Saltar ao contido

Jim Thorpe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJim Thorpe

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de maio de 1887 ↔ 28 de maio de 1888 Editar o valor en Wikidata
Prague, Estados Unidos de América, preto do lugar Editar o valor en Wikidata
Morte28 de marzo de 1953 Editar o valor en Wikidata
Lomita, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaJim Thorpe (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaJim Thorpe House (en) Traducir (1917–1923) Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoSac and Fox Nation (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónCarlisle Indian Industrial School Editar o valor en Wikidata
Altura1.850 mm Editar o valor en Wikidata
Peso202 lb Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbeisbolista, xogador de fútbol americano, actor de cinema, guionista, actor, baloncestista, atleta, adestrador de fútbol americano Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1920 Editar o valor en Wikidata - 1929 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebéisbol
baloncesto
atletismo
Fútbol americano Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivadécatlon Editar o valor en Wikidata
LigaMajor League Baseball Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoRunning back (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
San Francisco Giants
New York Giants
Toledo Mud Hens
Atlanta Braves
Cincinnati Reds
Arizona Cardinals
Participou en
1912Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1912 - Salto em altura masculino (pt) Traducir
1912Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1912 - Pentatlo masculino (pt) Traducir (1º) (medalla de ouro olímpica)
1912Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1912 - Salto em comprimento masculino (pt) Traducir
1912Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1912 - Decatlo masculino (pt) Traducir (1º) (medalla de ouro olímpica) Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosCharlotte Marie Thorpe, Grace Thorpe Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webcmgww.com… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0861680 TV.com: people/jim-thorpe
Olympic.org: jim-thorpe WikiTree: Thorpe-1192 Find a Grave: 1031 Editar o valor en Wikidata
Jim Thorpe durante os Xogos Olímpicos de 1912

James Francis "Jim" Thorpe (en sauk-fox: Wa-Tho-Huk, traducido como "Camiño luminoso"),[1] nado o 28 de maio de 1888 e finado o 28 de marzo de 1953, foi un deportista estadounidense considerado como un dos deportistas máis versátiles dos xogos modernos. Foi campión olímpico de péntatlon moderno e décatlon, xogador de fútbol americano, de béisbol e tamén de baloncesto.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A información sobre a súa orixe varía segundo as fontes. Sábese que naceu o 27 de maio de 1887 en territorio indio no estado de Oklahoma. O seu nome nativo era Wha-Tho-Huk, que significa carreiro brillante, debido a que no momento do seu nacemento, un raio de sol iluminou a estancia onde se atopaba. No certificado de bautismo, aparece como Jacobus Franciscus Torpe.

O seu pai Hiram Thorpe era fillo dun irlandés e dunha india, mentres que os pais da súa nai, Charlotte Vieux, eran un francés e unha india.

Xunto ao seu irmán xemelgo Charlie, comezou os seus estudos escolares en Stroud, Oklahoma, na escola india. O seu irmán morreu de pulmonía aos 8 anos, isto afectou moito a Jim e en varias ocasións escapouse da escola. O seu pai enviouno entón á Universidade India das Nacións de Haskell, en Kansas. Dous anos máis tarde morreu a súa nai e Thorpe caeu nunha forte depresión. Logo de varias discusións co seu pai, abandonou o seu fogar e comezou a traballar nun rancho de cabalos.

En 1904, regresa xunto ao seu pai e incorpórase á Escola Industrial India de Carlisle en Pensilvania, onde comeza a xogar a fútbol americano. Ese mesmo ano, á morte do seu pai, abandona a escola e volve ao seu traballo na granxa durante algúns anos, para despois regresar a Carlisle no ano 1907 e comezar a súa carreira atlética. Durante os anos seguintes, ademais de atletismo practicou fútbol americano, béisbol, lacrosse, baloncesto e ata baile de salón.

Conseguiu popularidade a nivel nacional en 1911 ao gañar coa súa escola o campionato nacional colexial de fútbol americano. Este deporte era o preferido de Thorpe, con todo foi nas pistas de atletismo onde conseguiu fama mundial.

En 1912, participou nos Xogos Olímpicos celebrados en Estocolmo. Conseguiu a medalla de ouro en péntatlon (salto de lonxitude, lanzamento de xavelina, 200 metros, lanzamento de disco e 1500 metros) e o mesmo metal en décatlon. Tamén participou na final de salto de altura (4º posto) e na de salto de lonxitude (7º posto).

Ao ano seguinte, fóronlle retiradas as medallas por xogar anos antes a béisbol semi profesional cobrando 25 dólares á semana. O lado positivo disto foi que recibiu suculentas ofertas de equipos profesionais de béisbol. Fichou polos Xigantes de Nova York e posteriormente xogou tamén noutros equipos ata a súa retirada en 1928.

En 1920 foi nomeado o primeiro presidente da nacente Asociación Americana de Football Profesional.

En 1950, foi considerado pola axencia de noticias AP, como o mellor deportista dos primeiros cincuenta anos do século.

En outubro de 1982, o Comité Olímpico Internacional, restituíu as medallas a Thorpe, sendo dous dos seus fillos, os que luciron as medallas.

Vida familiar

[editar | editar a fonte]

Contraeu matrimonio en 1913 con Iva Miller en Carlisle, tiveron catro fillos Jim Jr. (morto aos dous anos), Gale, Charlotte e Grace. Debido aos seus problemas coa bebida, separáronse en 1924. Volveu casar en 1926 con Freeda Kirkpatrick coa que tivo catro fillos: Carl, William, Richard e John.

Logo de terminar a súa carreira deportiva, loitou para sacar adiante á súa familia. Atopou serias dificultades para traballar fóra dos deportes e non aguantaba moito tempo nun mesmo posto. A gran depresión de 1929 empeorou as cousas e Thorpe foi de traballo en traballo. Actuou como extra en varias películas, case sempre no papel de xefe indio. Tamén traballou na construción, como porteiro de club e en 1945 estaba na mariña mercante.

Catro anos antes divorciouse da súa segunda esposa polas longas ausencias do fogar. En 1950, estaba practicamente na ruína, foi hospitalizado por caridade debido a un cancro de beizo. Tres anos máis tarde sufriu o seu terceiro ataque ao corazón mentres comía coa súa terceira esposa, morrendo pouco despois á idade de 65 anos.

  1. Encyclopedia of World Biography (ed.). "Jim Thorpe Biography". Consultado o 13 de novembro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]