Jeremiah Clarke
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1674 Londres, Reino Unido |
Morte | 1 de decembro de 1707 (32/33 anos) Londres, Reino Unido |
Causa da morte | suicidio |
Lugar de sepultura | Catedral de San Paulo de Londres |
Actividade | |
Ocupación | compositor |
Movemento | Música barroca |
Profesores | John Blow |
Instrumento | Órgano |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography A Dictionary of Music and Musicians, 1900 (en) Dicionario Musical Riemann (1901–1904) |
Jeremiah Clarke nado en Inglaterra cara a 1674 e finado no mesmo país o 1 de decembro de 1707, foi un compositor e organista inglés do Barroco.
Vida
[editar | editar a fonte]Crese que Jeremiah Clarke naceu en Londres e foi alumno de John Blow na catedral de San Paulo, nesa cidade. Posteriormente converteuse en organista na Capela Real.
"Unha violenta e desesperada paixón por unha muller moi fermosa dunha clase social superior á súa" provocou que se suicidase mediante un disparo o 1 de decembro de 1707[1]. En caso de suicidio, a Igrexa non se aceptaba normalmente o enterramento nun camposanto, pero con Clarke fíxose unha excepción, xa que foi enterrado na cripta da catedral de San Paulo[2] (aínda que tamén hai outras fontes que sosteñen que onde realmente se enterrou foi na parte non consagrada da catedral)[3].
Foi sucedido no seu posto por William Croft.
Obra
[editar | editar a fonte]Clarke lémbrase hoxe maiormente pola Prince of Denmark's March ("Marcha do Príncipe de Dinamarca"), peza para teclado moi popular, chamada adoito Trumpet Voluntary. Desde aproximadamente 1878 e ata a década de 1940, esta obra foi atribuída a Henry Purcell. Foi publicada como Trumpet Voluntary by Henry Purcell na obra de William Sparkes[4]. Esta versión chamou a atención de Henry Joseph Wood, que fixera transcricións dela que foron gravadas.[5]
Tamén destacan entre as súas obras Trumpet Tune in D, King William's March, diversas composicións para clavicémbalo e órgano, e misas e outras pezas de música relixiosa (que abranguen 20 himnos e varias odas).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O suicidio e os seus antídotos: unha serie de anécdotas e relatos reais, con suxestións sobre a angustia mental. 1824 [En inglés].
- ↑ "Jeremiah Clarke en Classical.com". Archived from the original on 02 de decembro de 2013. Consultado o 19 de abril de 2016.
- ↑ "Jeremiah Clarke en Find a Grave Memorial.".
- ↑ Sparkes, William. Short Pieces for the Organ. Volume VII. Nº. 1. Ed. Ashdown and Parry. Londres.
- ↑ The New Grove Dictionary of Music & Musicians. Ed. Stanley Sadie; 1980. ISBN 1-56159-174-2
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Música clásica |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jeremiah Clarke no Proxecto de Biblioteca Internacional de Partituras Musicais (IMSLP).
- Jeremiah Clarke Arquivado 30 de novembro de 2016 en Wayback Machine. na Choral Public Domain Library (CPDL).