneiro de 2018
Lugar de falecemento Las Infantas
Altura 1,68 m.
Posición Defensa
Carreira xuvenil
Escudeiros
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
–1953 Ribadavia FC
1953–1954 Cultural Leonesa
1954–1955 Lugo
1955–1956 Ourense
1956–1958 Celta de Vigo 7 (0)
1958–1966 Zaragoza 142 (2)
1966–1968 Jaén 26 (0)
Adestrador
1968 Jaén
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Joaquín Cortizo Rosendo, nado en Ribadavia o 4 de outubro de 1932 e finado en Las Infantas (Xaén) o 4 de xaneiro de 2018,[1] foi un futbolista galego que xogaba de defensa, aínda que nos seus inicios xogou algunhas tempadas como dianteiro centro. Tras militar na Cultural Leonesa, no Lugo e no Ourense, xogou dez tempadas na Primeira División, dúas co Celta de Vigo e oito co Zaragoza dos "Cinco Magníficos", co que gañou dúas Copas do Xeneralísimo e unha Copa de Feiras.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no campo da feira da súa vila, sendo o seu primeiro equipo o Escudeiros de Esposende.[2] Coñecido nos seus inicios como "Cancas" xogou no Ribadavia FC, do que foi capitán.[2] Posteriormente pasou pola Cultural Leonesa, da Terceira División e en 1954 recalou no Lugo, da mesma categoría.[3] Durante esta eṕoca xogaba de dianteiro centro, pero trala súa fichaxe en 1955 polo Ourense,[4] o adestrador Cuqui Bienzobas atrasou a súa posición ata a defensa.[5] Co equipo ourensán proclamouse campión do seu grupo de Terceira, pero perdeu a promoción de ascenso contra o Sestao.[6]

En 1956 fichou polo Celta de Vigo, adestrado por Scopelli. Con todo, non debutou ata a penúltima xornada da tempada 1956/57, nun partido contra o Valencia no que formou defensa con Quinocho e Villar e no que os celestes aseguraron a permanencia na Primeira División ao gañar 2-1.[7] Apenas dispuxo de minutos tampouco na tempada seguinte, con Pasarín no banco, pechando a súa etapa celtista con só 12 partidos en dous anos.

En xuño de 1958 foi traspasado xunto cos seus compañeiros Mauro e Gausí ao Zaragoza.[8] Alí coincidiu cos tamén ourensáns Rodolfo e Wilson Jones, e durante anos formou na defensa xunto co lucense Severino Reija. Formou parte do equipo coñecido como o Zaragoza dos "Cinco Magníficos", que liderado por Canário, Santos, Marcelino, Villa e Lapetra, conseguiu os primeiros títulos da historia do club.

En 1963 gañou a Copa de Feiras, ao vencer ao Valencia na final do Camp Nou, e disputou no mesmo estadio a súa primeira final da Copa do Xeneralísimo, perdendo contra o FC Barcelona. Repetiu presenza na final da Copa do Xeneralísimo ao ano seguinte, gañando esta vez o título ao derrotar ao Atlético de Madrid por 2-1. O club aragonés chegou á final aínda dúas veces máis nas dúas seguintes tempadas, aínda que Cortizo quedou no banco en ambas finais, das que gañou a de 1966. Disputou un total de 197 partidos oficiais co Zaragoza en oito tempadas, e marcou dous goles, un deles contra o Real Madrid no Santiago Bernabéu e outro contra o Sevilla no Sánchez Pizjuán.

Cortizo ostenta o récord da sanción máis dura recibida no fútbol español, pois foi suspendido durante 24 partidos. O 27 de decembro de 1964, nun encontro do Zaragoza contra o Atlético de Madrid, ao defender un balón, supostamente partiulle a tibia ao dianteiro Enrique Collar.[9] Cortizo negou que lle fixese falta, e o árbitro non apreciou gravidade na entrada e non o expulsou. Mais posteriormente o Comité de Competición aplicoulle a sanción que lle acabaría custando 15 partidos de Liga e 9 de Copa. O Comité de Competición estaba presidido por Ramón María del Arroyo, vicepresidente do Atlético de Madrid.[10]

Finalizou a súa carreira deportiva no Real Jaén, co que conseguiu o ascenso a Segunda División na tempada 1966/67. Nas xornadas finais da seguinte tempada actuou como xogador-adestrador, trala destitución de Manuel Doménech, pero non conseguiu salvar o equipo do descenso de novo a Terceira.

Logo de retirarse continuou vivindo toda a súa vida en Xaén, onde foi secretario técnico e presidente do Jaén entre 1987 e 1990.[11][10]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
CD Ourense
Real Zaragoza
Real Jaén
  1. "Fallece Joaquín Cortizo, integrante de Los Magníficos". As (en castelán). 4 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Ribadavia". El Pueblo Gallego (en castelán) (9660). 2 de novembro de 1952. p. 2. Consultado o 28 de decembro de 2021. 
  3. "El C. D. Lugo es un equipo nuevo". La Noche (en castelán) (10468). 17 de setembro de 1954. p. 5. Consultado o 28 de decembro de 2021. 
  4. "Ha fichado el delantero centro Cortizo". La Región (en castelán) (40176). 26 de agosto de 1955. p. 5. Consultado o 28 de decembro de 2021. 
  5. "Hoy firmará compromiso con el club el defensa Cortizo, que procede del Orense". El Correo Gallego (en castelán) (25257). 5 de xullo de 1956. p. 8. Consultado o 28 de decembro de 2021. 
  6. "Se impuso el fondo del Sestao al ardor combativo del C.D. Orense". La Región (en castelán) (14396). 22 de maio de 1956. p. 4. Consultado o 28 de decembro de 2021. 
  7. "El Celta se asegura la permanencia en Primera División, al vencer por 2 a 1 al Valencia". La Noche (en castelán). 15 de abril de 1957. p. 1. Consultado o 28 de decembro de 2021. 
  8. "Mauro, Gausí y Cortizo, traspasados por el Celt al Zaragoza". El Pueblo Gallego (en castelán) (11295). 19 de xuño de 1958. p. 7. Consultado o 28 de decembro de 2021. 
  9. "Collar tardará en curar siete semanas". El Pueblo Gallego (en castelán). 29 de decembro de 1964. p. 15. Consultado o 28 de decembro de 2021. 
  10. 10,0 10,1 Álvarez, Armando (26 de abril de 2009). "¿Crimen? y castigo". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2021. 
  11. "Joaquín Cortizo Rosendo: 'Sanciones así te marcan, porque no habrá otra igual en la vida'" (en castelán). 8 de maio de 2009. Consultado o 28 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]