Jason Derulo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Jason Joel Desrouleaux 21 de setembro de 1989 (35 anos) Miramar, Estados Unidos de América (pt) |
Outros nomes | Jason Derulo |
Educación | Dillard High School (en) American Musical and Dramatic Academy (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Miami |
Ocupación | bailarín, cantante, actor, compositor de cancións, produtor musical, vocalista, compositor, rapeiro, cantautor, actor de cinema |
Período de actividade | 2006 - |
Xénero artístico | Música pop, Rhythm and blues, R&B contemporáneo e música hip hop |
Influencias | |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Piano e voz |
Selo discográfico | Warner Bros. Records Beluga Heights (pt) Asylum Records Geffen Records Atlantic Records Warner Music Group Warner Records Slip-n-Slide Records (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | jasonderulo.com |
|
Jason Joël Desrouleaux, nado en Miami (Florida) o 21 de setembro de 1989, é un cantante, compositor e bailarín estadounidense de orixe haitiana, máis coñecido como Jason Derulo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira escribindo cancións para diversos cantantes estadounidenses. No ano 2009 lanza o seu primeiro sinxelo "Whatcha Say" co selo Warner Bros. Records. O sinxelo alcanzou fama mundial, liderando as listas de éxitos en Estados Unidos, España, Reino Unido, Ucraína ou Canadá e vendendo máis de 2 millóns en iTunes, Amazon e outras plataformas.
O segundo sinxelo de Jason foi, "In My Head", lanzado en decembro de 2009, foi un éxito de vendas tamén, logrando encabezar a lista Billboard dos Estados Unidos. O seu primeiro álbum, Jason Derülo, lanzouse o 2 de marzo de 2010 a nivel mundial. O seu segundo álbum, Future History, lanzouse o 16 de setembro de 2011, o primeiro sinxelo deste álbum, "Don't Wanna Go Home chegou ó primeiro posto nas listas do Reino Unido. O 24 de setembro de 2013 sacou o seu terceiro álbum, Tattoos.
Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Jason naceu no Rulo, Miami o 21 de setembro de 1989 de padres haitianos. Fixo concertos dende os 5 anos, e aos 8, escribiu a súa primeira canción, "Crush On You".
Estudou ópera, teatro e ballet na súa xuventude. Estudou na Dillard Center for the Arts en Fort Lauderdale, Florida e graduouse na American Musical and Dramatic Academy, en Nova York
Carreira
[editar | editar a fonte]2006 - 2010: Comezos e Jason Derülo
[editar | editar a fonte]O 4 de agosto de 2009, Jason lanza o seu primeiro sinxelo, "Whatcha Say, que chega ao alto das listas internacionais rapidamente.
O seu álbum debut, Jason Derülo, lánzase o 2 de marzo de 2010. Ese mesmo ano, faría de abreconcertos para a xira polos Estados Unidos de Lady Gaga.
2011 - 2012: Future History e outros eventos
[editar | editar a fonte]En 2011, Jason grava xunto a Demi Lovato o sinxelo, "Together" para o seu álbum Unbroken. O seu segundo álbum, Future History lánzase o 27 de setembro de 2011.
2013 - actualidade: Tattoos e Dirty Talk
[editar | editar a fonte]O 16 de abril de 2013, Derulo edita o seu sinxelo, "The Other Side" que chega ás radios o 23 de abril de 2013. Derulo anunciaba mediante Twitter que o seu terceiro álbum se chamaría "Tattoos". O álbum era editado o 24 de setembro de 2013. O segundo sinxelo do álbum, "Talk Dirty", era lanzado internacionalmente o 27 de xullo de 2013 (dixitalmente). "Talk Dirty" chegou ao terceiro posto nas listas internacionais.
O 15 de abril de 2014 lanzarase o seu cuarto álbum, Talk Dirty.
Xiras
[editar | editar a fonte]Xiras de abreconcertos
[editar | editar a fonte]- 2009 - 2010: The Monster Ball Tour, Lady Gaga
- 2010: The E.N.D World Tour, Black Eyed Peas, só nas datas no Canadá.
