Jim Craig
Nome orixinal | (en) James Philip Craig | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 7 de maio de 1943 (81 anos) Glasgow, Reino Unido | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Glasgow St. Gerard's RC Secondary (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Escocia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Lateral | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
James Philip Craig, nado en Glasgow o 7 de maio de 1943), coñecido polos seus achegados coma Cairney, foi un xogador de fútbol escocés, un dos Lisbon Lions.
Chegou ó Celtic de Glasgow asinando un contrato de afeccionado no 1963 para se converter en profesional o 7 de xaneiro de 1965. Dende entón e ata o seu retiro vestiu a camisola verdibranca nun total de 231 ocasións metendo 6 goles. Este xogador escocés desenvolvía a demarcación de lateral dereito.
A pesar dos grandes fitos acadados co Celtic, só puido te-la oportunidade de xogar para a Selección escocesa de fútbol nunha ocasión sendo un encontro de clasificación para a Eurocopa de 1968 contra o País de Gales co resultado final de 3-2 para os escoceses.
É rechamante o feito de que despois de pasaren uns anos dende a consecución da Copa de Europa se retirara do fútbol para dedicarse enteiramente ó seu grande soño, ser odontólogo.