Saltar ao contido

Joaquín Calvo Sotelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoaquín Calvo Sotelo
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1905 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de abril de 1993 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Mingorrubio - O Pardo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Central Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor, dramaturgo, xurista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoDramaturxia Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisPedro Calvo Camina Editar o valor en Wikidata  e Elisa Sotelo Lafuente Editar o valor en Wikidata
IrmánsJosé Calvo Sotelo
Leopoldo Calvo Sotelo
María del Pilar Calvo Sotelo
Luis Calvo Sotelo Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura

IMDB: nm0130913 BNE: XX827166 BUSC: calvo-sotelo-joaquin-1905-1993 Dialnet: 51273 WikiTree: Calvo_Sotelo-6 Editar o valor en Wikidata

Joaquín Calvo Sotelo, nado na Coruña o 5 de marzo de 1905[1] e finado en Madrid o 7 de abril de 1993[2], foi un xornalista e dramaturgo galego, irmán e tío, respectivamente, dos políticos José Calvo Sotelo e Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do xuíz Pedro Calvo Camina e de Elisa Sotelo Lafuente. Pola profesión do seu pai mudou frecuentemente de residencia durante a súa infancia, ata radicarse definitivamente en Madrid, estudando cos xesuítas de Chamartín, e logo dereito na Universidade Central. En 1927 ingresou no Corpo de Avogados do Estado. Como cronista escribiu principalmente no ABC e percorreu practicamente o mundo todo, escribindo algúns libros de viaxes como Nueva York en retales ou Muerte y resurrección de Alemania. Por un dos artigos recollidos neste segundo volume recibiu o Premio Mariano de Cavia de 1950.

Secretario xeral da Cámara Oficial do Libro de Madrid desde 1933, atopábase na capital de España tanto no momento do asasinato do seu irmán José o 13 de xullo de 1936 como cando, días despois, co inicio da guerra civil española, Madrid quedou dentro da zona leal á República. Joaquín procurou refuxio na embaixada de Turquía primeiro e despois na de Chile, grazas á cal logrou embarcar en Alacant no destrutor da Armada Arxentina Tucumán no que viaxou a Marsella.[3] De volta ao lado nacional mantivo o seu posto, transformado polas súas xestións no Instituto Nacional do Libro Español, do que se separou en 1943.

Foi membro numerario desde 1955 da Real Academia Española, ingresando co discurso El tiempo y su mudanza en el Teatro de Benavente e presidiu entre 1963 e 1969 a Sociedade Xeral de Autores de España. Desde 1947 foi membro correspondente da Real Academia Galega.[4] En 1970 foi nomeado Fillo Predilecto da Coruña. Por decreto de 24 de xaneiro de 1976 o Ministerio de Xustiza, dirixido por Antonio Garrigues Díaz-Cañabate, concedeulle a Gran Cruz de San Raimundo de Peñafort.

A súa primeira estrea teatral foi en Madrid 1932, A la tierra, kilómetros 500.000, á que lle seguiu El rebelde (1934) e El alba sin luz (1937) en Bos Aires; despois, La vida inmóvil (1939), Cuando llegue la noche, o seu primeiro grande éxito, e La última travesía (1943). Logrou dous premios da Real Academia Española, o premio Piquer de comedia en 1939 por La vida inmóvil e o premio Espinosa y Cortina de 1945 por La cárcel infinita. Tamén recibiu o Premio Nacional de Teatro Benavente durante dous anos consecutivos por La visita que no tocó el timbre (1950) e por Criminal de guerra (1952). Escribiu para o actor Alberto Closas unha triloxía diplomática integrada por Una muchachita de Valladolid (1957), Cartas credenciales (1960) e Operación embajada (1962).

Cultivou sobre todo a comedia (Tánger, La visita que no tocó el timbre), o drama de tese ao xeito de Manuel Linares Rivas (La muralla, La cárcel infinita, alegación anticomunista; La ciudad sin Dios, arredor da necesidade da relixión; Dinero, sobre a hipocrisía na amizade; Criminal de guerra, sobre vencedores e vencidos na segunda guerra mundial; El jefe, peza de contido antianarquista que expresa a necesidad social dun poder establecido; Historia de un resentido, obra sobre un escritor fracasado que pretende mostrar a existencia de almas nobres no bando republicano; La herencia, onde se manifesta por ir esquecendo os tráxicos acontecementos da guerra civil) e o drama histórico (María Antonieta, Plaza de Oriente, visión da historia de España desde a Restauración á guerra civil nun ton de nacionalismo e sentimentalismo exacerbado; El proceso del arzobispo Carranza, sobre o famoso proceso da Inquisición de Filipe II contra o erasmista Bartolomé de Carranza do que se beneficiaron fundamentalmente as arcas do rei; El poder, sobre o Renacemento; La pasión de amar, sobre o cisma anglicano desde a perspectiva de Catarina de Aragón).

O seu maior éxito, e a escala internacional, foi La muralla, unha peza de tese moi polémica e traducida a varios idiomas e representada innumerables veces batendo a marca ata entón de calquera obra representada con éxito en España, e que trata o tema dos vencedores e vencidos na Guerra Civil. O protagonista, mentres dirixe un corpo das tropas vencedoras, encarcera a un notario rico prometéndolle que non o fusilará se fai escrituras ao seu favor legándolle os seus bens todos; meu dito, meu feito e malia todo o notario morre. Pasado o tempo, cando goza da súa nova posición, un médico advírtelle que só lle quedan uns meses de vida, e decide salvar a súa alma devolvéndolles os bens os lexítimos propietarios, os herdeiros do notario. Mais ao seu redor levántase unha muralla constituída pola súa dona e os seus fillos, aos que lles dá o mesmo a condena da súa alma, querendo só gozar os bens que el lles vai legar. Con iso demóstrase a hipocrisía das clases burguesas.

Libros de viaxjes

[editar | editar a fonte]
  • Nueva York en retales
  • Muerte y resurrección de Alemania

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • 5 Historias de opositores y 11 historias más. Madrid: Prensa Española, 1968.
  • Cuadernos de humor y luto. 1992

Conferencias

[editar | editar a fonte]
  • Autopsia de la República. Conferencia pronunciada el día 5 de marzo en el Círculo Balmes de la Casa de Pilatos de Sevilla. 1961

Televisión

[editar | editar a fonte]
  • La bolsa de las palabras
  • La bolsa de los refranes (1977).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]