Xiras propias
[editar | editar a fonte]- 2010 - 2011: Jason Derulo World Tour
- 2014: Tattoos World Tour
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Nome | Data de lanzamento |
---|---|
Jason Derülo | 2 de marzo de 2010 |
Future History | 16 de setembro de 2011 |
Tattoos | 20 de setembro de 2013 |
Talk Dirty | 15 de abril de 2014 |
Sinxelos
[editar | editar a fonte]- 2009: "Whatcha Say"
- 2009: "In My Head"
- 2010: "Ridin' Solo"
- 2010: "What If"
- 2010: "The Sky's the Limit"
- 2011: "Don't Wanna Go Home"
- 2011: "It Girl"
- 2011: "Breathing"
- 2011: "Fight for You"
- 2012: "Undefeated"
- 2013: "The Other Side"
- 2013: "Talk Dirty"
- 2013: "Marry Me"
- 2013: "Trumpets"
- 2014: "Stupid Love"
- 2014: "Wiggle"
Colaboracións
[editar | editar a fonte]- "Coming Home" - Pixie Lott - "Turn It Up Louder"
- "Together" - Demi Lovato - "Unbroken"
- "Test Drive" - Jin Akanishi - "Japonicana"
Filmografía
[editar | editar a fonte]Televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
2010 | Turn the Beat Around | El mesmo | |
2012 | Everybody Dance Now | El mesmo, mestre de danza | Tempada 1 |
2012 | State of Georgia) | El mesmo | Tempada 1, "The Popular Chicks" |
Premios e candidaturas
[editar | editar a fonte]Ano | Organización | Premio | Traballo | Resultado |
---|---|---|---|---|
2010 | Teen Choice Awards[1] | Mellor Artista Masculino | El mesmo | Candidato |
Mellor canción R&B | "In My Head" | Gañador | ||
Mellor álbum R&B | Jason Derülo | Gañador | ||
MTV Video Music Awards[2] | Mellor vídeo masculino | "In My Head" | Candidato | |
Mellor artista novo | "In My Head" | Candidato | ||
MTV Europe Music Awards[3] | MTV Europe Music Awards | El mesmo | Candidato | |
MTV Europe Music Awards | El mesmo | Candidato | ||
ARIA Music Awards[4] | Mellor Artista Internacional | El mesmo | Candidato | |
American Music Awards | Novo Artista do Ano | El mesmo | Candidato | |
2011 | NAACP Image Award[5] | Mellor artista novo | El Mesmo | Candidato |
BMI Pop Music Awards[6] | Compositor do Ano | "In My Head", "Ridin' Solo", "Whatcha Say, Replay" | Gañador | |
50 Mellores actuacións do ano | "Replay" | Gañador | ||
Teen Choice Awards[7] | Mellor Artista Masculino | El Mesmo | Candidato | |
Mellor Canción R&B/Hip-Hop | "Don't Wanna Go Home" | Nomeado | ||
Mellor Estrela - Masculino | El mesmo | Candidato | ||
MOBO Awards[8][9] | Mellor Actuación Internacional | El mesmo | Candidato | |
2012 | MTV Video Music Awards Xapón | Mellor Vídeo de R&B | "It Girl" | Candidato |
MTV Europe Music Awards | Mellor Actuación Internacional | El mesmo | Candidato | |
2013 | MOBO Awards | Mellor Artista Internacional | El mesmo | Candidato |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Teen Choice Awards 2010 Nominations Announced". MTV UK. MTV Networks. July 13, 2010. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2010. Consultado o May 30, 2011.
- ↑ "MTV Video Music Awards: The Complete Winners List". Rolling Stone. New York City: Jann Wenner. September 13, 2010. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2015. Consultado o May 30, 2011.
- ↑ "Lady Gaga and Katy Perry lead MTV Europe Music Awards nominations". NME. IPC Media. September 20, 2010. Consultado o May 30, 2011.
- ↑ "2010 ARIA Nominations Announced". Take40 Australia. MCM Entertainment. September 28, 2011. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2010. Consultado o May 30, 2011.
- ↑ "The 42nd NAACP Image Awards – Recording". NAACPImageAwards.net. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2011. Consultado o May 30, 2011.
- ↑ Kennedy, Gerrick D. (May 18, 2011). "David Foster, Lady Antebellum, Jason Derulo and Lady Gaga score top honors at BMI pop awards". Los Angeles Times (Los Angeles, California: Eddy Hartenstein). Consultado o May 30, 2011.
- ↑ "Teen Choice Awards 2011 Nominees Announced: Harry Potter vs Twilight". The Huffington Post. June 29, 2011. Consultado o June 30, 2011.
- ↑ Fitzmaurice, Sarah (September 1, 2011). "Jessie J leads the pack with five MOBO Award nominations... and will battle it out against Adele in three categories". Daily Mail. Associated Newspapers. Consultado o September 6, 2011.
- ↑ "The 2011 MOBO Awards in association with Lebara Mobile". MOBO Organisation. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2011. Consultado o November 6, 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jason Derulo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Jason Derulo na IMDb (en inglés).