Saltar ao contido

Javier Estévez Viana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJavier Estévez Viana
Biografía
Nacementoc. 1903 Editar o valor en Wikidata
As Neves, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (32/33 anos)
Ponteareas, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante, xornalista, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 7644

Javier Estévez Viana, nado nas Neves cara 1903 e finado en Ponteareas o 14 de setembro de 1936, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sobriño de Alejandro Viana Esperón. Membro do Centro Republicano de Tui, pasou en 1933 a militar no Partido Republicano Radical Socialista.[1] Militou despois en Izquierda Republicana e foi elixido vicesecretario da Juventud de Izquierda Republicana de Ponteareas en marzo de 1935.[2] Comerciante en Ponteareas. Colaborou en Tribuna e Renovación e foi correspondente de El País en Ponteareas.[3] Participou nos mitins da campaña para as eleccións de febreiro de 1936.[4]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi membro do Comité de Defensa da República de Ponteareas. Tomada a vila polos facciosos, agochouse na casa duns correlixionarios preto do mosteiro de Canedo. Foi detido e ingresou no cárcere de Tui o 13 de agosto. Ás sete da tarde do 14 de setembro a Garda Civil e un grupo de falanxistas de Ponteareas levárono ao depósito municipal da vila. Foi torturado para que delatase o agocho dos republicanos fuxidos: malleiras, amputación dos órganos sexuais, perda das unllas e perforacións nos pulmóns con agullas. Levárono á praza da vila ameazándoo con matalo diante da casa da súa nai. Finalmente asasinárono no cemiterio da vila.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Vigo con Isabel Sangermán Alfaro en novembro de 1929.[5]

  1. Tribuna, 6-8-1933, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 26-3-1935, p. 15.
  3. El Pueblo Gallego, 6-7-1935, p. 15.
  4. El Pueblo Gallego, 14-2-1936, p. 12.
  5. El Pueblo Gallego, 19-11-1929, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]